Nais, bravas e loitadoras

O fío de Ariadna ÓSCAR REBOIRASÓscar Reboiras. Encántame cando escoito o actor e humorista Carlos Blanco falar das bravas do país. Son todas esas mulleres anónimas que non deixaron de traballar, pelexar e tirar para adiante sen o recoñecemento que merecen (e que deberían ter). Nestas letras, quero falar de dúas delas: da miña bisavoa Adelaida, e da miña tía avoa Lola.

Non sei quen lles tirou a foto, pero paréceme marabillosa. Rescateina en Bos Aires. Alí emigrou no seu día o meu bisavó e despois levou o resto dos seus fillos. E si, neste caso falo dos fillos varóns, porque as mulleres non quixeron. Grazas a elas e á súa teimosía, eu nacín en Galicia.

No ano 1900 a nosa poboación representaba o 10,64% da de toda España. Hoxe en día, a metade. Xeracións enteiras tiveron e aínda teñen que emigrar, provocando un auténtico espolio na poboación. Todo para viviren mellor. Con todo, nesta terra que tanto nos gusta pero que tantos desgustos nos dá, Lola, nai solteira, decidiu quedar. E aí a tedes, sostendo a pota con esa man forte e recia. Como tamén ficou Adelaida. Como boa matriarca, no medio, rodeada de catro netos, mira seria e sen darse importancia para o obxectivo. Detrás, o porco, o sustento, símbolo de festa e riqueza. Que máis precisan? Elas ben chegan.

2 comentarios en “Nais, bravas e loitadoras

  1. Preciosa foto y muy buen texto, Óscar. Los niños vestidos todos por igual ya que el día de fiesta – la matanza – lo requería, y nosotras las mujeres, siempre con una sonrisa para compartir. Gracias por la parte que me toca.
    Bienvenido y saludos palmeiráns.

    1. Moitísimas grazas, Magdalena.

      Daquela facíanse moi poucas fotos e cada unha delas semella ter unha pequena historia detrás. Gardábanse como ouro en pano, despois de facerse en momentos moi concretos, nos que buscabas que estivese a familia, retratar traballos, unha festa…

      Curiosamente hoxe sacamos fotos todos os días e todas son parecidas entre si, non contan nada en particular e despois pérdense na memoria do móbil confundínse momentos e secuencias.

      Un pracer estrearme por aquí e facelo tamén cun comentario 🙂

Deixa una resposta a Óscar Reboiras Loureiro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *