Sufrir -maltrato-

Maltrato-mujer-de-mitrabajosocialpuntocomMarina Losada Vicente. Ás veces toca estar ao outro lado da barreira, pisar terreo que non pensaras. Eu que loito contra todo tipo de machismo, mesmo escrito, defensora da igualdade, que educo o fillo e a filla sen distinción, no intre en que Rebeca mo conta, facéndome cambalear as seguridades e minguar as forzas, conxugo, para os adentros, o verbo sufrir -maltrato-.

Porque recibo en primeira persoa do singular, presente do indicativo, eu mesma, o dano que a diario o machismo fai sentir na pel dunha muller, repítome: Eu sufro -maltrato-.

Porque acordo en segunda persoa do singular, imperfecto do indicativo, sitio e hora,  na que unha man machista agarrou un peito, sen máis, e amargou o día, a semana e o mes da alumna Rosana, repítome: Ti sufrías -maltrato-.

Porque escoitei, en terceira persoal singular, perfecto de indicativo, o tormento de Marga no traballo pola barbarie machista dunha sociedade que non se inmuta máis que nos grandes desastres desta loita sen descanso, repítome: Ela sufriu -maltrato-.

Porque coñezo en primeira persoal do plural, pluscuamperfecto, as consecuencias dos atropelos cometidos contra as nenas nas casas polos costumes machistas, repítome: Nosoutras sufriramos -maltrato-.

black-and-white-person-woman-girlPorque podo adiantar en todas as persoas do tempo verbal futuro do subxuntivo feminino, sen incerteza, o que traerán os anos próximos e os de despois, repítome: Sufrir eu -maltrato-, sufrires ti -maltrato-, sufrir ela -maltrato-, sufrirmos nosoutras -maltrato-, sufrirdes vosoutras -maltrato-. sufriren elas -maltrato-.

Porque existe o imperativo, ese que manda desde fóra, impoñendo costumes machistas que non son lei, pero que o parecen, por cada unha e por todas, repítome: Sofre,  muller -maltrato-  Sufrides, mulleres -maltrato-.

E por iso, eu, hoxe, aquí, diante de quen defende, aínda que con matices, a realidade de que quen levantou a man contra unha muller é sangue do seu sangue,  pregúntome que tan cega é unha sociedade que, tendo a nai como máximo valor, a que se lle quere tanto, permite que cando a compañeira de pupitre me conta  que o fillo foi o brazo executor dun mal do que ela me di non é culpable, que a culpa é de todos, e de todas, que ti ben sabes como son as cousas, que se unha non as busca o outro non as fai, eu non teña palabras para agarimala, nin as pretendo.

5 comentarios en “Sufrir -maltrato-

  1. Bo día Magdalena: Lerei o libro, si. O título o que fixo foi levarme á infancia, cando novenas e rosarios facían as veces das tv, cun punto a favor, e que permitían airear as casas! Algo terá que ver que a palabra novena e novela se “amiten”? Bicos

    1. Antes de nada, parabéns a Marina Losada por tan espléndidas achegas.
      Se teño que entrar é por razóns obvias: moitas grazas por recomendares “Os coros da Novena”, Magdalena, e xa vexo que o título produce equivocos. Se acaso , a desgraza da miña novela é que se inspirou (case ao dictado) en feitos reais. E esa é a mágoa, pensando nos “trapos sucios” que se lavan nas casas.
      Saúde, apertas e bicos.

  2. No te fíes del título del libro, no es lo que parece, querida Marina. Te aseguro que te gustará. Lo encontrarás, no está descatalogado.
    Ahora quiero poner en claro una errata ; quise decir : “le cuesta más dejar a un marido que abandonar un barrio”.
    Moitos biquiños.

  3. Boas tardes, Magdalena: O título do libro que me recomendas -”Os coros da novena” que procurarei ler en canto remate o que teño entre mans, de atopalo-, lévame a unha época da infancia na que as mulleres da miña rúa limpaban, pasaban ferro, poñían flores, rezaban rosarios e escoitaban novenas, confiando no valor eterno dos seus actos, sen buscar premio terreal algún. Hoxe só quedan dúas daquelas tantas mulleres. Sendo certo que eu perdín a fe na igrexa aos catorce anos, non é menos certo que hoxe admiro a fidelidade que se gardaron estas mulleres a si mesmas. Porque o que facía e fai a igrexa contra as mulleres que a conforman, é maltrato machista sen dúbida. Elas levan voluntarias unha cruz da que nada esperan, a non ser aquela razón primeira de que a xustiza existe, tamén para as mulleres, cando morren.
    Bicos

  4. Nunca he aprendido a conjugar los verbos, querida Marina, pero me encanta la manera en que tú lo has hecho. Has sabido asociar cada uno de ellos a esa lucha contra el machismo que todavía perdura, y cuando hemos de habérnoslas con los bárbaros que presumen de ser inclusivos cuando son de lo más sectario, es necesario pactar con el diablo en persona si es necesario, para destapar su teatralidad de cara al exterior.
    Conocí a una mujer que su signo zodiacal era Tauro, cuando supo que el marido le había colocado unas astas tan grandes como las del alce, su depresión fue más grande que los mencionados cuernos, y el caradura todavía le dijo:”Tauro. Amor: mejor que te vayas acostumbrando a esas protuberancias que tu signo lleva en la cabeza”.
    Ya ves, a algunas, a veces le cuesta más abandonar un barrio que dejar a un marido.
    Besiños palmeiráns, Marina.
    P.D. Permíteme recomendarte un libro muy bueno que trata de las relaciones familiares. Es de un tal Fidel Vidal y lleva por título “Os coros da novena”. Te fascinará.

Deixa una resposta a marina losada vicente Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>