Historias para viaxar no espazo-tempo

978849489668Carmen de Milmanda. Hai quen sementa ventos e recolle treboadas. Antón Riveiro Coello animounos a sementarmos verbos e colleitarmos historias. Historias de cando a luz eléctrica non exterminara a Santa Compaña. Historias de crimes e de medo, de dopelgängers cobizosos e de vidas e mares contaminados por moitos puñados de euros. Historias de crítica social, rapaces que non entenden un non, mulleres que viven sen un si, e seres fermosos que deberían ter nacido gatos. Historias, mesmo traxedias, nas que resiste o humor como valado ao que arrimarse. Historias que saben a prólogo ou que revelan o latexo do corazón dos autores tralo son das teclas das máquinas de escribir. Historias nas que o pasado determina o futuro e o futuro o pasado. Historias de persoas que queren volver porque non marcharon. Historias que destacan o poder da palabra para ferir, para acusar; pero tamén para amar ou para destapar a verdade. Historias da Galicia que emigrou e da que ficou. Historias que fixeron noite en casas de ladrillo visto e que amenceron noutra dimensión.

Liñas compartidas proba o valor da biodiversidade no planeta literario. E se os libros son un xeito marabilloso de viaxar no espazo-tempo, este é un catálogo que envexaría unha axencia de viaxes que se prece.

«Liñas compartidas»

Varios autores

Editorial Toxosoutos (2019)

440 páxinas

2 comentarios en “Historias para viaxar no espazo-tempo

  1. Graciñas pola benvida.
    A lectura é unha acción que elixe a complicidade

    Grazas tamén a Antón por deixarme sentar a esta mesa e departir cos que aquí veñen a deixar unhas falas.

  2. Recibir a gente nueva es una delicia: Bienvenida Carmen.

    Cuando alguien habla así de un libro y es adicta a la lectura, siempre estoy predispuesta a pensar bien de esa persona, porque el hábito de leer, es el de los que saben ocuparse de algo útil.

    Un abrazo palmeirán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>