Todolos artigos de: cafebarbantia

40-39 40-41

31938655Marina Losada Vicente. Nunca tivera uns zapatos de tanto confort e deseño. Nunca tivera un calzado de última xeración. Fixo falta un desconto do 70%, certo, pero eran seus. Cada día que os poñía lembraba o sorriso medio burlón da dependenta cando ela pasou por caixa. Entendeu que era de desprezo, algo parecido lle pasara en tendas dese nivel. Non era subxectivo, mesmo téñenllo dito na cara: “pode que esta tenda non sexa axeitada para vostede”. Unha vez porque pedira unha talla máis acorde co seu corpo e outra porque o prezo lle parecera algo demasiado. Incluso un día, que entrou para facer unha encarga dun amigo que só vestía de marca, e antes de abrir a boca Continue reading 40-39 40-41

Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXIX. Ximénez de Sandoval, falanxista

FXS7 H.Román Arén. Madrileño de 1903, o adxectivo falanxista non sería para Felipe Ximénez de Sandoval, avogado e diplomático, unha inxuria. Militante de Falanxe Española dende 1934, compañeiro e biógrafo de José Antonio, foi na preguerra un autor vangardista de mérito en novelas como Tres mujeres más Equis (1930), en pezas teatrais como Robinsón (1928) e Bacarrat (1933) e nas colaboracións en revistas como <Meseta>, <Mediodía> e <La Gaceta Literaria>. Antes da guerra civil aínda publicou outra novela, Los nueve puñales (1936), pastiche romántico, nunha liña narrativa que seguirá outro falanxista, Jacinto Miquelerena, en Don Adolfo el libertino. Continue reading Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXIX. Ximénez de Sandoval, falanxista