Galicia e os galegos na poesía castelá CXVI. Luis de Tapia

220px-Luis_de_Tapia,_por_SanchaRomán Arén. A guerra civil española produciu ríos de tinta en moitas linguas (galego, euskera, catalán, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, alemán, finés, ruso…) e en moitos xéneros literarios (poesía, narrativa, teatro, biografía, memorias, cine). Houbo entre os autores, escritores de primeiro nivel e moi famosos (Hemingway, Camus, Malraux, Claudel, Dos Pssos, Faulkner, Woolf, Yeats, Sartre, Tzara, Aragon, Auden, Bernanos…), e outros menos coñecidos, franquistas, prorrepublicanos e independentes, mais tamén centos de textos anónimos e de autores “espontáneos”.

Luis de Tapia, nacido en Madrid en 1871, foi poeta humorístico e satírico moi famoso dende comezos do século XX ata a guerra civil, etapa na que faleceu en Valencia en 1937, coa razón perdida por mor da loita. Sempre coa esquerda, fora deputado republicano independente nas Cortes Constituíntes de 1831, pero non quixo ocupar cargos políticos. Avogado, secretario do Ateneo madrileño, amigo de Galdós, publicou obras satíricas en prosa e poemarios como Bombones y caramelos (1911), Coplas (1914), 50 coplas (1933) e mesmo teatro para nenos: Matemos al lobo (1922).

220px-Luis_de_Tapia,_de_CompañyTivo moita presenza na prensa republicana na guerra civil e cita, negativamente a Franco varias veces. Por exemplo, no texto “¡En pie!”, que publicou logo en 30 coplas del día (1936), sae en defensa da Pasionaria, e ataca a Franco no remate do poema:

¡Franco, entonces, será/quien se arrodillará,/pidiéndonos perdón!

Xoga coa frase “Antes morir de pie que vivir de rodillas”, que se atribuíu a Dolores Ibárruri. Rexeita Tapia:

¡Vivir bajo tutelas/de mílites pandillas/con sable y con espuelas,/es vivir de rodillas!…

¡Aguantar las tonsuras/de sucias coronillas,/sometido a los curas,/es vivir de rodillas!…

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXVI. Luis de Tapia

  1. Querido Román; acuérdate que ya don Miguel de Unamuno adjetivó a la Guerra Civil como guerra incivil. Triste etapa aquella, porque todas las Guerras Civiles están irremisiblemente perdidas, como decía Ramón J. Sender.
    De hinojos, sólo los creyentes ante Dios.
    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>