Unha regata de tolos (II). O destino

goldenFidel Vidal. O mundo do mar non está libre de supersticións; lembremos a clásica de non elevar áncoras en venres (no noso ámbito o día de mal agoiro é o martes, “non te cases nin te embarques”), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non é aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite asubiar, a menos que desexes ser apisoado por unha calma chicha. Contra os malos presaxios están os amuletos: as restras de allos son os de maior uso e, especializados en amainar temporais, nada mellor que unha prenda de roupa interior feminina colgada do mastro maior.

Para emprenderen a aventura os ousados mariños da Golden Globe buscaron empresas que os subvencionaran, a maioría con editoriais, estas co obxecto de publicaren a épica mariña arredor do mundo do seu patrocinado. Ademais de Bernard Moitessier, Robin Knox-Johnston e Donald Crowhurst, estaban John Ridway, un capitán do Exército que en 1966 cruzou o Atlántico a remo canda o sarxento Chay Blyth. Despois vén Bill Kingde 57 anos, o maior de todos, comandante de submarinos igual que Nigel Tetley quen acabaría suicidándose anos máis tarde. Loïk Fougeron e o italiano Alex Corozzo completaban a nómina de participantes.

Carozzo, ao pouco do percorrido vomita sangue e axiña ten que ser remolcado até Oporto onde ingresou de urxencia por unha hemorraxia dixestiva. John Ridgway, un home que non lle chistaba nada o mar, foi o primeiro en tomar a saída. Para el só supuña unha proba de resistencia, un reto na medida en que outros foron quen de se atreveren  nunha travesía a remo. Ridgway abandonou a proba despois de mes e medio por culpa dunha avaría en Recife. “O futuro”, apunta no seu diario, “preséntaseme baleiro”. Abatido, nun momento de gran soidade e desesperación escribe: “incluso ocorréuseme a idea de pasar un ano descansando ao sol e despois volver a casa dicindo que dei a volta ao mundo”.

3379img4Chaif Blyth, o benxamín do grupo, con 27 anos, por ser o menor talvez o máis ousado do grupo, o día da partida o sorprendente era que aínda non sabía navegar a vela: “Era a miña viaxe de descubrimento, e o que máis desexaba era descubrirme a min mesmo”. Abandonou aceptando que o seu barco non era o axeitado para tan arriscado periplo e ademais, por último, segundo propia confesión, “carecía de sentido estar onde estaba”.

Nigel Tetley, ao ler na prensa a posta en marcha dunha nova “volta ao mundo sen escalas”, de súpeto, como quen asume unha promesa non pronunciada, decide participar. Patrocinado por unha casa discográfica, no Victress escoita música clásica (Sibelius, Häendel, Saint-Saëns) que lle dá “paz de espírito”. Mais, contra o que poderíamos pensar, non así o mar en calma: “O mar en calma e sen vento é un dos peores pesadelos para un mariñeiro. Case peor que ningún temporal, que polo menos proporciona unha boa dose de actividade física e mental” (Unha regata de tolos, Peter Nichols, 2009, p. 200). Coincidindo co Nadal, Tetley tomou unha copiña de xerez e escoitou unha cinta de panxoliñas. A mesa da cabina decorouna “con dúas ou tres laranxas. Algunhas uvas e doces” (Ibd.. p. 217). Para este home resultou que, estando xa libre do duro océano e de loitar coas xigantescas ondas, lonxe do mar e moi preto da casa, nun lugar onde ninguén sentiría medo de andar por el, próximo a Dover, o depresivo Tetley apareceu colgado dunha árbore.

2 comentarios en “Unha regata de tolos (II). O destino

  1. Después de llegar de la tierra de Rosalía y antes de salir para mi cotidiano paseo, quiero saludarte con todo el cariño que te mereces, querido Fidel y decirte que desconocía por completo todas esas curiosas supersticiones que enumeras. La de llevar una cabeza de ajos en el bolsillo o una castaña pilonga, creo que ya es ( o era, ahora creo que ya se vería muy retrógrado ) sobradamente conocida, pero lo de levar anclas los viernes, meter mujeres en el barco, silbar o mencionar a los secretarios de Dios, ya resulta el colmo del absurdo, pero bueno, antes también se paseaba la Santa Compaña con nocturnidad y alevosía por nuestros barrios, y creo que incluso algún vecino la acompañaba incluyendo al orco como miembro del cortejo, y la credibilidad no brillaba por su ausencia, era patente.
    Nunca pensé que la “calma chicha” fuese una enemiga contumaz del marino, pero ya veo que sí. El pobre de Tetley a pesar del jerez y los villancicos se encontró más solo que una boya a la deriva y cortó amarras con el pasado y antes de despedirse seguro que lloró en cantidades navegables.
    Me marcho para caminar, querido Fidel, pero no sin antes decirte que he disfrutado con tu entrada, la mar de bien.
    Besiños palmeiráns. Voy a ver como
    LAVAN ESA BASE NAVAL junto al rIAchUElO.

    1. Habería que recoller, querida e atenta Magdalena, as supersticións e mesmo os ditos que sobre o mar ou os malos agoiros que se dan a bordo. Seguro que cada porto, mesmo diría cada barco, ten os seus.
      E TI O NAVIO NA NOIVA NOITE, no EstUArIO

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *