Fermosos vencidos

978841714324X. Ricardo Losada. Na Idade Media chamábanlles desafortunadas ás persoas que non conseguían relevancia social; hoxe, por influencia neoliberal, chamámoslles perdedores. Enrique Ocaña prefire chamalos fermosos vencidos. Refírese a si mesmo. Fillo dunha nai bailaora xitana e dun pai da alta burguesía empresarial valenciana, tivo unha infancia e unha adolescencia felices, foi un estudante exemplar toda a vida (na universidade chegou a obter o premio extraordinario de doutoramento), pero aos 45 anos estaba diagnosticado como un politoxicómano bipolar que nunca cumpriu as expectativas que creou ao seu redor. Cóntao en Confesiones de un filósofo desaparecido en combate, un libro extraordinario pola sinceridade coa que relata unha vida que acabou circunscrita a un programa de administración de metadona e aos baixos fondos de varias cidades do mundo.

Nese libro atópome cunhas páxinas que me fan rememorar a miña propia sorpresa co libro de Kant Os soños dun visionario explicados polos soños da metafísica. Nese libro, di Ocaña, a razón kantiana “interioriza os mecanismos de vixilancia da biopolítica moderna e aplícaas para excluír da Academia, como simples diletantes intoxicadores, a fantasiadores e outros soñadores dos sentidos (…) Todo exceso, toda transgresión dos límites impostos polo Tribunal da Razón conduce á insania (…) Desde esta perspectiva policial, os ensaios de experimentación con drogas non posuirían valor epistemolóxico, senón patolóxico, e por tanto, representarían unha ameaza para a integridade cognitiva dos profesionais da filosofía”. Ocaña cre que as palabras de Kant evidencian que a conciencia moderna xa non está aberta a epifanías ou iluminacións e, como consecuencia, o Poder cérranos a mente con cárceres invisibles que nos protexen á forza contra toda experiencia que transcenda a rutina psíquica. Así, reivindica a filósofos como Nietzsche (sempre próximo ao desvarío, di) ou Jean Améry, que pensaron fóra da burbulla protectora das aulas.

0Cando leo un libro así, un libro que reivindica as viaxes psicodélicas como formas de acadar visións alternativas ás visións dominantes do mundo, identifícome co autor pois sempre crin necesario cuestionar o discurso dominante. Pero en canto pecho o libro, véñenme á cabeza meus sobriños e meus alumnos, e dígome que non me gustaría que levasen a vida de Enrique Ocaña. Sobre todo, porque despois de ler o seu libro sigo sen comprender cal é a visión alternativa ao mundo que as drogas ofrecen. Non capto (máis alá do inmenso pracer ou da inmensa dor) en que consiste ese coñecemento que esas viaxes psicodélicas aportan. De feito, Ocaña expón no último capítulo un epílogo-manifesto en defensa do que, ao seu xuízo, debe ser a filosofía. Tras aceptar que o legado filosófico histórico só se pode conservar nas institucións académicas, sostén que a ese legado hai que inxectarlle sangue dotándoo de experiencias fóra das aulas, sen buscarlle á filosofía utilidade ningunha, véndoa como un fin en si mesma, nun permanente diálogo coa literatura, a arte, a música e as tradicións culturais non occidentais. E, por suposto, e por riba de todo, enfrontándose ao Poder, sexa o que sexa. “A filosofía debe ser unha forma de vida e como tal hai que practicala, aínda que non ofreza certezas e seguridades”. Eu, que nunca fumei un cigarro ou un porro, hai tempo que cheguei á mesma conclusión. E por iso dou clase de filosofía, non para formar fermosos vencidos que malvivan nos baixos fondos, senón fermosos vencedores, mesmo fermosos vencedores que, aínda que teñan a desgraza (o que eu considero desgraza) de acabar dominados polo discurso dominante, sexan quen de chamarlles desafortunados, e non perdedores, a persoas que escriben libros tan reveladores como Enrique Ocaña.

7 comentarios en “Fermosos vencidos

  1. Espero ese texto como agua de mayo, porque es un honor que a un profesor de tal envergadura, una persona como yo le provoque esa disyuntiva. Estoy expectante y con la ilusión en vilo.
    Besiños palmeiráns.
    P.D. Saludos cariñosos a José María.

  2. En principio, escribino como unha chanza. Leo máis a Nietzsche porque, non cabe dúbida, gustaríame volver á adolescencia. Pero, despois de lerte, creo que me vas transferir o insomnio. Intentarei escribir un texto para contarche o dilema que me
    acabas de provocar.
    Unha aperta e grazas por seguir estimulando a miña mente.

  3. Desde que he recibido tu respuesta, a la vez con una pregunta, experimenté una innata sensación de desconcierto. Me planteas una adivinanza: tengo que adivinar si lees más a Kant o a Nietzche. Iba a contestarte el mismo día pero, unas veces pensaba: seguro que se sentirá mejor sintiéndose un adolescente. Pero después de tal pensamiento, como por reverberación, se encendía una lucecita que me decía: no, seguro que lee más a Kant porque valorará más la personalidad y sapiencia que con el paso de los años ha adquirido y con lo que la lectura le ha enseñado, qué con la inexperiencia de la adolescencia que Nietche le transporta. Y como el tiempo, indiferente a mis tribulaciones sigue corriendo, prefiero que seas tú el que me saque de este interrogante del que no sé que actitud tomar perdiéndolo en tales deliberaciones.
    Espero que me lo aclares, para así poder dormir, ya que soy una persona de mente inquieta y no quiero que se me descoloquen las arrugas por falta de sueño.
    Besiños palmeiráns, querido profe.

  4. Prezada Carmen:

    Poucas cousas me molestan máis que eses adultos (sobre todo se son profesores) que educan os alumnos para a revolución e os fillos para o éxito social, do mesmo xeito que me molestaban os cregos que falaban da salvación eterna e só pensaban en salvarse eles na terra. EU teño unha obriga que vai máis alá das miñas consideracións persoais, unha obriga coa sociedade que me paga. Iso é o que significa ensino público para min. POr iso educo no sentido que digo no texto.
    Coincido contigo. Hai que cuestionar o discurso dominante. Pero non só o discurso dos que non pensan coma un. Só me fío das persoas que loitan contra o poder que teñen a man (a dirección dos centros, dos hospitais, do noso partido político ou sindicato, dos pais, do líder da cuadrilla…). Coñezo demasiados trepas que a frase que máis repiten é HAI QUE LOITAR CONTRA O PODER.
    O método socrático segue sendo a máis innovadora nova tecnoloxía educativa (por pouco utilizada).
    Tes toda a razón. As citas dun autor que escribe en castelán deberían estar en castelán.
    UN saúdo

  5. Benquerida Magdalena:

    1- A resposta que lle deches á neta revela que es unha fermosa vencedora sen necesidade de profesores de Filosofía. E a neta comprenderá moito mellor que a maioría dos adultos (atrapados no discurso dominante) por que a lectura nos regala moitas vidas distintas. Cando leo a Kant, dáme a impresión de que teño a idade que teño, incluso algún ano máis. Cando leo a NIetzche, síntome un adolescente. Adiviña a cal leo máis na actualidade.
    2- EU non teño nada en contra das visións místicas, das iluminacións, das epifanías ou doutro tipo de percepcións, sempre que queden no ámbito persoal. Pero no ámbito público, a razón, como dicían os ilustrados, é sempre a mellor alternativa. Seguro que somos menos racionais do que pensaba Kant, pero o tribunal da razón é o único que pode dirimir os nosos conflitos. EN caso contrario, a “relixión” vencería á filosofía, algo que persoas como Enrique Ocaña parecen a veces esquecer.
    3- Quero que saibas que cada vez que falas da familia contáxiasme unha ledicia…
    familiar.
    APertas rianxeiras

  6. Querido profesor:
    Difícil me lo ponéis…
    Son más de las doce de la noche, he llegado a casa hace poco y, antes de irme a la cama, me gustaría responder algo a tu interesante artículo; aunque me siento incapacitada por la trascendencia del tema y porque, después de leer la preciosa y acertada respuesta de Magdalena, ya no sé qué escribir…
    Es frecuente que personas que lo ha tenido todo, hasta en el plano intelectual, adopten ante la vida la actitud de Enrique Ocaña. No sé si me identifico con el pensamiento del autor de “Confesiones de un filósofo desaparecido en combate”, porque desconozco su obra; pero hace tiempo que trato de cuestionar el discurso dominante, sin necesidad de recurrir a viajes psicodélicos, por supuesto. Si no he entendido mal tu artículo, parece que, a la postre, el escritor “volve ao rello”. (Expresión que utilizaba mi abuela para indicar que una persona volvía al buen camino.)
    En cuanto a la diatriba de Kant a Swedenborg, me quedo con la visión del filósofo de Konigsberg, más racional y empírica que las escatológicas del visionario Swedenborg, a pesar del bagaje de conocimientos de éste. Y no es que no crea en las realidades angélicas; pero no como las ve, o se imagina ver, el filósofo sueco.
    Creo que las aulas son necesarias; pero con profesores garantes de no adoctrinar a sus alumnos. Profesores que adopten una actitud al estilo del debate socrático: forzando al alumno a argumentar las respuestas, a extraer de la psique aquello que sabe y que él ignora que sabe y que creo que es el método que tú aplicas en tus clases. Por eso estoy segura de que tus alumnos están en el camino de llegar a hermosos vencedores que procurarán zafarse del dominio del discurso dominante.
    Ah, me gustaría que las citas estuviesen escritas en castellano. ¿Hay alguna razón para no hacerlo?
    Hermosos sonos.

  7. Buenos días, querido profesor:
    Hoy has llegado un poco a contramano ya que tengo a la progenie prevista para sentarse a manchar manteles, pero como hay que estar dispuesta a encajar los embates del día, a ver si logro ganar tiempo al tiempo y puedo, o consigo, contestarte con algo de coherencia.
    Ayer estuvimos leyendo mi nieta y yo uno de los relatos de esa gran colección de cuentos árabes que contiene “Las mil y una noches”, concretamente, Aladino y la lámpara maravillosa. Cuando acabamos de leerlo, Emma me preguntó: “Abuela, si se te apareciera el genio de la lámpara ¿ qué le pedirías ? Yo le contesté : Llegar a ser muy longeva para poder leer mucho, mucho, mucho.
    ” Y ¿ por qué ? – preguntó- .
    Porque el que lee, vive muchas vidas – contesté-.
    Hoy al leer “Fermosos vencidos” pensé en el genio de la lámpara y me dije interiormente que, el segundo deseo que le pediría sería tener la edad de tus alumnos y tenerte de profesor para así dejar de ser, “desafortunada”, “perdedora” o “fermosa vencida”.
    Kant decía que la pereza y la cobardía era una de las causas de que una gran parte de los hombres permanecieran en la minoría de edad a lo largo de toda su vida a pesar de que la naturaleza y el tiempo los había liberado de la dirección ajena.
    Yo no me considero cobarde ni mucho menos perezosa, pero, tal vez… podría haber sido más afortunada, vencedora e invicta, de haberte tenido como profesor.
    Y después de enviarte esta escolta de palabras (como diría don Ramón ) me despido, porque aún tengo que ir a atenuar mis ojeras por mediación cosmética; aunque uno esté entre pucheros, a la familia hay que recibirla con buena cara.
    Me queda por contarte el tercer deseo, pero ese me lo guardo, no sea que el genio benefactor se arrepienta de su largueza.
    Un gustazo, querido J.R.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *