Chamábanlle Xeneroso

s-l300Marina Losada Vicente. Chamoume a atención a sombra de decepción que debuxaron os seus ollos. Soportou que ninguén dera conta del cun movemento seco de cabeza, coma un tic, que lle fixo mirarse no espello. Pousou a vista na clientela, nas mulleres, tanto nas das mesas como nas da barra. Fun a única que lle sostivo a mirada, pero non o confortou. Dubidou se aínda era o home gallardo que lembraba o forro do seu sombreiro trasnoitado.

Decidín seguilo coa mirada, pendente de cada paso, de cada movemento. Pouco tardou en aceptar o consolo dunha única femia atrapada na estampa da súa persoa. Pouco tardou en recuperar a fachenda coa que entrara pola porta do bar. Dirixiuse a unha repisa que gardaba prensa de varios días. Con parsimonia encamiñouse á barra, fixo o pedido e pousou o periódico, que non chegou a abrir.

Cando saíu do baño, agora sen sombreiro e moi ben peiteado, sentou nun tallo asegurándose de que eu seguía alí. No espello da barra puido comprobar, a cada pouco, que unha muller percorría aquelascostas amplas de máis, falta de cintura que lle dese forma, metida nunha chaqueta a piques de rebentar. Puido sentir o desexo por unhas mans, as súas, suadas baixo o peso dunha roupa que, noutra hora, fora garantía de conquista,.

Levantouse para saudar a unha clienta que entrara. Ela xa caera na conta del, pero sentou dándolle as costas. Mentres falaban, sóubose o centro da miña atención, sentindo en cada poro as miñas caricias. Mostrouse amable e confiado con ela, nun diálogo que só obtivo monosílabos; e xeneroso comigo. A cada pouco, mentres falaban, mirábame. Era a súa maneira de recompensarme.

Chegando á saída, colocou o sombreiro na cabeza, cun ademán máis que repetido. De esguello mirouse no espello da barra. A imaxe conseguiu, vino, un aprobado alto. Mentres a man esquerda asía o pecho da porta, fixo un leve xiro de cabeza cara a min. A man dereita levantou levemente o sombreiro a modo de despedida, nun xesto teatral mil veces ensaiado, xunto cunha chiscadela que deu en formar o único sinal de realidade da noite, agradecéndome un baile do que eu só fun testemuña.

4 comentarios en “Chamábanlle Xeneroso

  1. Sorpréndenme de forma ben grata as vosas lecturas e os vosos apuntes. Dunha historia trazada.con punto e final facedes un punto e seguido ou un sencillo punto e coma. É como se non existisen límites para a narración propia nas vosas mentes. Grazas por “espandirme”
    Boas noites

  2. Marina: Hermosa historia que, en aquel entonces, significaba o eso decían, echarle los tejos el hombre a la mujer. Me refiero a que “sostener” la mirada, hacia quien te miraba, decían daba buenos resultados a la hora de hacer una conquista. En mi época no era posible mantener esa mirada porque tal como nos educaban…, no te atrevías, ni estaba bien visto.
    Hoy, no es necesario lo hagan ellos, ya que son ellas las encargadas de “insinuarse” en muchos aspectos. En esta sociedad en que nos ha tocado vivir…,todo está bien visto o permitido.
    “O xeneroso da túa historia, non creo que abunden hoxe día”.
    Me agrada como escribes, por eso corroboro lo que dice Magdalena respecto a tu dominio del “birome”.
    Desde Palmeira mi recuerdo sincero.

  3. Facer feliz a unha persoa descoñecida. Bailar sen levantarse do asiento. Ser xenerosa e conseguir unha resposta xenerosa. Bicos Magdalena.

  4. Seguramente la protagonista de la historia se percató de las similitudes que había entre ellos, y ambos, tras ese espejo que duplicaba su presencia, demostraron con sus miradas una simpatía evidente, y lo que le atraía de él, era aquella espacie de bondad vulnerable que su porte ofrecía. “Todos los días con el sol renovamos la esperanza” (eso decía Juvenal)
    Bonita historia, Marina. Dominas bien el birome – como le llaman los argentinos –
    Moitos biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>