Leonardo da Vinci e as boas maneiras

191006Fidel Vidal. Despois de 500 anos da morte de “Il Genio”, en Trani, no Palazzo Beltrani, de abril a xuño, expóñense 40 obras inéditas nunca realizadas até o de agora. Anúnciao un titular do xornal La Stampa (07-04-2019) asinado por Fulvio Cerutti: “Exhibición en Trani do xenio Leonardo: 500 anos de marabillas entre arte, ciencia e filosofía”. O autor das pezas que se amosan nesa vila mariñeira da Apulia italiana asentada á beira do Adriático, é un enxeñeiro de Salento, Giuseppe Manisco, “que se aventurou na empresa, despois de ler As máquinas de Leonardo da Vinci, de Marco Cianchi”. A maioría delas a tamaño real, non a escala, construídas “exactamente tal como as deseñara Leonardo (a partir dos debuxos dos seus escritos recompilados dos Códigos, incluído o Código Atlántico), mesmo coas técnicas da súa época, incluída a da forxa”.

Como unha cousa leva a outra, aí me vedes contemplando a que supuxo unha novidade para min: As notas de cociña do xenial autor da Gioconda. Falando de cociña lembramos que os pitagóricos, ademais da carne, tiñan prohibido a inxestión de fabas, como seica antes os exipcios tamén se abstiñan de comer este legume. “Desgraciados aqueles aos que se lles ocorra poñer as mans sobre as fabas!”, dicía Pitágoras. Os motivos de rexeitar as fabas parece ter varias e, dada a importancia do sabio presocrático do teorema, moi sorprendentes interpretacións.

Nesta ocasión non imos tratar de prohibicións de determinados alimentos senón dos modos e boas maneiras de estar á mesa para comelos con bo proveito. Das devanditas “Notas de cociña de Leonardo da Vinci”, ademais de tirarmos un catálogo de ideas para novas e estrambóticas máquinas aínda non deseñadas –como exemplos están a de desplumar parrulos, unha de amasar, outra máis para moer porcos ou a especial de prensar ovellas-, Leonardo-Da-Vincio que subliñamos como moi chocante e sobresaínte das “Notas”, é o listado referido aos hábitos indecorosos ou de mala educación que se deben evitar na mesa. Non me resisto a apuntar os seguintes:

-Non poñer a perna enriba da mesa.

-Non sentar debaixo da mesa.

-Non limpar o coitelo na roupa dos veciños.

-Non tomar a comida da mesa e gardala para máis tarde.

-Non cuspir.

-Non emitir bufidos nin dar cotenadas.

-Non pór os ollos en branco nin caras horribles.

-Non conspirar na mesa.

-Non facer chistes obscenos se hai damas presentes.

-Non facer insinuacións impúdicas aos paxes nin xogar cos seus corpos.

-Non prender lume a un compañeiro de mesa.

-Se vas vomitar, debes abandonar a mesa.

De colleita propia engadaría estoutra recomendación:

-Non lanzar boliñas de miolo de pan ao resto dos comensais (por non mencionar os perigos dos anacos de codia).

Amén.

 

5 comentarios en “Leonardo da Vinci e as boas maneiras

  1. Fidel: Estoy pensando que tú tienes más ajo-digo ojo- para los temas culinarios que yo. Ya ves, una se había olvidado del ajo; será por lo poco que lo utilizo últimamente. Cierto que los efectos que se le atribuyen sobre la salud, son superiores a la cebolla; pero yo me refería, a esta, por su aroma vía anal.

    Mi historia estaba basada en una conversación que había escuchado- cuando era niña- a una señora, comentándole a sus vecinas, sobre sus efectos aromáticos, una vez ingerida. No era otra cosa.
    Sigo disfrutando de esta hermosa tierra de Palmeira, con una leve sonrisa, y el “aroma” a mar.

  2. Querido Fidel: Después de leerte, no puedo menos que aportar mi granito de arena. Me he reído con tu “Leonardo da Vinci e as boas maneiras”.

    Las buenas maneras, a la hora de estar en la mesa comiendo con alguien, se notan a la primera de cambio. Y ya no son las que enumera el gran Leonardo, sino otras muchas que no son menos importantes. Dicen que el señor o persona educada, se nota en la mesa de comer, y en la del juego.

    Lo del “palillo”es otro cantar. Hay quien, discretamente lo tapa, haciendo una especie de visera con la otra mano, para que no se le vea hurgar entre los dientes, pero aun así… ¿Y qué me dices de los que revuelven y muerden el palillo de un lado a otro de ambos carrillos? Desde mi punto de vista “insano”, por la serie de gérmenes que están expandiendo a los que tienen al lado.

    Respecto a las habas es algo que todos conocemos, por ello no voy a extenderme sobre el tema.- También lo decían de la cebolla.- ¡Menudo tubérculo después de ingerido!- “Por iso lembro agora, unha muller na aldea que, ao poñer ao home peixe cocido con patacas, díxolle que cociñase cebolas pequenas que lle gustaban máis que as patacas.- Cando o escoitou, dixo rindo: “entón non haberá ninguén que se achegue a ti”.

    Mi único deseo ha sido, arrancaros una sonrisa. No, como la de la Gioconda porque su sonrisa es muy especial; pues por mucho que la miremos, puede resultar triste, sonriente e incluso enigmática. Pienso que el secreto del cambio de humor, del retrato de La Mona Lisa, depende en como la miremos nosotros.

    Y así de Lisa, pero no tan Mona, me retiro enviándote un cariñoso abrazo desde mi querida Palmeira.

    P/D: Disculpa mi deficiente gallego. Gracias.

    1. Os que teñen peor sona cara ao alento que poden deixar -non así polos múltiples efectos beneficiosos que se lle adxudican-, son os allos, bastante máis que as cebolas, querida Naty. De aí que a muller do teu conto pode quedar tranquila, ou non, se por comer cebolas pensa que ninguén se vai achegar ao seu home. Un sorriso produce tantos ou mellores efectos terapaéuticos que moitos remedios da farmacia.
      Saúde e que continúes gozando da túa (a nosa) querida Palmeira.

  3. Buenos días, querido Fidel:
    Después del aciago día de ayer para el pueblo palmeirán y aunque mi red nerviosa se encuentra todavía sacudida pegando una rodilla contra la otra, antes de salir, quiero dejarte mi cariñoso saludo con el pretexto de contestar a vuestras magníficas entradas.
    En primer lugar, decirte que Leonardo da Vinci es uno de mis héroes. Y pensar que he estado a las puertas del Louvre y por falta de tiempo no he podido cumplir con uno de mis grandes deseos… el de poder admirar ese pequeño gran retrato de Lisa Gherardini.
    Pasando a esos hábitos indecorosos y tan peculiares dignos de Leonardo, que se deben evitar en la mesa, ( por cierto el de tu cosecha también es muy bueno y real ) yo también quiero aportar uno que me parece horroroso: el del palillo. Ese de la higiene que algunos llevan a cabo en la sobremesa hurgando entre molares y caninos y a la vez van degustando su copita de orujo con la que ayudan a completar su profilaxis dental.
    Quiero hacer mención también a las habas. Yo no soy de platos de cuchara, por tanto, a las habas y garbanzos, por varias razones, los pondría en mi “libreta de agravios”.
    Me marcho, Padrón me espera. Voy a buscar entre otras cosas: LA COL LOCAL. La que cultivan los AgrIcUltOrEs padronenses.
    Besiños palmeiráns, queridísimo Fidel.

    1. Si que foi unha mágoa que non puideras entrar no Louvre para contemplar a fermosa obra de Leonardo. O sorriso da Gioconda está na mirada, nos ollos.
      Concordo contigo no dos “palillos”. Cando iso sucede diante miña, procuro mirar para outro lado. Non o soporto.
      Saúde e boas feiras como a de Padrón.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *