O efecto antiplacebo

curandeiro1Francisco Ant. Vidal Blanco. Un dos amigos con quen comparto parladoiro chegou este xoves todo compunxido. Foi facer unhas análises rutineiras e saíulle o indicativo da próstata no límite. Andou toda a semana buscando en Internet e témolo coa moral polo chan, convencido de que o máis leve que lle agarda é a amputación das súas partes virís. E como hai uns días nos tocou falar do placebo, Xulio aproveitou para profundar no seu antónimo por natureza: o efecto antipalacebo, pois se o outro é un absurdo da menciña, a pesar do moito alivio que pode aportar, estoutro ademais de absurdo é nocivo. Aquel é inocuo e estoutro pernicioso.

Tan malvado coma esas páxinas que todo o saben, nada solucionan e nos poñen de mal xorne, é un curandeiro irresponsable e digno de ser denunciado, de quen nos falou outro dos amigos do parladoiro, quen acaba de pasar por un proceso canceríxeno e procurou naquel algo de alivio. O tipo recibiuno na súa consulta expoñendo un amplo currículo de curacións milagrosas baseadas nunha simple dieta que calquera con dous dedos de fronte recoñece inadecuada, e alardeando de ter sacado do pozo da amargura a moitos doentes a quen os médicos desafiuzaran.

Claro está que o meu amigo non seguiu tan arriscados consellos, pero na sala de espera do paisano quedaban tres ou catro parellas agardando a súa vez para curar o que non cura a medicina; porque a inquietude, o desalento ou a falta de perspectivas diante de grandes e graves problemas abócanos a afrontar todo tipo de riscos e é dos desesperados e desafiuzados de quen se aproveitan estes malfeitores.

curandeiroO antiplacebo, ó contrario co placebo, ten como única virtude a de crear enfermidades, unhas veces por fiarse de quen non debemos e outras por imaxinarnos o que non temos. Pero que tire a primeira pedra quen non usou da consulta vía Internet ou non foi a un curandeiro para evitar a lista de espera.

Entrar en calquera buscador e pulsar un síntoma para que nos saia un tipo recomendando unha limpeza de vías renais a base de espárragos, é moito máis común do que se pensa. Tamén, ben certo é que os leigos na terminoloxía médica podemos confundir unha resaca cun tumor cerebral e pedir unha trepanación cando todo se solucionaría cun café negro. Á fin nada disto é novo nin culpa de Internet, pois trinta anos atrás, cando aínda ninguén soñaba coas consultas gratuítas vía informática sen certificación de boa praxe, en todos os fogares tiñamos o libro El médico en casa, por medio do cal cada consulta acababa por contaxiarche máis doenzas das que pensabas, e entón si que estabas mal e necesitabas ir ó médico, pero ó médico de verdade.

2 comentarios en “O efecto antiplacebo

  1. Querido Francisco:
    Si tu artículo me ha arrancado una carcajada, el comentario de Magdalena no se queda atrás.
    Que recuerde, en toda mi vida eché mano de un “albeite” en una sola ocasión (la echaron por mí, porque no tenía edad para tomar tal decisión), para arreglarme un tobillo “escordado” a causa de una cuerda tensada de un lado a otro de la carretera -cuado todavía existían cunetas para ocultarse- por un grupo de chavales capitaneados por Andresito de Josejuan (q.e.p.d.). Se ve que no fue cosa de enjundia; porque, a pesar de que el curandero me recomendó permanecer varios días con la pierna inmovilizada, recuerdo no haber descansado más de una noche.
    Sinceramente: no soy de las que acuden a Internet buscando remedio a sus males… Sufro el síndrome de la bata blanca; y acudir a la consulta de un “manciñeiro”, auque no vista bata, me daría todavía más canguelo… Eso sí: conservo un libro que le compré hace más de cuarenta años a un vendedor al qua nadie compraba. Se llama “La Botica de la Abuela” y tiene las mismas recetas caseras que nos aplicaba la mía, según la dolencia que nos aquejase: cataplasmas de miel y cebolla, para los catarros; hojas de sen, para el estreñimiento; zumo de cáscara de huevo y limón para reponer el calcio; infusión de laminillas de nuez, para fortalecer el corazón… Hasta afrodisíacos caseros trae el libro…
    Y ya que tu artículo me ha hecho recordar un manual al que no acudía desde hace años y soy poco amiga de antiinflamatorios, voy a mirar si encuentro algún paliativo que mitigue el dolor de mi osamenta con el que me he despertado esta mañana.
    Felices Pascuas de Resurrección.

  2. Me estoy riendo, querido palmeirán, porque me estoy acordando de cuando mi abuela me llevó “o Corpiño” por lo endeble o enclenque que fue siempre mi carcasa ósea juntamente con sus internos órganos. Me acuerdo que el cura aspergía hisopazos de agua bendita sobre mi vulnerable esqueleto mientras recitaba solemnemente sus latines . Mi estructura externa y mi salud no mejoraron después de cristianar nuevamente mi ser, y todo quedó en aguachirle.
    Pero, aquí estoy haciendo caso de aquel refrán que dice : “Vai corre corre, e queda morre morre”.
    No me explico como las autoridades competentes no indagan más sobre lo que hacen los curanderos, a pesar de su nombre, no curan a nadie.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *