María Carril. A foto debe de estar datada en 1964 e todas estas mulleres labregas, con sachos na man, andabamos á semente da pataca. Nai, irmá, veciñas e un sobriño que xoga distraído, sen ver o fotógrafo que vai apañar este momento para enviarllo ao pai que anda navegando, como a meirande parte dos homes rianxeiros que andan ao mar mentres nós, as mulleres Seguir lendo Apañando
Para mostra, tres botóns…
Marina Losada Vicente. Hai historias que necesitan algo de tempo para contalas -esta é unha delas-, mais eu quero facelo en curto, co que me limitarei a uns feitos que, ocorridos na mesma semana, son tres botóns no amplo mostrario, de igual calado, que ten a Esperanza-Caridade Seguir lendo Para mostra, tres botóns…
Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXIII. Un modernista colombiano: Gómez Jaime
Román Arén. Escritor bastante esquecido hoxe é Alfredo Gómez Jaime, modernista, nacido en Tunja en 1878 e que viviu moitos anos en España, onde foi un dos fundadores da <Revista Latina>. Diplomático, foi cónsul do seu país en Vigo e colaborou na prensa galega. Dramaturgo e poeta, en 1907 editou Rimas del Trópico e da importancia que tivo na súa época dá conta a homenaxe que lle fixo en Madrid a plana maior do Modernismo Hispánico, pois entre os asistentes estaban Valle-Inclán e Rubén Darío, Salvador Rueda e Amado Nervo Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXIII. Un modernista colombiano: Gómez Jaime
O enterro do señor Manuel
María Nieves Palanca González. Ninguén se decatou da súa falta. O señor Manuel non foi cear. Descansaba ou morría estarricado no chan do sollado coa ripa do millo na man. Amadora, a cuñada, muller de rosario cotián, chamou o cura axiña por mor de darlle a unción antes do último bafexo, non fose morrer en pecado, Deus non o quixese. Seguir lendo O enterro do señor Manuel