Un dez relativo

Es-posible-viajar-a-traves-del-tiempo-5X. Ricardo Losada. Recibín hai poucos días un dos traballos voluntarios máis curiosos da miña vida como profesor. Titúlase A relatividade do tempo e foi escrito por un alumno de 1º de Bacharelato para pedirme opinión sobre unha teoría súa sobre o tempo. Baseándose na relatividade de Einstein (o tempo varía en función do lugar onde esteas, di), e recoñecendo a dificultade do tema, ponme un exemplo para facilitarme as cousas. Supoñamos, di, que dous amigos, A e B, se deitan ás 10 da noite en lugares distintos e que os dous poñen o espertador para as 7 da mañá. Se A queda durmido ás 11 horas da noite e B, que se enredou co móbil, ás 12, tendo en conta que o tempo pasa máis rápido durmindo que esperto (pois non somos conscientes de que pasa), podemos deducir que, ás 11 da noite, por estar durmido, A xa está vivindo nas 7 da mañá, mentres que B, ás 11 da noite, por estar aínda esperto, estará vivindo nas 11 da noite. É dicir, concluía o alumno, viven realidades distintas dentro da mesma realidade.

A miña primeira reacción foi pensar que era evidente que toda a argumentación, ademais de pola mala comprensión do concepto de inconsciencia, estaba viciada pola confusión entre tempo obxectivo e tempo subxectivo. Pero axiña me entrou o pánico. Tempo subxectivo e tempo obxectivo?, pregunteime. Pero se a física actual pensa que o futuro e o pasado non existen no mundo senón que son un complexo xogo entre a nosa mente e o mundo, do mesmo xeito que as cores non son unha propiedade do mundo senón unha propiedade do noso sistema visual, a que vén esa diferenza entre tempo subxectivo e obxectivo? Máis aínda. Se a física actual afirma que o tempo transcorre máis a présa nunha montaña que nunha chaira (diferenza pequena pero que calquera pode medir cun reloxo que venden por mil euros en internet), que demo é iso do tempo obxectivo?

notaexamen10O caso é que dubidei que nota debería pórlle a ese alumno se, para máis, a miña comprensión do tempo físico relativista se baseaba máis na miña fe na ciencia que nunha dedución racional dos seus estraños principios. Xa que logo, se o tempo e o espazo son relativos, pensei, non deberían selo tamén as notas? Así que volvín ler o traballo pero, esta vez, máis que a teoría física, chamoume a atención a conclusión: “Sinceramente, creo na teoría que elaborei, pero quizais algúns puntos estean equivocados, ou que mesmo a teoría en si non teña sentido ningún, pero, como di a filosofía, hai varios camiños e varios puntos de vista que explican as cousas”. Pode que o alumno non entendese ben o que era o tempo físico pero, sen dúbida, entendía moi ben o que debía ser a filosofía para un mozo de 17 anos, e aquel traballo non era de física, senón de filosofía. E aínda pensei algo máis. Que no bacharelato, as clases de filosofía seguían con maior rigor os principios de Einstein que as clases de física. En física os profesores dinlles aos alumnos que a todos lles ten que dar o mesmo resultado nos problemas de medida do tempo. Nas de filosofía, que o tempo pasa máis lento na montaña dunha mente que pensa que na chaira dunha man cuxos dedos escriben nunha rede social un insulto.

5 comentarios en “Un dez relativo

  1. Comparto a túa perplexidade, pero o meu texto, máis que reflexionar sobre o tempo físico, intentaba reflexionar sobre a filosofía. Unha filosofía que, como ben sabes, e como ben demostras no teu comentario, está obsesionada co tempo desde que naceu. Pero, neste caso, o que máis me interesa é subliñar que, se o tempo e a cor son, contra toda evidencia, realidades mentais e subxectivas, que podemos dicir de conceptos como patria, Deus, ideoloxía… O meu alumno, desde a súa necesaria ousadía adolescente, captouno perfectamente. Le outra vez a conclusión do seu traballo e imaxínate por un momento que os políticos actuais fosen quen de dicir sinceramente algo parecido. Ata terían resolto o problema de pasado, presente e futuro que tanto nos ocupa e preocupa aos amantes da filosofía. Ti dilo cunha fermosa e precisa frase: “De las muchas subjetividades se llega a la objetividad”.
    Unha aperta rianxeira

  2. Lo he entendido perfectamente, querido profesor; puedes estar seguro de que lo que pretendías decir a quedado inmaculadamente claro, pero hay muchísimos temas que para mí son muy difíciles de contestar – que son la mayoría – por eso siempre pongo algo de mi cosecha, o de recolección ajena. Siempre releo los textos que escribís porque soy de raciocinio lento pero, a la segunda, va la vencida.
    El muchacho se merecía ese diez, al profe, le remito otro.
    Besiños Palmeiráns.

    PD. Si me permites unas líneas para mi querida Mari Carmen ya que siempre me menciona con tanto cariño pero con palabras inmerecidas, decirle que, ya me gustaría escribir como ella sabe hacerlo y, que la admiro y quiero.
    Gracias a los dos.

  3. Querido profesor:

    La relación espacio-tiempo es para mí un concepto incomprensible. En cuanto a la existencia o no existencia del pasado y del futuro: creo que no hay un futuro inmediato, aunque sí lejano. En cuanto al pasado… (déjame que lo piense), lo tengo menos claro; pero puede que sirva el mismo razonamiento. Tan grande es mi ignorancia que, después de leer tu artículo, lo único que saco en limpio es que la relatividad se basa en que de las muchas subjetividades se llega, más o menos, a la objetividad.
    Lo demás lo expresa Magdalena admirablemente y a ella me acoplo. (Si no tiene inconveniente).
    Un relativo abrazo

  4. Cuando me siento ante el ordenador y empiezo a teclear como en este caso, -sin saber que contestar – pienso que soy una inconsciente, una redomada osada, pero pienso también que al estar en contacto con gente tan ilustrada, aparte de ser un lujo moral, dispongo cada día de profesores que a través de este medio epistolar me están enseñando gratuitamente infinidad de cosas necesarias que otrora no pude aprender, y mi afán en este aspecto es expansionista. Por tanto, gracias por vuestras enseñanzas , compañía y por poder participar.
    ¿ Qué puedo decir yo de la relatividad del tiempo, querido profesor ? Nada. Pero he leído tu entrada con mucha atención y me parece que ese alumno se merece un diez.
    Einstein a los dieciséis años, se planteó la pregunta que daría pie a todas las respuestas: ¿qué aspecto mostraría un rayo de luz en el momento de alcanzarlo?
    Creo que tienes alumnos muy aventajados. “A buen señor, buen vasallo”.
    Besiños palmeiráns, querido profesor.

    1. Sen dúbida, a relatividade do tempo é un tema difícil; tamén para min. Pero creo que a idea xeral do texto pode entenderse. De todos xeitos, o tema que trato non é o tempo senón a ensinanza da filosofía e a súa relación con iso que algúns chaman ciencias duras. E sobre iso xa tes dito moitas cousas razoables nos teus comentarios. O que quería subliñar (pode que non o conseguise) era a visión tan acertada que o meu alumno ten da filosofía como unha materia humilde, plural, coñecedora do valor do erro e do fracaso, crítica pero tamén autocrítica. E, finalmente (por iso che animo a que “teclees sin saber que contestar”, ousada, moi ousada.
      O alumno levou un 10 por ese traballo. Ben merecido, por certo.
      Apertas rianxeiras

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *