Cioran e o progreso

71azIuiW6XLX. Ricardo Losada. Releo con paixón Conversacións, libro de entrevistas con Cioran, un dos filósofos que máis me impactou a primeira vez que o lin. Atopo de novo ducias de reflexións que me fan pensar e que iluminan partes moi profundas e escuras da natureza humana. Pero volvo ter (reléoo con frecuencia) a mesma sensación de sempre. É un filósofo para ler, pero non para pedirlle consello sobre problemas reais. Aínda que dicía ser un apaixonado da filosofía-confesión, e deses filósofos que se toman a si mesmos como casos no sentido clínico da expresión, estou seguro de que se un familiar deprimido lle preguntase que facer, Cioran contestaríalle o mesmo que algún día escribiu: “Non se trata de estar máis ou menos abatido, hai que estar melancólico ata o exceso, extraordinariamente triste. Entón é cando se produce unha reacción biolóxica saudable. Entre o horror e a éxtase, practico unha tristeza activa”. Palabras como vedes marabillosas e reveladoras, pero estériles.

     Porque Cioran, entre outras moitas cousas, criticaba o progreso, mesmo en medicina. Nunha entrevista de 1986 afirma que antes os homes morrían da súa propia morte, do seu destino, pero agora, coas atencións médicas e as máquinas de prolongar a vida, levamos vidas falsas, que non nos corresponde vivir. Xa non vivimos o noso destino. Fritz J. Raddatz, o xornalista, recórdalle que antes da entrevista Cioran faláralle con gran alegría dos resultados dunhas radiografías que acababa de recibir. “Para iso”, coméntalle, “foi necesario que Röntgen fixese o seu descubrimento un día. Acaso non foi un progreso?” Descoñezo cal foi a reacción corporal de Cioran nin canto tempo tardou en responder, pero imaxínoo impasible cando retrucou de forma inmediata: “Si, pero valería máis que eu morrese da miña propia morte”. “Pero tamén fuxe vostede dela”, teima o xornalista. “É certo”, confirma Cioran, “formo parte do lote, desta loucura. Non podo facer outra cousa. Tamén tomo o metro.tumblr_mekr0p9man1rme0fgo1_1280 Fago todo o que fan os demais”. “Usa vostede a civilización que condena”, repróchalle o xornalista, “vostede ten teléfono, viaxa en avión”. “Hoxe penso que sería moito mellor que permanecese gardando rabaños na aldea da que procedo”, teima Cioran, “alí tería comprendido as cousas esenciais tan ben como agora. Alí estaría máis cerca da verdade”.

     A postura de Cioran recórdame a de moitos cristiáns e a de moitos marxistas que viven felizmente nun  capitalismo que din aborrecer. Pero hai unha diferenza substancial a favor de Cioran. El di moverse nunha dimensión filosófica e, dentro desta, estética. Os cristiáns e os marxistas móvense nunha dimensión política e, dentro desta, ecuménica. As súas declaracións son socialmente máis relevantes. Pero tamén hai unha diferenza a favor dos cristiáns e dos marxistas. Cren no progreso para poder remediar a desigualdade. Cioran, polo contrario, sostén que todos nós estamos aquí para facernos sufrir uns aos outros con falsas ilusións sen fin. A historia é o antídoto da utopía, conclúe, outra frase marabillosa e reveladora, pero que tamén diría, estou seguro, mesmo se o xornalista, en vez dun home heterosexual branco, fose unha muller lesbiana negra.

5 comentarios en “Cioran e o progreso

  1. 1 – Completamente de acuerdo, querido J.R. Una persona intelectualmente grande, no siempre es grande humanamente.
    2 – Ya sabes que me encantan los juegos de palabras.
    3- Referente a los políticos diré : El que nunca ha sido cosa y cosa se hace, cuando es cosa, qué cosas hace.
    Besiños palmeiráns.

  2. Benquerida Magdalena:
    Que Cioran non fose coherente coas súas ideas, non reduce o valor desas ideas. Como moito, reduce o seu valor como persoa. Pero como non é nin amigo nin fillo meu, é algo que me parece irrelevante. O decisivo é o que di, e como o di. E, nese sentido, é un autor xenial, dos que a min me gustan porque cando o leo estou de acordo e en desacordo ao mesmo tempo co que di. Que máis se pode pedir!
    Sinto disentir de Mann. A Nietzsche (e a Cioran) só se poder ler literalmente nun idioma que non coñeces. Escriben tan ben que, mentres les, escribes con eles o que estás lendo. (Perdón polo xogo de palabras).
    Sobre os políticos, non podo estar máis de acordo contigo. Pero non quero seguir. Téñenme tan farto, que non pararía…
    Apertas rianxeiras

  3. Prezada Carmen:
    1- A min tamén me gusta o concepto de “tristeza activa”. Recórdame o descanso activo dos deportistas: se están ben adestrados, necesitan algo de deporte incluso en vacacións. Do mesmo xeito, se unha persoa triste está ben adestrada na tristeza, é feliz nesa tristeza e, xa que logo, actúa, fai cousas. Así me gusta imaxinar a min a Cioran.
    2- Respecto á eutanasia, eu creo que, se temos dereito a unha vida digna, tamén temos dereito a unha morte digna. Ese é o principio, aínda que sei que hai moita casuística.
    3- NOn considero a Cioran un espírito de contradición nese sentido. POr unha simple razón: os espíritos de contradición non teñen criterio propio, Cioran, si. Incoherente? A nivel persoal, sen dúbida, e pode reprochárselle. A nivel intelectual, tamén, pero iso si que non pode reprochárselle (hai tempo que sabemos que un filósofo non pode construír un sistema completo). Non é matemático.
    4-Oxalá leas a Cioran. É unha moi boa experiencia para coñecer a natureza humana.

    UN saúdo

  4. Querido profesor:
    Meditando durante un rato la respuesta que Corian daría a un familiar, me quedo con su “tristeza activa”, siempre que la actividad sirva para despejar la tristeza conduciéndote a un estado más halagüeño, menos doloroso.
    No creo en las máquinas de prolongar la vida; al menos cuando la vida ya no tiene sentido y al enfermo se le mantiene en un estado vegetativo que no conduce a nada: posiblemente a más sufrimiento… (Ello no presupone que sea partidaria de la eutanasia… Radicalmente, ¡no!; pero sí de no aplicar medidas que alarguen la vida del enfermo contra natura). Y, aunque soy reacia a medicarme, gracias a algún que otro fármaco, puedo continuar dándoos la tabarra de vez en cuando.
    Siendo más fácil hallar la Verdad, encontrarte a ti mismo, en contacto con la naturaleza, no entiendo cómo Coran no se ha ido a cuidar ovejas… (Lo expresa muy bien Magdalena en su impecable comentario con ejemplos clarificadores). A personajes así, mi abuela les llamaba “espíritus de contradicción”.
    No conocía el pensamiento de Coran; pero, por lo que expones, mejor sigo en mi ignorancia… O tal vez por curiosidad…
    Feliz tarde de domingo.

  5. Una cosa es predicar, y otra dar trigo, querido profesor. Por mucho que se mueva Cioran en esa dimensión filosófica, su argumento solo se queda en doctrina si su creencia no va seguida con el ejemplo.
    Thomas Mann decía de Nietzsche, que quien lo tomase al pie de la letra , o quien lo creyera, estaba perdido; y Nietzsche decía de Séneca que era un hombre al que se le debía prestar siempre oído, pero jamás fidelidad y fe. Ahora al leer lo que dices de Cioran, me acordé de esos dos comentarios posiblemente fiables.
    Ya ves lo que ocurre también con la política , predican la austeridad pero tan pronto pueden se pasan al mercantilismo.
    Méndez Núñez dicen que un día dijo:”Mas vale honra sin barcos, que barcos sin honra” si se lo preguntasen a Onasis, diría: Más vale barcos sin honra, que honra sin barcos.
    Lo dicho, una cosa es predicar, y otra dar trigo.
    Buenísimo artículo, profesor.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *