Micropaisaxe

Microfotografía de VIH "Centers for Disease Control and Prevention"
Microfotografía de VIH “Centers for Disease Control and Prevention”

Fernando Losada Rodríguez. Aínda que non haxa ningunha persoa na mesma habitación máis ca ti, sempre estarás en compaña de milleiros de millóns de seres. Uns están nas superficies de todo o que ves: a roupa, os cubertos da cociña, a cama, e mesmo a túa propia pel. Outros atópanse no ar, e estámolos respirando sen darnos conta. Os outros están no teu interior, a inmensa maior parte deles no intestino groso, pero tamén os podemos detectar no resto do tubo dixestivo ou das vías respiratorias. Para que te fagas unha idea, hai máis células destes microorganismos dentro de ti, que das túas.

Un dos organismos máis coñecidos da micropaisaxe son os virus: seres que se atopan no límite entre o vivo e o inerte: das tres funcións vitais (nutrición, relación e reprodución), só teñen a derradeira. Non son máis que estruturas feitas de material xenético envolto de proteínas (ás veces tamén dunha membrana) pero que, na maior parte da súa existencia, non fan nada. Literalmente. Pero todo cambia cando contactan cunha célula: únense a unha proteína da membrana, meten o seu material xenético (deixando fóra o resto) e cambian a maquinaria da célula para que só teña unha función: fabricar máis virus.

Imaxina que estás nunha fábrica de coches, e hai unha maquinaria complexa que fabrica o parabrisas, as portas, o motor, os asentos e demais, e que finalmente os une para dar lugar a un turismo. Imaxina que chega unha cafetera á vosa porta, deixa fóra a casca de metal e introduce unicamente o filtro que vai onda o Director e o convence de que modifique toda a maquinaria para fabricar millóns e millóns de cafeteras, tantas que as paredes da propia fábrica estoupan, deixando os traballadores na ruína. Os virus funcionan como esa cafetera, e a fábrica sería a célula.

Pero estes seres son selectivos: o virus da SIDA vai principalmente polos linfocitos T4 (un tipo de glóbulos brancos), os da gripe atacan primeiro os das vías respiratorias, etcétera. Do mesmo xeito, algúns virus, coma o do mosaico do tabaco, só afectan as células vexetais, outros só os animais, e mesmo algúns virus só atacan as bacterias. Pode ser que mesmo só ataquen unha especie en concreto ata que, por un erro na súa reprodución (lóxico se formas billóns de exemplares), algún deles consegue enfermar outra especie, e iso pode ser un problema.

Os virus son parasitos, e como tales aprovéitanse doutro ser, pero sen matalo (se non, quedarían sen modo de reproducirse). Estes seres evolucionaron durante milleiros de millóns de anos para seguir funcionando, pero se entran nun ambiente para o que non estean preparados, poden pasar dúas cousas: a primeira, que non se adapten ben e sexan inofensivos; a segunda, que sexan demasiado efectivos. Isto último é o que acontece coas máis terribles doenzas: a rabia, a varíola, o xarampón ou a SIDA orixináronse noutros animais, pero onde causan máis dano é nos seres humanos. O último caso aconteceu probablemente na década de 1930, infectando un cazador que puxo en contacto unha ferida con sangue de mono infectado cun patóxeno semellante ao Virus de Inmunodeficiencia Simia (VIS), o que deu orixe a unha pandemia.

Un comentario en “Micropaisaxe

  1. Tengo por costumbre, o la manía, de apuntar ciertas cosas que me llaman la atención, como por ejemplo que: el alambre del corcho de la botella del cava se llama “agrafe”, la parte del cuchillo opuesta al filo, “recazo”, la espuma de la cerveza “giste”, el hierrecito que remata los cordones de los zapatos se denomina “herrete”, y mira tú por donde, apreciado Fernando, que hace unos días me llamó la atención y también lo apunté, que el polvo del hogar está compuesto por un 70% de escamas de la piel humana. A mi me parece una barbaridad, creo que el que hizo tal valoración se hidrata poco, no obstante, ahora al leerte ya no dudo de que así sea. Bueno, yo seguiré con mis cremitas corporales para que la epidermis goce de buena salud.
    Recogeré algo de tus enseñanzas; hoy estreno nueva libreta.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *