Osorio Anes: Un trobador para Lousame

Osorio-Eanes-Cuidei-eu-d-meu-BNPastor Rodríguez. Osoiro Anes é un dos poetas máis antigos da poesía galega e, sen dúbida, o máis antigo do Barbanza. Fillo de Johan Froaiz Mariño, que fixo testamento en Toxosoutos en 1220, e de Urraca Fernández, pertencía á poderosa liñaxe dos Mariño, con terras na ría de Arousa e na bisbarra de Noia. Crese que naceu en Toxosoutos entre 1195 e 1200, fixo testamento o 15 de abril de 1236 e pouco despois faleceu. Sábese tamén que foi estudante en París, onde se atopaba en 1220, e logo sería cóengo en Compostela. Trobador e non xograr, activo no primeiro terzo do século XIII, do que conservamos oito cantigas de amor, o xénero do lirismo trobadoresco galego-portugués máis próximo á tradición provenzal. Destas, só unha ten refrán, pois as outras son de mestría. Armando Cotarelo Valledor publicou no Madrid de 1933 o traballo Los hermanos Eans Mariño, poetas gallegos del siglo XIII, que aparecera antes no boletín da Academia Española e no que editaba tamén textos de Martín e Pero Anes Mariño, aos que cría irmáns de Osoiro, tese que hoxe negan os especialistas. Das súas cantigas, a segunda e a sexta só se conservan fragmentarias; as máis apreciadas hoxe son a terceira («E por que me desamades, / ai mellor das que eu sei?»), e tamén a primeira («Cuidei eu de meu coraçón…»), que presenta un tema excepcional no xénero da cantiga de amor, o da muller «en cabelos dizend’o son». Aparece na Chrestomatía Arcaica de José Joaquim Nunes (1906), e nas antoloxías de Gonçalves e Ramos en 1983 e na de Ferreiro e Martínez Pereiro en 1996.

Un comentario en “Osorio Anes: Un trobador para Lousame

  1. Buenas tardes, Pastor:
    Estos días los de Palmeira nos encontramos ahítos de escuchar la familiar campana que suele llamarnos para respetar el día de descanso. En lugar de eso, nos reúne para darnos malas nuevas. Hoy hemos ido nuevamente acompañar con cariño a alguien que ha perdido una parte del suyo. Este es el motivo por el que acabo de leerte aún ahora. Por falta material de tiempo, te mando estas líneas aunque solo sea para desearte feliz noche y decirte que escribas con más frecuencia.
    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *