Avoa

O Fío de Ariadna. MarinaMarina Losada Vicente. Dezasete anos compartindo as noites; eu queixándome nun idioma e ti agarimándome noutro. Nin me dei conta. Para min todo era a mesma fala, a fala da seguridade que emanaba de ti, refuxio. Agora estou no teu lugar. Co neto rianxeiro falo no mesmo idioma que ti comigo. Coa neta madrileña, tamén. A proximidade, o cariño que atopo en cada mirada, en cada caricia es ti. Cántolle no teu idioma, moito máis agarimoso e familiar. Cada arrolo trae a túa voz, a túa bravura, tantas veces oculta no silencio. Porque ti case non cantabas, non fose ser que chegase a molestar.

Entrou outro idioma na casa, na túa, sen pedir permiso, para falarlles aos netos e á neta; o teu silencio conformou a nosa educación. Xamais pronunciaches diante nosa unha verba que non fose de lei, da túa lei; e cando medramos, sen mediar acordo algún, foi o teu idioma o que deu voz á nosa mocidade, aos nosos amores, aos nosos pensamentos. A pesar de ser educados na nova moda, acabamos pensando, soñando e vivindo na túa fala. Sempre.

Mal cho pagamos. Morriches sen oír nunca o teu nome. Hoxe quero compensarte. Procurarei con todas as miñas forzas que Antón e Emma me digan o que a ti che negaron os tempos, avoa.

4 comentarios en “Avoa

  1. E mirade se turra miña avoa que foi que de facer que Magdalena escriba en galego! Grazas polo tempo a maiores que empregaste.

  2. Atópome no camiño de aprender a ser avoa, que non é tan fácil. Está o que ti pensas e está o que pensan a nai e o pai, que son os que teñen a responsabilide última. Turro da miña porque tivo un notable orgullo do seu. Non se deixou tentar. Foi quen de falarnos na súa língua a pesar de que lle contestabamos noutra. Non era miniñeira, sempre o dicía, máis eu non recordo unha mala hora nela. Bicos para as dúas, Magdalena e Naty.

  3. Aínda que os xoves e venres por mor de asistir a escola da memoria se me fai un pouquiño escaso o día, oxe vou a contestarche en galego (lévame mais tempo que en castelán) en memoria da tua avoa.
    As avoas, Marina, son nais dobremente, eu aprendín moito delas. Mamá iba á fábrica, e miña avoa Encarnación levábame ó médico, vestíame, e surtíame de cariño. entretíñame cas hagiografías dos santos para que comera (estaba sempre inapetente, cousa que ahora non me ocurre ) e tiña a manía de coleccionar estampiñas de santos. A mín, toda aquela filatelia celestial servíame para xogar a baralla, e non te das unha idéa de como poñía o grito no ceo cando me vía facer tal sacriléxio.
    Un homenaxe para as avóas, Marina. Eres máis orixinal que o pecado de orixe.
    Biquiños palmeiráns.
    P.D. Un pracer toparme xa de mañanciña coa miña veciña Naty na Cafetería barbantiana. Outro bico para ela.

  4. Querida Marina: Qué puedo decir de nuestras abuelas?
    Que eran unas segundas madres, nuestro paño de lágrimas ante cualquier problema en nuestra niñez o adolescencia; sin anular nunca la presencia de las madres, pues ante cualquier imprevisto enseguida te decían: vete a preguntarle a mamá pero, muchas veces, nos hacíamos las remolonas porque sabíamos que las abuelas eran mucho más condescendientes, con nosotras, que nuestras propias madres.
    Tengo un recuerdo imborrable de la mía, por parte de madre. Sin embargo por parte de mi padre no llegué a conocerla porque cuando se fue, yo, no había nacido.
    Me gustó la narrativa de tu Avoa.

Deixa una resposta a marina losada vicente 76506767g Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *