Compostela, territorio fotográfico

Denís-EstévezPilar Sampedro. Para conmemorar os 25 anos do CGAC, iluminouse Bonaval cun traballo de Javier Riera. Unha proxección de luz, filtrada con motivos xeométricos, sobre a vexetación. A noite foi intervida polos reflexos que se pousan e transparentan as masas arbóreas. Porque o CGAC expándese no exterior, amplíase ao parque, vai cara a fóra.

Busca o momento no que cae a noite para iluminar o bosque primixenio, a horta do mosteiro barroco.

Vese desde abaixo, desde ese espazo máxico que semella un camiño desembocando no castiñeiro, único, como un tótem. Logo, débese camiñar cara  á foresta, ingresar nela, entrar na obra, introducirse na sombra e acompañar a luz.

As propostas de Riera aproxímanse á Land Art. A relación entre xeometría e natureza fainos pensar neses opostos que acaban xuntándose, porque aínda que non podamos ver a xeometría a simple vista, aparecería no microscopio, cando aproximamos os ollos á molécula, cando imos ata o fondo das cousas. E Riera, en Galicia, proxecta a espiral, esa forma que se repite desde os petróglifos, que comeza no principio e continúa ata o infinito.

Dise, na tarxeta anunciadora, que o autor  utiliza a fotografía como medio de rexistro e difusión do acontecido…

Fotografía é o soporte no que, tamén, mostra Denís Estévez os seus últimos traballos na Granell. Despois dunha residencia na Fundación, colga as fotos en branco e negro nas paredes: unhas imaxes que son liñas en movemento, liñas que se multiplican por si mesmas, figuras animadas que transportan a beleza pura dun corpo que lentamente se despraza. BonavalDenís retrátase nesa obra porque el ten esa mesma elegancia da lentitude, esa reivindicación da mansedume que agacha o pensamento profundo, a actuación pensada, a mirada demorada, a tenrura da timidez. Un rapaz tranquilo que vai construíndo a súa obra en evolución.

Agora Ágora fala dos desdebuxados que andan polas prazas neste momento, os case invisibles, cheos de soidade pero rodeados de xente. Ausentes e anónimos, situados na zona de sombra… que poden queimarse en brillante resplandor. Escuridade, figuras que se constrúen con luz sen definirse, sen buscar a nitidez, sendo sen ser.

Porque “A folla que danza sabe que mañá, caída, será pisoteada. A gota que cae en picado, ve extasiada o río que lle fixo perder a forma tantas veces”.

Agora cáese na ágora.

2 comentarios en “Compostela, territorio fotográfico

  1. Moitas grazas, Carmen.
    O teu comentario é a mostra de que a lectura (e a escritura) forman parte da loita contra a nada (e a soedade). A Antonio encantaralle coñecer a túa opinión, así que tentarei pasarlla.
    Unha aperta!
    Pilar

  2. Estimada Pilar:
    Aprovecho tu último artículo para agradecerte la acertada reseña que en su día hiciste del libro “Leer contra la nada”, de Antonio Basanta.
    Se trata de un libro didáctico y ameno, con un formato cómodo para transportar en el bolso (lo cual me viene de perlas, ya que, en gran medida, dedico a la lectura los viajes en autobús y en Metro), en el que el autor, además de un aporte personal importantísimo, supo extraer las mejores citas de diversos escritores.
    Este librito -himno a la palabra, al verbo, al logos- lo releeré detenidamente y procuraré tener siempre a mano. Figúrate si me ha gustado que tengo encargados tres ejemplares para regalar: si no lo hice en Reyes fue por no haber podido leerlo antes. Son tan numerosas las citas que me gustaría recoger de este autor que no sé con cuál quedarme. Por guardar de alguna manera relación con este blog, me quedo con la siguiente:
    “La lectura compartida es la raíz de los millares de clubes de lectura que, presenciales o en la red, surgen por doquier. La lectura no solo no nos aísla de los demás, sino que nos aproxima a ellos, como respuesta también a una sabiduría añeja y permanentemente actual: la que de las cosas son más cuanto más las compartamos”.
    (Perdona por introducir mi comentario en un lugar que no le corresponde. Tal vez no sea lo correcto; pero temo que, de no hacerlo así, pase desapercibido.)

    Después de leer “Compostela, territorio fotográfico” y, a pesar de no conocer la pintura de Javier Riera (lo mismo que me ocurría con la obra de Antonio Basanta), advierto que tus críticas son magníficas.
    Un abrazo.

Deixa una resposta a Pilar Sampedro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *