Doroteo Arnáiz, gravador

1442860612605_860_1000_U_245faee37b6eb7a0da6adf14a6c88c7Fidel Vidal. Das experiencias de aprendiz de gravador nunca esquecerei, como unha das máis agradecidas, a de tomar conciencia de que estaba a traballar nun taller. Nun obradoiro no sentido máis prosaico do termo, no que, ademais de elaborar a parte artística, é necesario preparar as pranchas, estender a tinta, pasar a tarlatana, ou mesmo humedecer os papeis para a as primeiras probas e, unha vez rematada a faena, vérmonos na rutineira obriga de recoller, limpar e varrer, quer dicir, arranxar o lugar para o día seguinte. Por iso valoro como un milagre a estampa que nace, limpa e perfectamente encadrada, en cada tirada do tórculo.

Doroteo Arnáiz, madrileño de nacemento e coruñés de adopción, pintor e gravador, vén de doar ao concello da Coruña, unha colección de obras que se expoñen na Sala Municipal do Kiosco Alfonso. A mostra 128+100+16. Doroteo Arániz. Unha doazón, recolle a achega de fondos artísticos que o propio autor, un dos gravadores máis relevantes da segunda metade do século XX, fixo ao Concello da Coruña. Os números da mostra refírense ás 128 estampas, 100 pranchas calcográficas para os cen sonetos e 16 madeiras pintadas.

Durante o percorrido podemos contemplar gravados de pequeno formato, mais non de menor expresión e intensidade, realizadas a punta seca, Mesas e Masas dunha sutil beleza en tintas azul, ocre ou negro. Ou a serie Metro de París, de maior tamaño, repletas de corpos e caras, algunhas delas paseando por Montparnasse, en composicións estilizadas.

Foto: La Voz de Galicia

Foto: La Voz de Galicia

A técnica da punta seca sempre gozou, segundo a miña modesta impresión, dunha espontaneidade e dunha frescura que non percibo noutras apostas.

Augafortes de Parellas (I e II), ou  a  serie dedicada ao percebe, Pollicipes Monte Alto, estruturados nunha restra de dez estampas que van desde unha sinxela augaforte (Estadio I) até a combinación final (Estadio X) de augaforte, augatinta, punta seca e á maneira negra, nun alarde de didáctica mestría en cada chanzo. Na obsesión polo noso exquisito crustáceo, o percebe, Doroteo Arnáiz, expón Pollicipes (Evolución), un conxunto de oco releves en madeira composta e pintada de 16 pezas diferentes.

Non esquecemos as homenaxes que o autor denomina Permutábeis, dedicadas a Goya,  Durero, Vermeer, Rembrand ou Fra Angélico, en alegóricas augatintas. Como tampouco a mostra dun exemplar do libro sobre poemas de Neruda, nunha magnífica edición numerada de 100, con gravados a augaforte e augatinta titulado Cien sonetos de amor de Pablo Neruda.

 

3 comentarios en “Doroteo Arnáiz, gravador

  1. Te cedería mi parte de percebes gustosamente por doble motivo, y la razón principal sería el placer de escucharte, bueno, bueno, te aseguro que sería como una vacanal de los sentidos.
    Me contaba mi padre que cuando era un chaval iba a pescar con un vecino ya mayor, y como se pasaban el día en el mar hacían la comida encima de una piedra o en la isla de Rúa. Al vecino le gustaban mucho los hígados de las fanecas y le decía a mi padre que él no se los comiese que a los chavales le salían “empinxaras”, y se zampaba él doble ración de higadillos. Feito tamén verídico.
    Ahora bailemos con :
    SARA BARAS.

  2. Trabajar en un taller, querido Fidel, sí, es muy agradecido y de agradecer al maestro o maestra que nos educa en la disciplina del oficio. En el taller en el que yo aprendí, también había tarlatana. Se utilizaba en el interior de los abrigos; había también papel para confeccionar los patrones y al final de la faena también barríamos y dejábamos el taller impecable para que al llegar al día siguiente, solamente tuviéramos que enchufar la radio y escuchar tranquilamente las respuestas moralizantes, muy en consonancia con la mentalidad imperante de aquellos años, que nos proporcionaba doña Elena Francis.
    Años más tarde supimos que “doña Elena” era un hombre.
    Siento no estar de acuerdo contigo en referencia al percebe, no me gusta nada y no sabes cuanto lo siento pues, ya veo que para la mayoría es “bocato di cardinale”, para mí es un crustáceo huérfano de encantos, me sabe unicamente a sal.
    Me encantaría poder ver la exposición que recomiendas, seguro que si una persona tan polifacética como tú sugiere su visita, con certeza es digna de ser visitada.
    Besiños palmeiráns, querido y apreciadísimo Fidel.
    ALÍ TOMÓ TILA.
    Yo prefiero un rooibos, es más aromático

    1. Xa sei con quen compartir mesa no caso de haber percebes. Con persoas coma ti, miña querida e atenta Magdalena, especialmente pola conversa. E o mesmo que cos camaróns, disque producen miopía, xa que logo a medida de se comen, vanse vendo máis pequenos. Un mal chiste pero un feito verídico. Un servidor non é afeccionado ás infusións. Saúde e paz de espírito con ou sen valeriana.
      E TI DI TÉ.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>