Cuba, a memoria fotográfica

IMG_20190207_155207Fidel Vidal. No Kiosco Alfonso da Coruña asistín a unha exposición de fotografías en branco e negro como quen asiste a un repaso pola memoria histórica da Cuba da Revolución dos barbudos. A mostra está dividida en seccións moi ben definidas. O paseo polos diferentes apartados, para os que xa temos unha idade, fainos recordar aqueles tempos de euforia da caída de Fulgencio Batista e as consecuencias posteriores.Trátase dunha forma de homenaxear a un dos reporteiros gráficos cubanos de gran prestixio. Co título Cuba desde 1957. A memoria fotográfica, amósanse máis dun cento de obras de Ernesto Fernández, gañador do Premio de Fotografía Iberoamericana pola Universidade de Harvard no ano 2000, e do Premio Nacional de Artes Plásticas no 2011.

Alí atopamos fermosas instantáneas arredor da “Peña Sirique”. Sirique era o nome como se coñecía o trovador afeccionado Alfredo González Zuázo, organizador do grupo “Los Tutankames” (“Un bohemio en cada instrumento y en conjunto un asilo de ancianos”). O seu taller de ferreiro e latoeiro nas noites dos domingos convertíase nun cabaré. Nese centro, a principios da década dos sesenta, podías escoitar música en directo e as mellores trovas cubanas. Contra o que cabería supoñer, estaban prohibidas as bebidas alcohólicas. Sempre ateigado de público, abundaban tanto artistas como intelectuais. Un deles, o trompetista Chappotin, podemos velo en plena faena, ou Gonzalo Roig, autor da canción “Quiéreme mucho”, un asiduo do abarrotado local. Ás actuacións de El Chori non faltaron, entre outros, Marlon Brando, Ernest Hemingway ou Ava Gadner.

1478805809-21389Unha fotografía tenra é a titulada  “Nenos”, de 1959 onde, collidos da man, vemos un neno portando unha metralladora de plástico e unha nena cunha boneca espida. Tamén quero destacar as referencias ao “Congreso Católico” de 1959, ou as masivas manifestacións de 1960 e do 1967, como a participación cubana na guerra de Angola en 1962, a reportaxe sobre a Invasión no l961 pola praia Girón (Baía Cochinos), ou a Crise dos mísiles de l962, así como, a xeito de contrapunto, distintas escenas do ballet de Alicia Alonso.

Non esquecemos os retratos de ilustres personaxes: Cabrera Infante, Camilo Cienfuegos, O Che e mais Fidel, cada un pola súa banda na zafra, “cortando caña”. Así mesmo están o escritor Graham Green, o editor e poeta Carlos Barral, ou Jean Paul Sartre e Simone de Beauvoir, navegando nunha lancha ou subidos a un helicóptero acompañados de Fidel Castro, como outra que comparten Fidel e Nelson Mandela. Tampouco faltan os “Balseiros” intentando fuxir da illa en embarcacións imposibles.

Botei de menos, aínda que son consciente de que non pertence á serie dun correspondente de guerra, a instantánea ben divertida de Fidel Castro con Manuel Fraga en Láncara (Lugo) no 1992. Ambos os dous comendo empanada e polbo na terra dos devanceiros do revolucionario cubano e dando boa conta dunhas cuncas de queimada. Daquela nomearon a Castro Fillo Predilecto do concello e seica ambos presidentes, o da Xunta e o de Cuba, xogaron ao dominó. Gañou Fraga por dous a un.

 

4 comentarios en “Cuba, a memoria fotográfica

  1. Gracias por el reportaje, Fidel. No he ido a ver la exposición de los Jardines, e iré estos días. No había reparado en ella.
    Sin embargo, sí fui a ver la de la Fundación Barrié de la Maza de dibujo holandés del s.XVII. Me gustaría recomendarla a los tertulianos que lean estas líneas.

    1. Grazas, Jesús, polo consello. Pasei pola Barrié e supuxo unha “fartura” de debuxos e gravados de grandes mestres, e unha magnífica ocasión para contemplar, ademais dos menos coñecidos, obras de Brueghel el Viejo, Van Dyck, e mesmo de Rubens e Rembrant. Os que poidan que non a deixen pasar. Paga a pena.

  2. Precisamente estos días en el Lustres Rivas, estamos hablando de pintores. Sé que nada tiene que ver con “A memoria fotográfica” que tú mencionas, ni tampoco con esos grandes fotógrafos homenajeados pero, estamos aprendiendo cosas muy interesantes de pintores desconocidos para mí. Seguro que tú conoces la obra de Díaz Pardo con sus destacadas pinturas “nazarenistas” y que más tarde se pasó al diseño industrial creando la cerámica de Sargadelos. Interesantísimo.
    Hemos conocido un poquito al ferrolano Fernando Álvarez de Sotomayor, poseedor de varios galardones por sus reconocidos cuadros como por ejemplo “O segador”.
    Alicia, nos habló también de Federico Rivas Montenegro, ese vigués universal que fue un genio del dibujo, del diseño gráfico y de la publicidad. Hemos mencionado también a Maruja Mallo, realizadora de varias portadas de libros y medalla de oro al Mérito en las Bellas Artes.
    Alicia, nuestra profe, nos enseña con tanto cariño y simpatía además de su hábil elocuencia, que a pesar de que no tenemos empanada, ni pulpo, ni tan siquiera unas gotitas de queimada en el local, con, o sin conxuro, jugamos al dominó de las palabras para todos salir ganando.
    Besiños palmeiráns, querido Fidel. Tus lecturas siempre agradan.
    OÍ RISA Y ERA REY ASIRIO.

    1. Debes estar ben contenta, querida Magdalena. Nada menos que Maruja Mallo ou Diaz Pardo, o mesmo debuxante Ribas, o Mirko, por non dicir Sotomayor. Un magnifico mollo de nomes. Mais se citas Sargadelos, non debes esquecer, á par de Díaz Pardo a Luís Seoane, formando tandem nunha das máis importantes apostas culturais e industriais que recorda Galicia. Unha mágoa como rematou todo. Parabéns para a túa profe Alicia.
      AGOIRO NO RIO GA, e perdoa polo PALLAP.
      Saúde.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>