Rafael Dieste por Luís Rei Núñez

descargaX. Ricardo Losada. Non recordo quen dixo que unha boa biografía debería reproducir e dramatizar un proceso que nos é familiar a todos, e conseguir que vexamos o ser do protagonista como un todo, en toda a súa frescura e esencia. É a sensación que teño nada máis rematar de ler Rafael Dieste. O libre pensamento do escritor Luís Rei Núñez. É certo que non hai unha visión nova, nin novidades substanciais, sobre a vida ou a obra do autor de Historias e invenciones de Félix Muriel, pero si moitos datos e documentos inéditos que dan consistencia a ese retrato que Rei Núñez leva elaborando desde hai case corenta anos.

      Porque un dos grandes acertos do libro é, ao meu entender, tanto o lugar desde o que o autor escribe como a voz que escolle para ditar o escrito. É a marabillosa voz dun estudante de 20 anos chamado Luís Rei Núñez que vai pedirlle a un vello e case esquecido Rafael Dieste que oficie como auctoritas na presentación do primeiro número dunha revista literaria, e se atopa coa mellor disposición do rianxeiro, unha disposición que dá lugar de inmediato a unha sincera amizade e a unha vizosa mestría, sempre sazonadas polo don único de Dieste para o diálogo (en monólogo) lírico-filosófico sobre todo tipo de temas pois, como moi ben demostra esta biografía, estamos ante quen, sen dúbida, é o espírito máis renacentista e ilustrado da cultura galega, nesa sorprendente e fértil combinación temática que vai da poesía á matemática, da música (el mesmo tocaba o piano) aos monicreques. Que gran acerto de Rei Núñez colocar esta cita do Félix Muriel ao comezo do libro: “Cada hombre es el Hombre”. Nesa frase, que é como o fío musical clásico que acompaña toda esta biografía (porque o foi da vida do autor, como aquí queda patentemente demostrado), está todo o labor intelectual, político, ético e estético de Dieste, que percorre case todo o século XX (1898-1981), nomeadamente a infancia en Rianxo, a formación en Santiago e Vigo, a profesión de xornalista, a participación nas Misións Pedagóxicas da República, a Guerra Civil, o II Congrego Internacional de Escritores para a defensa da Cultura, con todas as inxustizas que tipo que padecer e que sempre levou, como cifra do conxunto, que diría el, cunha gran enteireza moral, o campo de concentración francés, o exilio, o traballo nunha editorial arxentina, a ensinanza mexicana ou británica,  e o reencontro coa España franquista e a Galicia da transición, sempre coa mirada, quizais demasiado entregada desde o punto de vista actual, pero sempre motivadora, de Carmen Muñoz.

 GA26P37F1_125850     É certo que esa voz case xuvenil dá unha visión quizais un pouco idealizada de Dieste (sen ser, desde logo, haxiográfica), pero, neste caso, a un lector coma min, propenso á desmitificación, non lle molesta. Ao contrario, agradézoa. E agradézoa por dúas razóns. A primeira, que Rei Núñez non opta por unha biografía psicoloxista, que é a perspectiva desde a que, ao meu entender, a figura de Dieste pode amosar algunhas fisuras. A segunda, que esas fisuras en ningún caso diminuirían un ápice a frescura e a esencia persoal e literaria do autor rianxeiro. Mesmo agradezo, nun caso como o que nos ocupa, que Rei Núñez non entre en cuestións como esa que insinúa María Xosé Queizán na súa autobiografía (que Rafael Dieste era homosexual), ou que opte por implicarse persoal e ideoloxicamente no narrado. Sabedor de que xa nunca coñeceremos o Rafael Dieste real (sobre todo –léase con atención a súa obra-, porque hai moitos Rafael Dieste), o meu interese neste libro non era ler unha desas biografías canónicas que intentan matar por segunda vez o biografado, senón saber cal é o Rafael Dieste dun Rei Núñez (mesmo se o domina o síndrome de Estocolmo ao que se expón todo biógrafo) que tivo o privilexio de coñecelo, e ao que lle agradezo que me axudase a perfilar un  Rafael Dieste, o meu, que, por suposto, ten algunhas diferenzas  co seu, pero, desde logo, e en todo caso, moitísimas máis coincidencias.   

4 comentarios en “Rafael Dieste por Luís Rei Núñez

  1. Prezada Magdalena:

    1- Respecto á señora do concello de Resquizo, non descartes nada. Nin sequera que acabes sendo concelleira. NOn viría mal un pouco de sentido común lector na política.
    2- NOn sei se ler aumenta os anos por vivir, pero fainos máis intensos, non che parece? Borges dicía que lera máis que vivira. NUnca me gustou esa frase. Dá a impresión falsa de que ler non é vivir.
    3- Se eu escribise unha biografía de Dieste, entraría nese tipo de detalles (como entrei na de Manuel Antonio). Pero coa voz que usa Rei Núñez, agradecín que non o fixese.
    Agardo que sigas conversando, mesmo por deber.
    APertas

  2. Para mí, escribir siempre es un placer, pero hay días que una tiene la mente más embotada que otros; ayer ha sido uno de ellos.
    El tema, tratándose de don Rafael Dieste, siempre interesa, y conversar con el interlocutor, siempre es muy satisfactorio y nunca lo consideraré un deber.
    “O libre pensamento”, otro libro anotado en la libreta de “Libros recomendados”. Algunos tendré que leerlos cuando mi alma transmigre para otro cuerpo porque de lo contrario tendría que llegar a la edad de la señora do Concello de Rasquizo y con las ansias de leer como hasta ahora, porque de momento, leo con tanta avidez, que por saltar, no me salto ni el prefacio que lleva al contenido esencial.
    Lo que cuenta María José Queizán, tampoco tiene por qué sorprendernos, cada cual es cada quien, por eso no dejaría de ser ese auctotitas intelectual como lo ha sido Dieste.
    Eric Bethe, se atrevió a romper el tabú al comentar en un artículo en 1909 de que Platón y Aristóteles y otras veneradas figuras de la filosofía pudieron ser pederastas. Se acuñó entonces la expresión eufemística “amor dorio” para aludir a las relaciones entre personas del mismo sexo. Los guerreros dorios – explicaba – tutelaban la formación militar de los jóvenes reclutas a cambio de favores sexuales, y cuenta que en Creta, el propio Estado la regulaba y toleraba para evitar la superpoblación de una isla que disponía de limitados recursos.
    Jamás estaré a favor de la pederastia, pero, de la homosexualidad, cada uno que haga con su cuerpo lo que le venga en gana. Siempre he tenido amigos gays y son estupendos. Nunca dejaré de ver con los mismos ojos a Rafael Dieste si María José Queizán tuviera razón.
    Un placer querido profesor.
    Besiños palmeiráns.

  3. Benquerida Magdalena:

    No mundo virtual pasa o mesmo que no real. Ás veces un non ten ganas de conversar. Porque está cansado, porque non lle interesa o tema, porque o interloculor está en modo elevado… O importante é que a conversa sexa un pracer, non un deber.

    Apertas rianxeiras

  4. Querido profesor:
    Hoy estoy muy cansada. Acabo de sentarme ante el ordenador, – aún no había podido hacerlo en todo el santo día – no sé si es debido al cansancio o al espacio vacío que hoy ocupa mi mente, que soy incapaz de razonar sobre lo que cuentas sobre la autoridad intelectual que era don Rafael. Pero como no me gusta irme a descansar sin mandarte por lo menos un saludo junto con un abrazo periférico, (siempre con el permiso de Eva ) y al no poder conseguir las pautas de poder contestarte, me apropio de la frase de William y te diré que, “el resto es silencio”
    Buenas noches, profesor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>