Arquivos da categoría César Alen

Os libros arden mal

51vCwq2u-ULCésar Alen. Parece que volve a época das rifas, das crueis vinganzas. Alguén está empeñado en rememorar tempos aciagos. O curioso de todo isto, é que se retorce a historia ata a absoluta falacia, como o imposible escorzo dun contorsionista. A ninguén parece importarlle desmentir a historia, a constatación dos feitos. Pode máis a xenreira, a provocación, o agradar aos teus, e se para iso hai que mentir non importa. A mentira é o dogma dos novos tempos. Facianas envilecidas e envelenadas, rictos cargados de rabia, ollos inxectados. A mentira penetra na pedra máis dura, cerebros  permeables. De novo sae á boia a mala baba dos que foron gañadores, pero hoxe son perdedores. Continue reading Os libros arden mal

Nova York en José Martí

184da6f90256a18f864d32b0d2240a5aCésar Alen. A poesía, en certo xeito, foi o acicate da revolución cubana, e doutras moitas por suposto. Que razón tiña Gabriel Celaya cando dicía que “a poesía era unha arma cargada de futuro”. Primeiro foi a súa formación intelectual, deixar atrás a simplicidade do pai, a basta conduta militar. Un mentor culto e idealista (iso é o que todos necesitariamos).  Mendive era o seu nome. Plantou unha semente, algo que parecía insignificante, pero que chegou moi lonxe, á culminación da revolución castrista.  Outro punto de inflexión foi a súa viaxe a Nova York.  Aquela mastodóntica urbe esmagouno, deixouno sen folgos, someteuno, subxugouno. Continue reading Nova York en José Martí

Sobrevivir a Chopin

c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4dCésar Alen. Moitas son as que se esgotan, as que sucumben a unha relación, as que perecen no intento. Só as almas grandes, os espíritos egrexios superan o entregado anonimato, a desaparición no lago escuro e profundo da fama do outro, a longa sombra de ser a esposa de… Unha desas almas grandes foi George Sand, a grande escritora francesa, que superou o estigma de ser a muller do músico polaco Chopin, coñecido e recoñecido universalmente. Pero ela fíxoo, e fíxoo con éxito, con coraxe, cunha absoluta entropía, que nun xogo de contrastes levouna a atopase a si mesma. Continue reading Sobrevivir a Chopin

Alejandro Sawa, un proscrito

Alejandro_Sawa,_Don_Quijote,_14_de_febrero_de_1902,_D._Hermógenes_(cropped)César Alen. A óptica dominante para a avaliación en calquera faceta da vida, fundaméntase na dualidade éxito/fracaso. Este enfoque xera inevitables xuízos de valor, a formación de ideas preconcibidas e de etiquetas, que a longo prazo conforman os estereotipos. Baixo esta premisa a maior parte da poboación queda irremisiblemente descartada, relegada e esquecida. Ese podería ser perfectamente o caso de Alejandro Sawa, aínda que nesta ocasión, lonxe de ser un inconveniente cecais lle favorecera, porque este ostracismo completa á perfección o seu historial maldito, a súa carreira de bohemio irredutible, a consumación da súa propia lenda. Continue reading Alejandro Sawa, un proscrito