Declaración Universal

MADALDA-Y-NIÑOS-DEL-MUNDO-1024x512María Xesús Blanco. A declaración de Xenebra, asinada en 1923 por homes e mulleres de todas as nacións, recoñecía que os nenos e nenas son o mellor que a humanidade ten. Esta sería a semente da Declaración Universal dos Dereitos do Neno, aprobada o vinte de novembro de 1959. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, consciente da urxencia de protexer os menores de idade en calquera lugar do mundo, artella unha estrutura que tenta dar unha solución xurídica e lexislativa aos seus dereitos e necesidades.

Pero non sería ata 1989 cando se establezan de obrigado cumprimento, para todas as nacións firmantes, os 54 artigos acordados na Convención sobre os Dereitos da Infancia. Neste momento, e despois de anos de negociacións, 195 países ratificaron a Convención, agás Sudán do Sur e, sorprendentemente, Estados Unidos.

É evidente que hai avances, pero lentos e insuficientes. En teoría, a lexislación e as institucións de moitos Estados protexen os dereitos dos menores e son garantía de que sexan respectados. Pero a realidade doe. Amosa que é indispensable unha armazón máis sólida e contundente. Pornografía, explotación laboral, mendicidade, prostitución, adopción ilegal, violencia familiar, acoso escolar, abuso sexual, violación, persecución ou abandono son algúns dos gravísimos delitos cometidos cada día contra a infancia. Algúns deles máis preto de nós do que pensamos. Un exemplo son as agresións físicas e psicolóxicas por parte dalgún proxenitor ou familiar: o maltrato e o medo dentro do fogar. Ou a violencia silenciosa exercida por persoas dun contorno próximo en situacións dramáticas de vulnerabilidade nas que os nenos, nenas ou adolescentes son incapaces de denunciar. Por iso urxen leis e medidas máis concretas que erradiquen calquera tipo de violencia contra os menores en calquera situación das súas vidas, e dun xeito definitivo. Porque, como dixo o poeta Rilke, “a verdadeira patria do home é a infancia”.

2 comentarios en “Declaración Universal

  1. Cada año, para celebrar el “Día del libro”, madres o abuelas vamos a leer un cuento a ese recinto de paredes multicolores y música de risas, donde los niños aprenden a desarrollar la inteligencia y a ser grandes en valores. Disfruto viéndolos allí tan felices. Pero cuando ves la otra cara de la moneda en los Informativos, sobre la pornografía, abusos sexuales y todos esos delitos que enumeras, se me encoje el estómago pensando como puede existir gente de esa calaña, pero creo también que el primer castigo del culpable es que jamás será absuelto por su conciencia. Me entristece ver también la poca suerte de otros niños que nacen en otro continente y se mueren por inanición por no tener ni siquiera lo que a los nuestros le sobra.
    Citas una hermosa frase de Rilke, yo voy a acabar con otra de un gran escritor francés, Paul Valéry cuando nos advirtió que en todas las sociedades hay conflictos, y existen dos maneras de solucionarlos: la violencia o el arte. Debemos incluir en el arte a la educación, y ahí los legisladores, – referente a la infancia – tienen mucho trabajo por delante.
    Besiños palmeiráns, María Xesús.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>