Galicia e os galegos na poesía castelá. CXII. Máis ultraístas: Pedro Garfias

9788484720300Román Arén. Da importancia do galego Eugenio Montes dan clara idea non só os seus textos nas revistas ultraístas, senón tamén o número significativo de poetas deste movemento que lle dedicaron poemas: Ciria y Escalante, Ernesto López Parra, Lucía Sánchez-Saornil, Joaquín de la Escosura, Pedro Garfias, Guillermo de Torre, Gerardo Diego, e xa superado o Ultra, Lorca dedicoulle unha das seccións do Poema del cante jondo (1931); mereceu tamén poemas de Emilio Mosteiro, colaborou con Borges no poema automático que enviaron a Tzara, foi amigo de Dalí e Buñuel, logo viría o falanxismo e o academicismo retórico de postguerra.

Non é Pedro Garfias (Salamanca, 1901-Montemy, 1967) un poeta menor, xa que o exilio, durísimo, o fará un poeta maduro e elexíaco en Primavera en Eaton Hastings (1941). Antes foi ultraísta en El ala del Sur (1926), poeta comprometido en Poesías de la guerra (1937) e Héroes del Sur (1938), poeta realista-socialista en Elegía a la presa de de Dnieprostoi (1943). Homo de vida errante, na maior pobreza, mereceu dúas monografías importantes, en 1980 e 1991, e hoxe figura nas antoloxías máis significativas.

41-7mwXoOkL._SX347_BO1,204,203,200_En Madrid compartiu pensión con Eugenio Montes e os dous andaron na aventura ultraísta; máis tarde dúas vidas contrapostas: fascista Montes, exiliado tras loitar pola República. A súa poesía completa publicouse tres veces (1985, 1989 e 1993). En <Grecia>, en 1919, publicou o poema “Azul” con este paratexto: “A Eugenio Montes, mi amigo”:

De un soplo apagué el sol./El pobre hombre/iba dejando un rastro de crepúsculos./Los abismos han vaciado sus entrañas./En la ciudad/arden las mechas de los polvorines/que estallan en el alba./Un aeroplano acarició mis sueños/y la estrella apagada se llevó mi sombrero./Yo, que/reclinaba la frente en su recuerdo,/ceñí/una cinta de iris a mi pensamiento./Alas vivas de mariposas./Tantos árboles/negros/sobre mi frente./Me encaramé a la estrella/trepando por las ramas,/pero todas las bombas/quedaron en los cables/sembradores de albas.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá. CXII. Máis ultraístas: Pedro Garfias

  1. Buenos días, Román. Menos mal que tras el ordenador no dejamos traslucir la emoción que sentimos cuando leemos un poema tan bonito como “Azul”.
    Don Justo, un personaje de “Angelina o el honor de un brigadier” diría :
    “Todo a cambiado a mi ver
    desde que el mundo leyó
    a ese Rousseau, o Rusó,
    y a ese Voltaire, o Volter”.
    Saludos desde Palmeira.

    P.D. Ha sido un honor que el otro día repararas en mi presencia. Aunque muy conciso, el saludo ha sido eficaz. Tenía ganas de ponerle cara al dueño de tan magníficos textos. Ya ves lo providente que es la Providencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>