Quen é o patrón?

3227334752511176Fidel Vidal. O patrón, do latín patronus, derivado de pater, noutrora era sinónimo de protector, mais nós querémoslle dar uso desde unha perspectiva ligada ao poder e á opresión, como patrono, como amo. Nun formato semellante e inspirado no personaxe de Padre Padrone de Gavino Ledda, do que hai que se liberar. Sendo ben fácil identificar o patrón, a liberación non resulta doada. Nunca o foi.

“O home integral, absolutamente libre, definitiva e completamente satisfeito co que é, o home que se perfecciona e se completa en e por esa satisfacción, será o Escravo que ‘suprimiu’ a súa servidume. Se o Amo ocioso é un obstáculo, o Escravo laborioso é, pola contra, a fonte de todo progreso humano, social, histórico. A Historia é a historia do Escravo traballador. E para velo, basta considerar a relación entre o Amo e o Escravo (é dicir, o primeiro resultado do ‘primeiro’ contacto humano, social, histórico) non xa desde o punto de vista do Amo, senón do Escravo” (Kojève, A dialéctica do Amo e do Escravo)

O patrón é o do chapeu na cabeza, o que senta na cadeira. Hamm aparece en escena sentado nunha cadeira, viste bata de casa e tócase cun solideo. Velaí o bonete símbolo de autoridade, que nos indica quen é o amo. O príncipe. Os papas e demais xerarquías eclesiásticas –agás no caso de que llo tire un neno como aconteceu co papa Francisco- só se desprenden del ante Deus e ante o Santísimo Sacramento. O chapeu como insignia que designa o poder vén magnificamente explicado no chiste que se conta dun pai que aconsella ao seu fillo cara ás relacións coa súa futura esposa: “Ti obedece. Se che di senta aquí, sentas. Ergue, ergues, mais non esquezas o chapeu. O chapeu sempre na cabeza, para que se saiba quen é o patrón”.

CLOV: Fai isto, fai aquilo, e eu fágoo. Nunca me nego, por que?

HAMM: Non podes.

CLOV: Pronto deixarei de o facer.

HAMM: Xa non poderás.

St-Joseph-869x1024O Escravo, di Kojève, é o adversario vencido, que non o foi até o final, “no risco da vida, que non adaptou o principio dos Amos: vencer ou morrer. Aceptou a vida elixida por outro. Vai depender pois dese outro. Preferiu a escravitude á morte, e é por iso que permanecendo con vida, vive como Escravo”. Mais “o Amo non é Amo senón polo feito de ter un Escravo que o recoñece como Amo”. Unha vida, a vida do escravo, no límite biolóxico, condenado a pasar fame aínda comendo, só o suficiente para non falecer.

HAMM: Non che vou dar de comer.

CLOV: Daquela morreremos.

HAMM: Dareiche xusto o necesario para que non morras. Sempre terás fame.

CLOV: Entón non morreremos. (Samuel Beckett, Fin de partida)

 

5 comentarios en “Quen é o patrón?

  1. Amigo Fidel:
    Aunque ayer pretendía responder a tu última entrada, por la mañana me lié a preparar filloas para llevar a casa de una nieta en la que se celebraba uno de esos “rutineiros xantares”. Por la tarde me fui de paseo con el más pequeño de mis biznietos, que, en cuanto nota mi presencia, me agarra mano y tira de mí para que lo lleve a la calle.
    A pesar de contar con poco más de año y medio, se mueve con una agilidad pasmosa; circunstancia que aprovecho para dar largas caminatas en su compañía sin que resulte una sobrecarga. Lo que más le gusta es contemplar las idas y venidas del Metro de superficie y, como lucía una tarde espléndida (demasiado espléndida), nos sentamos un buen rato en un banco de la estación a ver el paso de los convoyes. Me tiene embelesada…
    Y no voy a contarte también mis andanzas de hoy, porque ocuparían demasiado espacio…
    “Padre padrone”… No leí la novela autobiográfica de Gavino Ledda; pero vi la película de los hermanos Taviani hace un montón de años -treinta, lo menos-, que me dejó una gran desazón, por su dureza y por una escena de las que no estaba acostumbrada a ver en el cine de la época… Creo que es una historia que da muchísimo juego a educadores y psicoanalistas.
    Por suerte todavía queda algún que otro patrón protector. Al menos en la pequeña empresa. También conocí al tipo de “esclavo” -más bien lo calificaría de “vago redomado”-, que se las sabe todas para tiranizar al patrón, en su afán de escaquearse del trabajo, más que por “suprimir su servidumbre”. De todo existe.
    Si la vida es un “eterno retorno”, para el próximo ciclo pediría la mejora en algunos aspectos: disponer de más capacidad para asimilar los contenidos de café Barbantia, por ejemplo… Profundizando en la cuestión y, viendo lo mal en peor que va el mundo, parece que la historia se repite; pero para peor.
    “El Amo no es Amo sino por el hecho de tener un Esclavo que lo reconozca como Amo”. Elemental. Como el escritor no es escritor si no tiene lectores… (Se utiliza el tópico de que uno escribe para sí mismo; pero…).
    Me encanta como finalizas tu artículo:
    -“Entón non morremos”.
    Eche ben certo… (Haberá que ler a Beckett).
    Boas noites.

    1. O nenos, miña prezada Carmen, saben escoller moi ben. Axiña apostan selectivamente polas persoas que máis lles interesan: por inter-ese.
      Quedo con esa envexable estampa da túa bisneta turrando pola avoa para irdes contemplar as idas e vidas do Metro de superficie. Parabéns e que continuedes gozando, ambos os dous, neto e avoa, doutras espléndidas tardes.
      Un pracer ler os teus comentarios. Saúde e pracenteiros paseos.

  2. Moitas grazas, amigo Fidel, esa é a intención; pasar un anaco enganando o tempo con xente como todos os de Barbantia.
    Moitos bicos.

  3. Buenos días querido Fidel:
    Creo que era en “Romance de lobos” donde Valle-Inclán decía: “En todas las villas tiene que haber un loco y un mayorazgo”. Siempre ha habido patronos, lo que hay que pedir es que sean justos y equitativos.
    Ya he anotado el sinónimo de “protector”, desconocía que “patronus” derivaba de “pater”. Barbantia es una demostración de recursos lingüísticos inagotable. Para las que somos ayunas de cultura, no sabéis lo que nos ayudáis a mejorar. Graciñas.
    Y ya te dejo, hoy estoy con un dolor de cabeza impresionante, entre gatos y perros no he pegado ojo en toda la noche, parecía la berrea de los ciervos encalabrinados por el celo. Bueno, creo que te he dado pie a una de tus buenas respuestas.
    Besiños palmeiráns e filloas con reladura de limón.

    OJO ROJO. De no dormir.

    1. Non só deches pé, miña querida amiga Magdalena, senón tamén, coma sempre, a man e a cabeza, sobre todo cabeza, aínda que estes días padezas de dor por culpa dos gatos e dos cans maltratadores nocturos que eles, si, “déronche a noite”.
      A pregunta é: hai realmente un patrón “xusto e equitativo”? É posible, como imposible a xustiza entre amo e escravo. Non son compatibles.
      O das raeduras de limón para as filloas da receita de Naty, non sei, non sei… O que si sei é que vós tedes a culpa de que o Café Barbantia manteña ese grao de agudeza tan necesario. Grazas aos vosos comentarios vén por iso
      A NOSA SONA.
      Non estou contento co remate, pero vaia…
      Saúde e calma no zoolóxico veciñal.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *