Culto barbantiño

ruta-barbantinho3-300x278Xosé Manuel Lobato. Admirando foresta e beixando ao sombrizo pedreiro da contorna de Amoeiro, cantaruxa baixiño o Barbantiño.

Orgulloso se amosa este río, no nacente de escaso caudal, mais o seu é un paseo triunfal con marcos ou testemuñas senlleiras delimitando con precisión.

Fervenza ou tamén Cachón, máis coñecido pola segunda denominación, sinala o lindeiro superior, mentres que o inferior son uns pasales pétreos que nos aseguran o traslado dunha a outra marxe, pasadoiro situado na zona coñecida como o Bañiño.

Entre eses dous límites un cúmulo de sensacións, na actualidade difícil de admirar, aquí non é necesario imaxinar o pasado, este amosase exuberante no presente.

Neste acolledor enclave segue zoando o son quebradizo das árbores senlleiras, mesmo a múltiple foresta danzando nun valse salvaxe e inmorredoiro. Mentres pombas, parrulos e garzas bailan un pasodobre enfeitizado nunha cadea xenética de exclusiva pureza.

Moi agradable e satisfactorio mergullarse na zona para inspirar profundo e, gozar dos aires que coroan Trasalba, impregnándose do seu arrecendo de grandeza e coñecemento.

Fermoso imaxinar, mesmo idealizar tanto patrimonio natural e paisaxístico que posúe esta terra de néboas inmortalizadas. Por suposto, nesta natura está a esencia do noso patrimonio histórico.

C:DCIM101GOPROGOPR4584.GPRAs tradicións, a cultura e ese lendario histórico, son o alicerce básico para cimentar o envés desa liña reprodutora do sistema que fomenta consciencias sen memoria.

Aquí están aínda os muíños do relón, dos sacrificios inhumanos, e os pasadeiros arriscados na noitebra de muiñadas. Todas as penalidades nunha lembranza con ar de cantarela, o murmurio constante do Barbantiño, para lembrar que o ideal aínda é posible.

Extasiada realidade que xa non percorre estas morriñentas e saudables ribeiras, na súa expresión máis ampla.

Na conca fluvial do Barbantiño emerxe con naturalidade a visible elegancia da paraxe, unha brillante arrogancia no seu translúcido trouqueleo pétreo co rol de alcabala nese harmonioso trío con flora e fauna.

Emerxe desta natura sinfónica, sons ostentosos, mais aquí soan agarimosos. Graves, agudos e sostidos son engado para os oídos, para interpretar con paixón o que latexa neste atípico corazón.

Un comentario en “Culto barbantiño

  1. Es de agradecer leer esta poética prosa después de pasar por una noche tan aciaga como la de ayer. Si Víctor Hugo contemplase en llamas el hogar que él mismo le asignó a “Quasimodo” solo calmaría en parte su angustia leyendo “Culto barbantiño.
    Querido Lobato, hace unos días quise ver uno de mis lugares predilectos de antaño para avivar e imprimir su belleza en la memoria y lo que pude ver fue una hermosura, no en decadencia, sino en la ruina más absoluta. Qué poco cuidamos nuestro entorno…
    Menos mal que leyéndote, nos elevas el ánimo. Tú eres capaz de convertir con tu prosa, una carretera pródiga en curvas, en un idílico Edén.
    Besiños palmeiráns y más paseos por el diáfano aire del Barbanza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *