Unha regata de tolos (III). O mal presaxio

565e10b9c3c4d8d5c9cfa2dba1cfddddFidel Vidal. Unha das supersticións do mundo mariñeiro vai asociado ao nome e á cerimonia do bautismo do barco. Na ría de Arousa a maior parte das dornas varadas na praia lucían e locen un nome de muller, sobre todo o da esposa. Non é de bo agoiro que a embarcación se chame “Raio” ou “Vendaval”, xa que logo semella que os estamos a incitar ou a chamar por eles. Como tampouco é bo sinal que no bautizo non rompa a botella que se lanza sobre o costado. Así aconteceu co trimarán Teignmouth Electron que ía gobernar Donald Crowhurst. Na botadura do barco –talvez por esquecer o antídoto en forma de moedas de prata colocadas na quilla, ou por non levar consigo no peto un allo macho-, foi signo de mal presaxio cando a botella de champaña lanzado contra o casco non escachou.

Donald Crowhurst, un experto electrónico de 36 anos de idade, inventor do Navicatur, un radiogoniómetro, o seu barco ía armado cun adrizamento automático. Desorganizado, antes de pórse en marcha, estaba inquedo e nervioso, e non quería saír ao mar: “Todo vai mal”, dicía, “non me vexo preparado”. 4218389843_37fa37612c_bCon todo ese lastre interior, como unha das súas maiores ilusións era ser incluído dentro dos “veteranos do cabo de Hornos”, foi por iso que partiu: por aparecer ao lado de Knox e de Tetley. Esa era a gloria pola que devecía Crowhurst, á que sempre aspirou: escribir o seu nome á par dos de Knox-Johnston e Tetley (Unha regata de tolos, Peter Nichols, 2009, p.283).

Mais sabendo da imposibilidade de completar a volta seguiu navegando para non regresar tan decontado véndose “incapaz de dar a cara na casa”. E navegou nunha viaxe imaxinaria arredor do mundo en forma de “circos no Océano Atlántico.” Simplemente transmitiu informes de posicións falsas. Un engano para a súa propia mente. Deprimido, Crowhurst chegou berrar enfrontándose e pregando cara ao mar: “Ondas! Levade convosco a miña melancolía” (p. 204) Non deixou de sinalar datos falsos no seu traxecto. Ante circunstancias tan desagradables por deshonestas para un mariñeiro, entráronlle sentimentos de culpa e suponse que se suicidou chimpándose pola borda. Foi unha das vítimas, para o Sumday Times a vítima, da Golden Globe.

4812B52F00000578-0-image-a-11_1515805745527Donald Crowhurst durante a navegación lía a Teoría especial e xeral da relatividade de Einstein e escribía como un posuído cousas como estas: “A chegada de cada parasito aporta un incremento no ritmo do drama” (p. 287) De tal xeito acusaba o que semellaban brotes psicóticos, que anotaba minutos e segundos: “11:15 00 Esta é a fin da miña viaxe; a verdade foi revelada e farase como a miña familia me diga que se faga”. “11: 17 00 É hora de que fagas unha xogada para empeorares. Non necesito prolongar o xogo. Abandono o xogo 11 20 40 Non hai razón para a dor”. Era a última folla do diario, sen espazo para máis nada, e o tempo corría. (p. 292) O trimarán Teingmouth Electron apareceu á deriva sen o patrón Crowhurst a bordo. O seu engano estivo en que “nunca saíra do Atlántico”. Velaquí o resume: engano, loucura e presunto suicidio.

2 comentarios en “Unha regata de tolos (III). O mal presaxio

  1. Moita grazas, querida Magdalena. Non é a úlima senón a penúltima achega, Coido que falta a mellor parte. ABREVA A VERBA
    Saúde e bicos.

  2. Ayer, alentados por la jornada del descanso dominical nos pasamos la mañana fuera de Palmeira con unos amigos. Por la tarde me fui hasta el puerto y precisamente me fijé en los nombres de algunas de las dornas que estaban amarradas dentro del muelle, varias con nombres femeninos. Recordé otras de antaño llamadas, “Ibis”, “Pequerrechiña”, “Amalia”, y otra, seguramente, de algún “galenglish-pameirán” que la había bautizado con el nombre de ” “yes all right”.
    Me imagino que conocerás la historia de aquél que quiso bautizar a la suya con un nombre irreverente y el cura trató de disuadirlo. Si no la conoces dímelo que te lo cuento en la próxima.
    Es una pena que éste sea el último episodio de “Unha regata de tolos”. Me ha gustado mucho. Bueno, pronto nos compensarás con otra igual de buena.
    Besiños palmeiráns.
    ELBA CORTÓ ESE OTRO CABLE. Elba era bIElOrrUsA.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *