Compras de proximidade

1957e7b484d5a27Marina Losada Vicente. De non picarme os ollos quedarían no esquecemento, ese río que me inunda acotío. As gotas non estaban no bolso que usara o día anterior, o máis grande que teño. Non collín del un pano da man que propiciara que o frasco me caera ou me estorbase e o metera no peto do gabán, onde tamén busquei. Nin sequera saquei as chaves, a neta estaba na casa. Repasei os pasos que dera desde que saín da óptica. Vin para a casa sen facer parada algunha. Fora alí para recoller as lentes, queixeime de sequidade e Tareixa recomendoume unhas gotas. Pois a memoria, teimuda, da que tamén me queixei na óptica, non sabía do frasco. Despois de moito buscar, decidín que me quedara no mostrador. Non tendo outra cousa que mercar, collín un bolso pequeno e enfilei os meus pés cara á tenda.

No camiño fun pensando no que me ía dicir. Cabía a posibilidade de que recollera a caixa entre outras mercadorías do mostrador, sen caer na conta de que estaba vendida. Sendo así, podería pensar que a enganaba, que quería aproveitarme dun descoido que non o fora. Estaba certa de que me quedara alí, coa casa patas para arriba de tanto buscar, pero a cabeza… e si levou a caixa o home que quedaba pagando?

Pensei en dar volta, pero xa tiña a porta ao alcance da man. Facer un movemento brusco, un cambio de dirección de cento oitenta graos, non tiña xeito, polo que decidín pasar por diante como quen vai a algún outro mandado, sen desviar a vista cara á entrada da óptica, nin sequera cara ao escaparate.

Cando viraba na esquina da calexa, sentín a man de Tareixa nas costas, que fixo ademán de coller algo no chan.

Rosa, caeuche do bolso o colirio que mercaches onte.

2 comentarios en “Compras de proximidade

  1. A perda da memoria faise evidente cada día. Os anos, a cantidade enorme de información que recibimos, a sobreexposición. A atención non dá para máis. Por iso é importante descansar un algo na familia, nas amistades e no vecindario. Sobre todo no vencindario, que son, na maioría dos casos, as persoas que primeiro nos poden botar unha man. As persoas que se dan de conta se faltamos das rutinas, aínda que sexa para aburrilos. Só cun “bos días” tes a atención de veciños e de veciñas. Non recordas como se chaman pero sabes ben onde están. Bicos, Magdalena, para ti e para quen ande por estes lugares.

  2. ¿ Quién me ha visto, y quién te lo ha contado ? No ha sido precisamente con las gotas, Marina, pero a veces para acordarme de un nombre tengo que galopar por todo el abecedario. Las clases cognitivas a las que asisto no hacen mella en lo que a mejorar mi memoria se refiere. Antes, mi facultad retentiva era sólida y fuerte como el granito, pero ahora, hasta mi provisión de fantasía se va agotando, y me da tanta pena, que mis desasosiegos ya van al socaire de mi desmemoria.

    Mil besiños palmeiráns, querida Marina, para que los repartas por la cafetería barbantiana.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *