Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo

107191839Román Arén. Hai un certo número de poetas, autóctonos e foráneos en xeral de raíz católica, que identifican Galicia co Apóstolo Santiago, non só patrón de Galicia, xa que é o patrón de España e de moitas parroquias, mesmo en América. Algúns destes poetas logran ata non citar a Galicia, aínda que sobreentendan que gabar o Apóstolo Iago é gabarnos a nós. O máis famoso dos poemas ao patrón é o de frei Luis de León, pero houbo varios tamén no século XX. Elixo un que apareceu na revista galega <Gelmírez> en 1946 e que esta editou nun “encarte”, “Galopada de tercetos al Señor Santiago”, do rioxano de Haro Antonio de Zubiaurre (1916), aprezado por Gerardo Diego e López Anglada, autor do poemario Poemas del mar solo (Madrid, 1946). Zubiaurre foi tamén autor de traballos sobre Valle-Inclán. Son trinta os tercetos do poema, pero ofrezo só os tres primeiros:

A galope, a galope por la tierra encendida,/ sobre el pecho en clamura, lirio ya sangre o llama,/ te traemos, Señor, la flor de nuestra vida./ Fue un claro día incólume: la pureza hecha rama,/ iba el raigón sediento a libar aguas puras/ donde el agua del sol inocente derrama./ Era un edén de ríos y albadas bienmaduras,/ abrevando la eterna sombra de las encinas/ piafó un tropel de blancas tiernas cabalgaduras.

O poema, dunha relixiosidade militante dá moi ben o ton da primeira posguerra.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *