Rodas

O Fío de AriadnaEncarna Pego. Sempre tiven especial querenza polas dúas rodas. Lémbranme os primeiros anos sesenta, as estradas de morrillo, as tendas polo miúdo, (“Dixo miña nai que me dea medio quilo de fariña e un cuartillo de anís”). O recendo das cereixas de Cespón. A vida por encetar cos pais mozos e a empática presenza dos veciños. O saúdo da mestra á mañá, cando eu non tiña idade de ir á escola.

O avó co carro de dúas vacas, cheo de rapazada a Ferreiros, a buscar o froito. Seica era o único que deixaba subir.

O carro co cabalo que fornecía ao tendeiro, e non había iogures nin nocilla.

A bicicleta enferruxada de meu pai. A que eu lle pedía cando marchaba e que nunca me traía porque non lle cabía na maleta. (“Hasma traer cando as fagan de encartar, non si?”).

Non esquezo o tempo de xogar ao peón e ás agachadas. Un tempo humano, no que o chan era de terra, e mirabamos uns polos outros.

Ao ver esta escena volvo ter fe na humanidade sen dixitalizar. Nos seres de carne e óso, no trato cara a cara.

Na cesta de Manolo conviven as verzas do país recentemente arrincadas coas froitas exóticas chegadas en avión. Mestura de imaxes e aromas que levas na pel.

Non sei se é posible un mundo e un comercio offline, pero cada vez que vexo esta imaxe sinto que teño unha enruga menos na alma.

3 comentarios en “Rodas

  1. Prezada Encarna:

    lin o outro día que os alemáns teñen unha palabra para designar a nostalxia inversa, unha nostalxia da viaxe, dos lugares afastados, de marchar da casa. Non sei se é a mesma que fai que tantas e tantas persoas vivan on line, e non llelo reprocho (quen son eu para tal cousa!), pero non é a miña. A miña é a que tan ben describes neste fermoso texto, e que agardo non perder cando chegue á idade de Magdalena.
    Unha aperta
    P.D. Sentín non poder falar contigo o outro día ao final da obra de teatro. Agardo que todo vaia ben.

  2. Grazas Magdalena. Sí que cambiaron moito os costumes, traballos, mentalidades, todo!
    E a fregona, a lavadora, e tantos electrodomésticos viñeron aliviar moito as faenas da casa (das mulleres, sobre todo),. Así animámonos e medráronnos ás para estudar e traballar fóra, cun salario que nos da a necesaria independencia económica. Máis os electrodomésticos seguen a precisar da nosa programación (en xeral as poñedoras das máquinas somos féminas). Mesmo semella que unha parte da humanidade nace coa fregona e co ferro de alisar a roupa debaixo do brazo. Forte aperta, Magdalena!

  3. Y ha transcurrido todo con una rapidez difícil de asimilar, ¿ verdad ?
    En nuestro pueblo ha habido siempre mucha emigración y recuerdo cuando llegaban de vacaciones los navegantes con sus cajetillas de cigarros rubios, Marlboro, Pall Mall, Chesterfield, y aquellos elegantes encendedores Zippo. Algunos de los que se habían ido por el camino que había abierto Colón, traían su “carro” ( pero no, como el de tu abuelo ) éste tenía unas aletas como los alerones de los aviones. Pero ¿sabes qué cambio fue el más esencial para mi ? Aquél que nos regaló a todas las amas de casa Manuel Jalón añadiendo un palo a una rastrera mopa.
    Besiños palmeiráns, Encarna.

Deixa una resposta a Encarna Pego Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>