Desengano

camiseta_blanca_con_puntilla_921_g_1Marina Losada Vicente. Mirábame ilusionada desde o caixón, si, pero tamén con picardía. Era tan bonita que nunca chegaba o día de vestila. Nin na festa, que recibía cantareira, nin no aniversario, nin na estrea da obra de teatro, nin na comida do nadal, nin sequera en fin de ano, cando a roupa interior adoita ter un especial protagonismo. A camiseta, que eu acariñaba decotío coa man e coa mirada, pasaba o tempo esperando maiores fazañas. Ser prenda de invernía, coa palabra temporal impresa no seu reverso, facía que a urxencia da estrea resultase máis apremiante. Era tan branca, tan minimalista do seu deseño, apenas trinta milímetros de puntilla de encaixe nos puños e no colo de pico, tan elegante, que ningún día resultaba ser o axeitado. Pola súa calidade, pola súa textura, a mellor que eu tivera nunca, imaxinaba cada abrente o ben que me sentiría rodeada do seu abrazo, mentres esperaba un día de luces de neon, con flashes luminosos, nos que atraparía  a mirada namorada de quen eu amaba.

Un olor estraño, anos de expectación, saía da cómoda aquela mañá de primavera. Cheiro a pechado no caixón da roupa interior, que eu abría decotío. Saqueino dos seus raís coas dúas mans e libreino enriba da cama  feita, para pór a airear coa ventá aberta, despois de pasarlle un pano húmido.

O sol fixo o seu traballo e cando chegou á tardiña, metín o caixón na cómoda, agora osixenado, e fun colocando unha a unha as bragas, os suxeitadores e todas as camisetas usadas.

3 comentarios en “Desengano

  1. Marina: Aunque tarde, quise contestar a tu bella historia de “Desengaño”. Cierto que despertó en mí sentimientos de tristeza y desilusión. Sobre todo, al estar ordenando mi cómoda y llegar hasta las bragas; las realmente “usadas” en aquél entonces. Esas me recordaron, en cierto modo, tu historia.
    Es bueno recordar el ayer, aunque en ocasiones no sea todo lo agradable que una quisiera. -Pero se aprende con ello.
    Me ha gustado como todas tus entradas.

  2. Grazas polo sorriso, Magdalena, sempre é de agradecer que textos tan íntimos como os meus, tan de portas para dentro, poidan ter eco noutras persoas, o que me fai pensar que no fondo son os mesmos fíos os que nos moven. Bicos.

  3. Es tan original todo lo que sale de tu imaginación, admirada Marina, que cuando te leo me siento indescriptiblemente perpleja. A pesar de ser temas tan cotidianos y contados tan sencillamente, cautivas el corazón de quien te sigue por las virtudes de tu ingenio .
    Te envío la sonrisa de la que disfruto mientras te leo acompañada de besiños agradecidos palmeiráns.
    Gracias, Marina.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *