A orixe do mundo

el-origen-del-mundoFidel Vidal. A orixe do mundo é un óleo sobre lenzo de pequeno formato, de 46 por 55 centímetros, que Gustave Courbet pintou en 1866 por encargo do diplomático turco Khalil-Bey. O cadro representa un pube feminino en primeiro plano. Estamos fronte a unha cona, as pernas abertas e parte do ventre dunha muller deitada sobre unha saba branca. Por riba albiscase un seo. Quen foi a modelo?

Unha vez que Khalil-Bey se arruinara, a pintura pasou por unha serie vicisitudes. Un anticuario adquiriuno durante a venda da colección Bey en 1868. Despois, en 1889, Edmond de Goncourt atopouno nunha tenda de antigüidades detrás dun panel decorado cunha paisaxe. Segundo Robert Fernier -autor de dous volumes do catálogo de Courbet-, máis adiante o coleccionista húngaro Hatvany mercouno en 1910 e levouno a Budapest. Cara ao final da Segunda Guerra Mundial foi saqueada polos soviéticos, pero máis tarde rescatada polo mesmo Hatvany ao abandonar Hungría no 1947. O Exército Roxo permitiulle levar só unha obra de arte con el, e levou consigo L’Origine du monde a París.

A historia deste lenzo é digna de ser novelada. Ao final, grazas a Sylvie Bataille, segunda esposa de Lacan, este adquiriuno nunha poxa en 1955 por un millón e medio de francos. Formaba parte da súa colección agochado baixo outro cadro de André Masson realizado expresamente para tal uso. En 1981 o estado francés embargou os bens de Jacques Lacan co obxecto de cubrir importantes débedas. Desta maneira é como A orixe do mundo chegou ao Museo d’Orsay, na mesma rúa onde Lacan residira. “Coincidencia ou sarcasmo do destino?”, pregúntase J. P. Brand. O certo é que na actualidade, desde 1995, amósase sen pudor á vista do público en xeral, algo que nos remite ao mesmo George Bataille, quen consideraba como “unha das condicións do erotismo, a prohibición e polo tanto a  transgresión”.

En setembro de 2018 a revista París Match espallaba, cunha montaxe fotográfica ad hoc na portada, a noticia en exclusiva: “Velaquí a cara d’A orixe do mundo”, e axencia EFE facíase eco a grandes titulares: “A vulva máis polémica da pintura xa ten rostro”. O historiador Claude Schopp deu co nome da muller que pousou para Courbet.Chámase Constance Quéniaux, bailarina e amante do turco que encargou o cadro. paris--644x362Antes de Constance baralláronse outros nomes, como Joanna Hifferman, modelo e amante de Courbet, ou mesmo Jeanne de Tourbey, querida do turco. O caso é que, por azar, grazas a un erro nunha carta de Alejandro Dumas fillo a Geoge Sand, Claude Schopp deu co nome real da modelo e púxolle cara a unha cona.

Estamos diante dunha imaxe anatómica ou erótica? A resposta está na mirada que contemple esta obra de arte. Mais a pregunta é ben distinta: por que este cadro resulta tan inquietante? Talvez porque estamos a falar da Cousa, do que non se toca, daquela cousiña. Da fenda que mantén o desexo. “Fai falta recordar –pregúntase Žižek, Goza o teu síntoma!-, a maneira en que Freud, no seu artigo sobre o fetichismo, utiliza exactamente as mesmas palabras para describir o horror da castración: o que aterroriza ao neno é a ausencia de pene, isto é, o feito de que non hai nada que ver onde a mirada espera algo?” Sexa como for, non importan nin o modelo nin as mans polas que pasou, nin tan sequera o nome do autor que a realizou. O máis importante, como adoita dicir Gonzalo Trasbach, segue a ser a obra.

8 comentarios en “A orixe do mundo

  1. Apreciado Fidel: Es obvio que sentí un inmenso “rubor” al contemplar una obra de tal magnitud erótica como es “A orixen do mundo”.
    El por qué inquieta tanto? Porque esa zona está considerada la más intima de la anatomía de la mujer.- Tal vez porque es menos visible a ojos de los demás?-. Es posible. Cosa que no ocurre con el resto de nuestro cuerpo. En mi época solo estaba reservada para la intimidad de la pareja y aún así, guardabas un cierto pudor con tu propio esposo. Cuestión de educación, de como nos educaban antes. Hoy día ya no nadie pone veto. Todo vale, ya no existen los tabúes.

    Seguro que es un tema muy interesante para reflexionar, para pararse en ello como tu bien dices. Lo que pasa es que se trata de un tema sumamente intimo y delicado por su naturaleza, pero que hoy día ya no es tabú como para no poder hablar de ello, siempre que se trate con educación y sensibilidad.

    Ha sido un placer contar con tu amable y comprensible respuesta. Gracias de corazón.

  2. Apreciado Fidel: Más que sobresalto, me ha impresionado un montón; me refiero al óleo de Gustave Courbet.- Sinceramente, me produjo un “inmenso rubor” por lo real de la misma. Hubo quien dijo: tanto si le seduce, como si le apabulla, no deje de admirar esta pintura de Gustave Courbet durante su próxima visita al Museo de Orsay en Paris! A mí me apabulló.
    Personalmente, la obra de arte, me ha parecido lasciva, provocativa, por eso no pasaría por el Museo. Y de hacerlo, sería para ver otras obras pero más comedidas en sus “desnudos carnales”. De sobra conoces que su obra de arte, ha sido duramente criticada.
    Confieso que después de ver el Origen del mundo; lo que pudiera aparecer sobre “desnudos”, ya no me impactaría o “sofocaría” tanto.
    Lamento que mi opinión, sobre la misma, no haya sido la más acertada, dada mi ignorancia sobre el tema. Con mas razón ante tantos entendidos, en estas y otras muchas materias. Lo siento. Ha sido mi sincera opinión. Mis saludos desde esta querida Palmeira.

    1. Pola sinceridade da túa aportación e, sobre todo -miña moi prezada Naty-, polo “inmenso rubor” que sentiches ante a obra de Courbet, considero o teu comentario como especialmente interesante e valorado.
      Ti, e moitas outras persoas, senten o mesmo. Segue a ser unha obra que “perturba”. A cuestión, penso eu, está en preguntarnos por que nos “inquieta” tanto? Por que non sucede o mesmo se pintan do mesmo xeito poñamos un cóbado, unha axila, un xeonllo, ou mesmo un rostro? A resposta debe estar ligada á prohibición. Mais, por que a tal prohibición? Que ten de excelencia esa parte anatómica que non mereza outra non menos singular, por exemplo unha man ou un pé? De onde procede esa obsesión avaliadora que propón cales son as boas e as malas rexións corporais? Son temas para a reflexión que paga a pena pararse neles.
      Un pracer, prezada Naty. Saúde e que sigas gozando das paisaxes de Palmeira.

  3. Gracias, queridísimo Fidel por tus buenos deseos, a ver si el collarín y el ibuprofeno dan el resultado deseado y solo se quedan fuera de lugar los lumbares del coche. “O chimpo” que un señor despistado nos metió por atrás mientras hacíamos el pertinente stop, no fue moco de pavo.
    Gracias también por las alabanzas que me prodigas como comentarista, pero, veo que he confundido el Canal de Suez con el Canal de Panamá siendo dos conductos completamente opuestos.
    Yo también espero esa entrada de Gonzalo con ansia.
    Besiños palmeiráns, e boa viaxe por calquera dos dous canales.

  4. Gracias a los dos por nombrarme. Aunque sea de pasada. Por cierto, compañeiro Fidel, sei que nalgunha ocasión escribín algo sobre este cuadro, que me impresionou a primeira vez que o contemplei. Se recupero o texto, intentarei publicalo aínda que só sexa polo pequeno pracer de intercambiar as nosas miradas. A min tamén me gustou moito esta historia sobre os avatares do lenzo, que descoñecía. Grazas e que todo siga ben.

    1. Benquerido compañeiro Gonzalo:
      Sería unha boa nova ler o teu traballo sobre a obra de Courbet. As túas achegas sempre veñen cargadas de gran sensibilidade. É curioso, pero -agás nos temas de música, dos que, para a miña desgraza, son un auténtico negado- percibo que nantemos coincidencias con determinados autores aos que ambos os dous admiramos. Saúde, e agardamos pos esas impresións sobre “A porixe do mundo”

  5. Buenos días, querido Fidel:
    Hoy me he levantado más tarde de lo acostumbrado por causa de una pequeña contusión en las cervicales. Desde cama, miré a qué barbantiano le tocaba alegrarme el día, y el retrato que me ofreció el móvil en aquel momento me hizo, en un acto reflejo, echar la cabeza hacia atrás con un dolor añadido al ya sostenido. ¡ Arrenegado …! exclamé. Después del estrepitoso juramento me dejé dominar por un exceso de hilaridad y comencé a leer tu bella entrada.
    Esa fue mi primera impresión; ahora, me parece un hermoso óleo con un precioso título y un pubis que Gustave Courbet conocía a la perfección, y así de perfecto lo pintó, tanto como los desnudos que ahora voy a enumerar.
    Hay un cuadro de Degas, “Mujer secándose el cuello” bellísimo.
    La “Leda” de Leonardo es uno de los cuadros más bonitos que existen. Ya no me gusta tanto la “Betsabé con la carta de David” o la “Danae” de Rembrandt, aunque sea un pecado decir esto de los cuadros del holandés. La mujer desnuda de Renoir a pesar de estar sobradita de carnes me encanta. El semi-desnudo de la “Fornarina” de Rafael es una belleza. “La venus con organista y perrito” de Tiziano, también rolliza pero hermosa. Y qué decir de “La venus del espejo” de nuestro Velázquez, la perfección salida de un pincel. No quiero olvidarme de nuestro insigne aragonés, Goya, “La desnuda” posando su bello cuerpo en esa cama deshecha. “La despojada” como le llamaron los tribunales de la Inquisición, y aquellos puritanos directores de Correos norteamericanos de los años treinta que, cuando el gobierno español reprodujo los cuadros en unos sellos conmemorativos, rechazaron las cartas franqueadas con la “Desnuda”.
    Querido Fidel, “le visage de Constance” no está mal, pero el “origen del mundo” debe prevalecer por encima de la faz de la muchacha para que el mundo sigue rotando.

    Voy a ponerme el collarín, para la próxima, avísame de antemano para no llevar esos sobresaltos mañaneros.
    Besiños palmeiráns

    ESOPE RESTE ICI ET SE REPOSE – (Esopo se queda aquí y reposa).

    P.D. Yo también le daré la razón a Gonzalo

    1. É unha sortem e un pracer, contar con comentaristas como a miña benquerida e atenta Magdalena. O listado de “desnudos” está moi ben. Magnifico e magníficos- Pero aquí non estamos ante un espido (un dos clásicos temas dentro da plástica ao longo da historia) senón ante un pube preto das nosas caras, fronte a fronte. Un reto para cantos tiveron a peza (a boa peza) no seu poder case de forma clandestina. Un escándalo que o deixou de ser unha vez exposto para os restos no museo onde se atopa hoxe. Sinto moito o chimpo padecido (un síntoma do que aínda representa o óleo de Courbet), polo das cervicais. Saúde e un bo “collarín”. E viva o alcantarillado!

Deixa una resposta a Gonzalo Trasbach Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>