Engurras descolocadas

424672_122437_1X. Ricardo Losada. Nun comentario neste mesmo blog afirmei que cando lía a Kant sentía ter a idade que teño, e cando lía a Nietzsche, a dun adolescente. E pedíalle a Magdalena, a miña interlocutora, que adiviñase a cal dos dous lle dedicaba máis lecturas. Magdalena contestoume que quedara tan desconcertada coa adiviña que levaba dous días sen durmir. A veces pensaba que lería a Kant, pola súa madurez, e a veces a Nietzsche, pola súa inexperiencia (tan evocada á miña idade). E remataba: “Espero que me lo aclares para poder dormir, ya que soy una persona de mente inquieta y no quiero que se me descoloquen las arrugas por falta de sueño”, afirmación que revela que Magdalena ten o mesmo conflito ca min. Ser unha persoa de mente inquieta acércaa a Nietzsche, home intempestivo e amante da incerteza. Querer durmir e estar preocupada porque se lle descoloquen as engurras acércaa a Kant, amante da vida regular e monótona, sen contratempos.

Porque ese é o dilema. A quen debemos ler os maiores, a un filósofo que dinamita todas as morais existentes e se mostra vitalmente inmaturo, irreflexivo e ateo, ou a un filósofo que condensa esas mesmas morais nun principio ético de natureza matemática (Actúa segundo unha norma que che gustaría que todo o mundo cumprise sen excepción), e que se mostra vitalmente maduro, reflexivo e pietista? Contestarei co que eu chamo, para consumo propio, a teoría de xogar a tirar da corda. Se desde o estremo contrario tiran con forza, ti tamén tes que tirar con máis forza. Porei un exemplo relacionado coa miña profesión. Nos anos 70, estaría a favor de que as actividades extraescolares fosen obrigatorias xa que o sistema só valoraba o traballo da aula. Hoxe, porén, considero que están sobrevaloradas e deberían reducirse para centrarnos en valorar máis o traballo da aula.

e1É  a razón de que non estea de acordo con esa frase, atribuída a Churchill e a W. Brandt, que vén dicir que se un mozo non é soñador, carece de corazón, e se un adulto é soñador, carece de cabeza. E non estou de acordo porque reflicte un concepto demasiado cronolóxico das etapas da vida, como se a mocidade e a vellez fosen idades que non poden convivir nunha mesma persoa. Non é certo. Na mocidade xa existe poderosa a vellez (a maioría dos mozos soporta mal a incerteza e ama a rutina), na vellez permanece moi intensa a mocidade, do mesmo xeito que a terra natal está moi presente nun exiliado que perdeu as esperanzas de regresar. Por iso o decisivo é que, mozo ou vello, un saiba cal é a tendencia dominante da súa mente e tire con forza desde o outro estremo da corda. Eu e Magdalena deberiamos ler máis a Nietzsche e intentar contaxiarnos dese mozo que apertaba o acelerador da vontade de poder para superar unha incerteza imposible de superar. (Á nosa idade, querida Magdalena, a engurra é fermosa, máis aínda descolocada). Pero a eses profesores que promoven a revolución entre os alumnos, recomendaríalles que lesen a Kant e intentasen contaxiarse dese vello que apertaba o freo da moral universal para poder dominar unha utopía tamén imposible de dominar.

7 comentarios en “Engurras descolocadas

  1. Prezada Naty:

    Coincido coa túa reflexión. Iso non quere dicir que prefira a miña cara de agora á que tiña aos vinte anos. Pero o importante é que esta é a cara que agora me corresponde. Así que non vou poñerme masoquista comparándome. O problema xorde cando tes desexos que esas engurras che dificultan cumprir. Unha das funcións máis importantes da filosofía é saber tourear eses desexos, se aparecen. O que non se conforma é porque non quere, como ben dis ti, aínda que a palabra “conforma”, por demasiado pasiva, non me gusta moito. Nin sequera neste caso. Coñezo moitos vellos engurrados que son máis inconformistas que moitos mozos “planchados”.

    Apertas e grazas polo comentario

  2. Querido profesor: Arrugadita pero siempre con una sonrisa; me refiero a la poetisa.(Wislawa) Al igual, la madre Teresa de Calcuta que no creo le preocuparan demasiado. La arruga es bella siempre que se lleve con alegría, sin afligirnos demasiado por ello; porque si algunas hemos llegado hasta ellas, ha sido porque hemos vivido y seguimos haciéndolo, y eso se agradece. Sobre todo, a la genética heredada de nuestros padres, para seguir mirándonos al espejo por más tiempo.- De esta manera vamos viendo, con el transcurso de los años, como nuestro semblante se va llenando de surcos; al igual que el arado- de antaño-, con la tierra o las grietas del asfalto en la carretera, por poner algún ejemplo.
    Es lo que más nos preocupa a la mujer. A mí, hasta cierto punto ya que al verlas, cada día, una se va acostumbrando.( sonrío)-. Y si algunas no están contentas con ellas, ya saben: a comprarse una plancha, y darles un buen planchado. -O que non se conforma, é porque non quere-. Mis saludos

    P/D: Era una bella mujer, a pesar de sus profundas arrugas en el rostro. Y sus ojos mostraban, aún más, los surcos de su edad.- SOÑAR AÑOS-. Creo que encaja el palíndromo con lo escrito.

  3. Prezadas Carmen e Magdalena:

    Insisto. As engurras son fermosas. Só coñezo fotos da nai Teresa de Calculta e de Wislawa Szymborska (esa extraordinaria poeta) de cando eran vellas, e non teño ningunha dúbida de que eran dúas mulleres moi fermosas e que o serían menos sen esas engurras descolocadas que locen. E non o digo por dicir. Pode ser un neno intelixente e maduro? Se o comparamos cun adulto, teriamos que concluír que non. Pero por suposto que pode selo. Intelixente e maduro para a súa idade. O mesmo pasa coa beleza. Pode ser fermoso un vello ou unha vella engurrados? Se o comparamos cun mozo e aceptamos que só poden ser fermosos os mozos, non. Pero se prescindimos de comparacións, por suposto que un vello ou unha vella engurrados poden ser fermosos. Ser fermoso non é unicamente ter atractivo sexual (en sentido amplo). Eu nunca pensaría na vella Wislawa para fantasías eróticas, pero é a única escritora da que leo os seus libros coa súa foto de vella engurrada diante. E podo asegurarvos que é moi fermosa e que, sen esas engurras, non o sería tanto.

    Unha aperta engurrada (pero fermosa) para as dúas

  4. Hace poco más de una hora que he llegado a casa, después de verme envuelta en una serie de vicisitudes a causa de la huelga de taxis, los cortes en el metro y mi mala cabeza -que todo hay que decirlo-. Para colmo, sin comerlo ni beberlo, me he visto metida en el altercado de los taxistas en la Puerta del Sol. Y, por si fuese poco, la ópera que he ido a ver (perdón, el drama musical), causante de mis desgracias: “El oro del Rin”, prólogo de la tetralogía wagneriana “El anillo del nibelungo” (o de los nibelungos, según se prefiera), no me gustó ni pizca. (Ahora comprendo que sólo se hayan programado siete representaciones, cuando en una ópera de Verdi pueden darse hasta veinte).
    Que conste que, como es mi costumbre, no he leído ninguna crítica y es posible que los entendidos me lleven la contraria. En realidad esta ópera la había visto, pero hace años, cuando las puestas en escena eran auténticas y no fraudulentas, como las actuales, por mucha metáfora que se les quiera atribuir.
    A pesar de las advertencias de Magdalena de que no forzara la vista, no he podido irme a la cama sin echar un vistazo a los trabajos del escritor y la comentarista.
    En mis tiempos de estudiante no nos permitían leer a Kant -sólo algo de la existencia de Dios por la exigencia moral-. De Nietzsche, ¿qué voy a decirte, si era algo así como el diablo hecho hombre? Ni siquiera hacer mención de él. Mi primer contacto con el filósofo fue a través de Wagner. Más tarde en los dos cursos que hice de Teología. Y aun así, la profesora nos advirtió que anduviésemos con mucho cuidado, porque era un pensador que se te metía de una forma sutil, solapada…
    De acuerdo con Magdalena en cuanto a la arruga. Pero creo que hay detalles menos soportables…
    Habéis tenido que llegar los articulistas de Barbantia a desatar esa necesidad dormida que teníamos de saber. Lo malo es que los de mi edad ya poco asimilamos.
    Un abrazo a los dos.

  5. Querido profesor:
    Como ayer tocó Santiago-Conxo y tuvimos que alterar el orden horario establecido, hoy decidimos tomarnos la revancha y nos hemos levantado a las … Como el reloj de la testera está programado para despertar a la hora acostumbrada y a pesar de estar tan agustito en “el cocho” viscoelástico, nos despertamos a la hora acostumbrada. Y… ¿ qué fue lo primero que hice? echar mano del móvil para leer al barbantiano que le correspondía entrar a servirnos la tacita con sus aminoácidos y otros compuestos químicos que contiene el líquido marrón oscuro. Hoy, te había tocado a ti servirme el café acompañado de una buena Magdalena.
    No estoy de acuerdo para nada contigo ni con Adolfo Domínguez, de que la arruga es bella, “fai vella”, fíjate en la fotofrafía de la chica de la lupa, así, se me está quedando “o meu beizo” superior. Yo, que deseé con ansia que llegase el día de la jubilación para disfrutar de ese júbilo y poder heredar la decisión en cuanto a dónde ir mañana y al día siguiente, y ahora que conozco ese porvenir que tanto esperé, me parece un tanto amargo cada vez que se me ocurre dar un repaso a los álbumes donde la allí plasmada aún tenía esas arrugas bien colocadas.
    Bueno, siempre nos quedará Kant, con su sabiduría para decirnos que la sapiencia es mejor que la arruga, y por otro lado, siempre tendremos a Nietzsche inyectándonos esa juventud expirada. Pero… Pensándolo bien, para no tener ese dilema “del con quién quedarme” , creo que mejor voy a retirarme por las noches a mi habitación para allí leer las excelsas máximas de Confucio ( creo que sin querer, te he facilitado otro tema )
    Besiños palmeiráns, querido J.R. Eres además de brillante, admirable.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>