Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

1545418115-460_1d35838a-mia-posterGonzalo Trasbach. Logo de varios anos protagonizando polémicas, M.I.A. xa non necesita os medios, pois ela é a narradora da súa propia historia. Desde que subiu por vez primeira a un escenario emprega os micrófonos para rapear e meterse en leas e provocar acedos comentarios dos seus inimigos. En 1975, o seu país de orixe estaba en guerra civil entre o goberno e a minoría étnica tamil, á que pertencía e pertence a súa familia. O seu pai, fundador da resistencia tamil, enviou a súa familia para Europa. Despois de deambular por varios países, en 1995, ela, a súa nai e os seus dous irmáns, lograron asentarse definitivamente nas aforas de Londres, onde empezou a recoñecerse como Maya.

Desde que aterrou en Inglaterra, a pequena Maya non parou de sufrir na propia pel o racismo do seu país de acollida. Non do que a expoñía en perigo de morte como en Sri Lanka, pero si do que causa cicatrices moito máis fondas. <Aló disparábanme por ser tamil. En Londres cuspíanme por ser unha “paki”>, di esta formidable artista pop.

A música foi ao principio unha canle para encaixar “no occidental”, pero máis tarde converteuse nun xeito de supervivencia. MV5BODY3N2JhMjEtZjgxYS00MGZlLWFiY2MtYTBlMTRjYjIwZDY4XkEyXkFqcGdeQXVyMTMxODk2OTU@._V1_Despois de que uns desalmados veciños lle asaltasen a casa e lle roubasen a minicadea, a súa vida musical deu un xiro total: escoitaba polas noites a música que saía dos bloques que estaban ao seu lado e descubriu o beat do hip-hop. Aos 25 anos fixo a maleta e decidiu regresar a Sri Lanka. Cando volveu outra vez a Londres xa non era Maya nin sequera se limitaba a gravar vídeos e documentais sobre os mozos do seu barrio londiniense. Volveu sendo M.I.A. (acrónimo de Missing In Action) e decidiu compoñer os seus propios himnos co que tiña aprendido no seu país de orixe.

O seu primeiro álbum foi “Arular” (2005), un título para render homenaxe ao seu pai Arul, que resulta unha auténtica alegación con base hip-hop, electrónica e sons e ritmos do seu país, contra das atrocidades que se estaban cometendo contra persoas civís a 10.000 kilómetros de distancia. Obtivo un éxito inmediato tanto en Inglaterra coma ao outro lado do Atlántico. Con “Kala”, título para honrar a súa nai, chegou a febre por M.I.A. Entón foi nomeada aos Gramy e aos Oscar. Ela aproveitaba o tirón para falar na televisión dos tamís, esquecidos en todas as grellas.

A CNN censurou unha entrevista súa. Pouco a pouco foron chegando as acusacións de apoiar un “grupo terrorista” e críticas moi agres e ofensivas. No 2010, farta de ver asociado o seu nome co terrorismo contraatacou cunha canción: Bor Free, e unha brutal curtametraxe, excluída das plataformas pola súa violencia explícita.

1545418134-600x424_1d3596d1-mia-3Na Super Bowl do 2014, un tempo máis tarde de ter rachado con USA por mor dunha trampa que lle tendeu unha xornalista do New York Times, que pediu un prato moi caro durante a entrevista que lle estaba facendo, e despois escribiu un pé de foto no que dicía que era para a cantante, regresou ao chamado país das oportunidades animada por Madonna, para participar no evento máis “Yankee” de todo o ano: a final da liga de fútbol norteamericano, unha participación que se saldou cunha peineta que se fixo viral. Ía destinada para todos os que a tiñan acusado de terrorista e hipocrisía. E dous anos despois publicou “AIM”, o seu terceiro álbum que, aínda que a crítica foi contra el, asentouna definitivamente coma unha diva do pop, mais sen deixar de ser rebelde.

Matangi/Maya/M.I.A. é o título do documental biográfico sobre a cantante que arrasou en Sundance pola súa franqueza ao falar do racismo e da industria, un filme que entre nós ten pasado completamente desapercibido, o cal é case unha norma neste esquinado noroeste. Para os que non a coñezan M.I.A non é unha artista máis que se suma á causa do drama dos refuxiados para vender discos e xa está. Naceu hai corenta e tres anos en Sri Lanka e bautizárona como Matangi Arulpragrasau.lead_720_405 Ela é tamén unha refuxiada. O título do documental fai referencia ás súas tres personalidades: a diva comprometida cos dereitos das persoas; a moza perdida que buscaba occidentalizarse en Inglaterra a través da música e dun nome pronunciable; Matangi, a nena tamil que pasou a infancia fuxindo do seu lugar natal.

Esta é a que abre un documental no que M.I.A. mira desafiante a unha cámara que colga dun enorme guindastre mentres canta o play black da súa canción Borders. Está sentada no extremo dunha balsa de refuxiados e rodeada dun cento de homes apiñados á espera de chegar a terra. “O sangue que flúe nas fronteiras”, como diría esa inquietante célula musical de nome The Myrrors que habita clandestinamente no deserto de Arizona.

3 comentarios en “Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

  1. Yo aprendo todos los días un montón de todos vosotros, pero en lo concerniente a la música, querido Gonzalo, influye muchísimo los gustos de cada quien. Si no hay emoción no hay aprendizaje, a mí me emociona por ejemplo The Righteous Brothers , con su “Melodias desencadenadas” la cual estoy escuchando en estos momentos mientras te escribo. En cambio, otras, por mucho que me subrayen que es ¡ blanco ! para mí no dejará de ser un tono cromático.
    Besiños,querido compi.

  2. Buenos días, querida Magdalena. Gracias por tu hermoso comentario. Pero siempre se puede aprender. Hay un refrán galego que reza así: está a vella a morrer e segue a aprender. Aperta cariñosa e bicos.

  3. Buenos días, querido y esperado Gonzalo:
    Ante todo, felicidades; si no estoy equivocada, mañana estarás de cumpleaños. Creo que mi signo Capricornio, del elemento Tierra, le lleva la delantera a Acuario, elemento Aire. Por tanto te gano por una cabeza como en las carreras de caballos. Soy un mes mayor que tú. Feliz cumpleaños.
    ¿ Qué puedo decirte yo de ese bellezón de muchacha ? Es la primera vez que la veo y me ha recordado a la morenaza de mi madre en su juventud. Siempre presumo de haber tenido una madre guapísima y maravillosa en todos los aspectos, fíjate, incluso tenía una hermosa voz, cantaba en una coral.
    No soy una entendida del Rap, pero tampoco niego su mérito a todos aquellos que lo practican, pues veo que muchas veces van tejiendo espontáneamente el contenido de sus letras con el momento que están viviendo. Por fortuna no existe ningún tipo de expresión artística que venga con su propio manual de instrucciones, nada que nos indique cómo debe ser interpretado tal género, sea rap, o música melódica pero, la verdad es que me encantaría saber comentarte algo sobre esta muchacha del antiguo Ceilán con más criterio, pero no es así.
    Hace un rato mientras limpiaba el salón, lo hacía como cada día escuchando música.
    Ésta vez le tocó acompañarme en la faena a Frankie Lane con las maravillosas canciones y música de “OK. Corral” “Rain, rain, rain” “Sixteentons” etc.etc…
    Para mí ya ha pasado la hora de llegar a dominar esa habilidad tan difícil de estas nuevas canciones raperas , hip hop y todos esos ritmos que tú tan técnicamente explicas y que al leerte hasta parecen asequibles a todo lector.
    Encantadísima de volver a leerte, Gonzalo. Un placer.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *