Centenarios

247da576a1c5e3422d038f6fd82bbdc9Xosé Manuel Lobato. Afectos do ar e do voar, belotas que no escuro sixilo abandonan á grande matricial ramificada nunha odisea de incógnitas varias, nese intre en que o beixo constante no vento adquire garbo e brío para con donaire despedir a esa landra inofensiva que parte na procura de terreo descoñecido.

Mais instinto, supervivencia e impulso innato de calquera ser vivo para que a súa especie perdure, e se implique nesa liorta atemporal na que permanecer arraigado a súa celme.

Nobreza e dignidade nunha especie familiar e coñecida por estes lares, de pura cerne e categoría de caducidade renovada, árbores senlleiras que aman nesta e a esta terra de Requiario, monarca de séquito trasgo.

Calquera tradución lectora ten esa esencia única de exclusividade, do arraigo compartido por unha terra nai, nese relato encontramos o grande apego de Galicia coas súas carballeiras, un sentir recíproco das devesas pola nai humus.

Carballal de asubíos, rechouchíos, axexos, trasgadas,… nesas touzas de nostalxia mesturada, dunha retranca solidificada nos escasos centenarios que aínda logran sobrevivir á queima, no seu máis grande e diverso espectro de actuacións destrutivas.

Numeroso cádavo de carballo inocente e inofensivo na nosa exterminadora fábula de anécdotas sen par. Porén, no bagullar e carpir, non asenta o impulso necesario para vivir e xerminar con renovadas enerxías.

IMGP0918Son exemplo de supervivencia un grande tridium de gloriosa permanencia, mais coroado por esas doas esplendorosas de outros numerosos centenarios de nobreza sen par e arrecendo singular.

Carballo de Cerracín, unha exclusividade de Friol, os rumorosos da contorna engarzando xeración a xeración, sitúan a idade deste vello amigo en máis de dez vitais séculos. Unha alfaia digna de protección e máxima admiración.

Carballa dos Milagres, árbore afecto coa escoita de divinas verbas mentres observa convulsivos rituais. Situado no monte Medo, admira en toda a súa amplitude a maxestosa serra de San Mamede.

Preto do río Búbal, encontrase un fenómeno voluminoso e de impresionante contorna, o carballo de Herdeiro goza da compañía dunha numerosa saga familiar, personificados descendes directos que admiran e veneran a tan eminente compadre.

Un comentario en “Centenarios

  1. “El mundo es en sí mismo hermoso y es hermoso mirarlo, pero más hermoso es verlo como lo ven los poetas” ( Goethe )

    Gracias, José Manuel por tu lírica. Una pena no oír recitar con tu voz “Centenarios”.

    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>