Ela

Imagen-niño-cuadro-1-846x580-610x420Marina Losada Vicente. María foi “ela”, para seu irmán. Durante a infancia e tamén na puberdade o nome propio borrouse na cabeza de quen lle levaba só un ano. María era “ela” e a ninguén lle ocupou tempo pensar en como se sentía. Ignora se lle dixeron algo ao neno que negaba a realidade co xesto infantil de borrar o nome. María era “ela” e aquel seu irmán era o seu faro. Pasou a infancia coa man estendida, aberta; coa mirada fixa en quen iniciaba os camiños todos, que María atopou pechados. A nena era “ela” e sentía unha enorme vergoña de selo. A falta do seu nome na boca do irmán era unha acusación permanente contra a súa propia existencia. Mirábase nunha sombra, que se ocultaba para María. Se a nena sentía alegría, morría nos seus beizos apertados por non lle permitir compartila. Se María sentía dor, tantas veces, conformouse con contarllo a seu irmán nos soños daquelas tardes de senta obrigada, en que o sono non chegaba.

Con quince anos, cando as amigas preguntaban por Alex, que tan atractivo lles parecía, xamais foi quen de dicirlles que non lle falaba. Que non lle dixera ren desde que María tiña acordo, que só cando daba unha queixa, a irmá era a súa maior queixa, se refería a María como “ela”.

Un día, de adulta, descubriu a orixe daquela rabia de seu irmán. Sería fácil explicar aquí os motivos, totalmente alleos a eles os dous, que levaron a Alex a perdela para sempre. María non curou daquela doenza e pensa que xa non o fará.

Na casa temos a chave da felicidade presente e futura das nosas fillas e dos nosos fillos -pensa-. Deberamos entender como obriga non lastralos coas nosas frustracións, non usalos como moeda de cambio, non vestilos adultos se toca infancia. Por iso cando María mira a filla e a idade de voar, pregúntase canta leña carrexa daquela “ela” que a confunde a diario e espera, e desexan, e suspira por lle ter dado a infancia que ela non viviu. Aínda que sabe que é imposible.

4 comentarios en “Ela

  1. Marina: Ciertas diferencias, a veces pelusilla, existen entre hermanos, pero más propio de los niños. Recuerdo, por el contenido de tu artículo, a una madre que, tratando de explicarles la herencia que les dejaría a sus dos hijos (chico y chica), les comentaba como la iba a distribuir. Y que lo haría de la siguiente manera: a casa e o xardín que o rodea é para a túa irmá, e o pomar que queda aquí arriba é para ti. O neno cando oíu isto, díxolle á súa nai: sempre o mellor é para “ela”, para a miña irmá. E que pasa con min? Foi cando a súa nai respondeu: ti xa tes pipí. Queria decir con esto Marina, que por el mero hecho de ser hombre, su sexo le facilitaba cierta autonomía y ya no necesitaba más. ¡¡¡Eran otros tiempos!!! Aunque si he de ser sincera, en aquél entonces, “el kilo de varón andaba muy caro”.- Hoy no ocurre lo mismo porque, en términos generales, existe una igualdad entre hombres y mujeres ya que la imagen y semejanza Divina fueron concedidas a ambos géneros por igual. Quiero decir con esto, que ya no es tan necesaria la presencia del hombre en la vida de una mujer.

    En términos generales existe encontrar a alguien que te complemente positivamente, sea hombre o mujer; en mi caso un hombre, pero tal como esta el mercado…Los que me gustan no me los dan, y los que me dan, están “escarranglados”. Es una palabra de mi argot personal, por eso es posible que la RAE no la contemple. A mí me hace gracia.

    Me gusta como escribes.

    Te deseo un buen fin de semana

  2. A pesar de que con esta “gargantilla” me siento muy incómoda para escribir, tus artículos querida Marina, siempre me llegan al alma. Tan sólo unas letras para decirte que: he sido hija única, por tanto exenta de celos como los que parecía padecer Alex, porque, sospecho que ese término que empleaba con María, no era un cumplido precisamente. Siempre tuve enormes deseos de compartir reciprocidad con un hermano pero, de haberse cumplido, igual las nueve letras de mi nombre pasaban a ser tres, igual que las cinco de María habían quedado relegadas a ese simple e insatisfactorio “ela”.
    ¡ Precioso, Marina !
    Besiños palmeiráns.

    1. Espero, Magdalena, que ao recibos destas letras estés ben de saúde… Bromas á parte, a realidade que poden vivir uns nenos sobre os que se carguen os problemas dos adultos é ben oscura. E fai falta reflexionar en alto para darlle un pouco de luz. Bicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>