Causas femininas

imagesMarina Losada Vicente. A portada resoa na cabeza. Puido ser un vai á merda, ou es unha estúpida. No seu lugar, coa rabia saíndo polos ollos, a porta peta contra a porta e as paredes todas da casa reflicten os ecos dun silencio que nace do desexo contido de darme unha labazada.

É violencia de xénero se quen a exerce é outra muller?

Temo dicirche o que penso, o que vexo. Dáme medo a túa reacción e observo ese comportamento só cara a min, non tratas así a ningunha outra, da casa ou de fóra. Entón porque penso que me desprezas por ser muller? Non chego a atopar as miñas faltas contigo, e non son soberbia; a maiores, quérote moito. Que fixen para ser tratada mal… maltratada?. Se a túa reacción contra min é por ter xénero feminino, quedo exonerada de culpa, mais non atopo niso consolo. Insisto no xénero porque non entendo a falta de causas.

A portada segue na cabeza e as paredes xa non acordan del. O corazón bate acelerado estando queda. Chega a hora de deitarme na soidade de quen teme da casa, que tanto te deixa atrapada dentro, sen aire, como fóra, espida. Busco no tempo a orixe da furia. Cando dou co inicio, é feminina a causa, empezou coa primeira menstruación, a túa e a miña, todas cheas de tabús, de prexuízos. Cando avanzo nos anos, é feminina a causa, os avatares da vida doméstica, onde sempre enganchamos. Cando se acerca a data, é feminina a causa, a carga da familia que continúa nas nosas mans. A portada de hoxe, resposta ao desexo de sentirme querida e estimada no propio lar, en feminino, porque cho pido a ti, que es muller.

Chegará o sono, a moito que tarde, mais erguereime mañá e as preguntas serán as mesmas.

3 comentarios en “Causas femininas

  1. Efectivamente, querida Marina: dejar atrás. Y luego después del conocimiento estéril de cualquier amor… La vida es un espejo, te sonríe si lo miras sonriendo.
    Moitos bicos.

  2. Sentir que algo que non depende das tuas.accións nin da tua vontade provoca violencia resulta dobremente duro. É unha condena.sen xuizo nin sentenza. Sen árbitro. Sen defensa. Sen explicación. O mellor é acadar distancia, certo. Sair. Deixar atrás.
    Boas noites Magdalena

  3. Buenas tardes, querida Marina:
    Hoy me a tocado oftalmólogo y aún tego las pupilas tan dilatadas, que mis ojos parecen los ojos de buey del “Queen Elizabeth”, y aunque no estoy en mi mejor momento para escribir, aquí estoy catapultando teclas para hacerlas llegar a Barbantia.
    Y después de esta cursilada elevada al cubo, voy con tu pregunta:
    ¿ La violencia de género lo es, si quien la ejerce es otra mujer? ¡ Claro ! la violencia no tiene género, a pesar de que el artículo “la”, sea femenino, sea quien sea el que la practique, es un ser violento, y por ende, despreciable.
    Luego, calmado el dolor de la desilusión, a quien corresponda tendría que pensar:
    ¡ Pobres lágrimas inútiles ! Puerta y adiós.
    Besiños palmeiráns, Marina.

Deixa una resposta a Marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *