Docampo en xuño

51UrEZA4pOL._SX328_BO1,204,203,200_Pilar Sampedro. Foise maio e xuño está aquí, e daquela lembramos a Xabier P. Docampo, “o mestre das viaxes imaxinarias” como o definiu Cajaraville, o valente defensor da lingua, que nos deixou vai lpara un ano. Con Docampo vén á memoria o seu derradeiro libro, aquel que non dirixiu á rapazada e no que quixo recoller todo o seu imaxinario. Falemos del. A nena do abrigo de astracán está na foto da cuberta, cos seus catro aniños. Pensando nela (e noutros coma ela) o autor busca a cita de Davis Grubb que serve de pórtico ao libro: “O Señor garde os nenos! Sopórtano todo. O vento sopra e a chuvia é fría. Porén eles sopórtano todo”. Eles empéñanse na alegría no medio dunha cotiá tortura. Sopórtano todo ata que non resisten xa máis; con ese final péchase o relato. No medio: a historia.

Docampo crea un mundo tan pechado como Comala onde a narración corre a cargo da propia vila que é a protagonista coral; así se presenta nun capítulo cero, gardando as palabras para poder narrar o sucedido que só existe cando é contado. Estamos en 1948, “mais a historia viña de atrás. Porque por aquí pasou unha guerra. Colleu a xente segando”. Así foi, os paseados tirados nas cunetas, os falanxistas actuando na noite para castigo dos que non estean de todo sometidos e as forzas vivas controlando todo o poder e toda a vida, por fóra e aínda por dentro das casas. Nin sequera se salvan os milagres cando non están no programa e a nena que ve a virxe nun carballo cos peitos sen cubrir queda presa na casa e máis tarde lonxe, entre unhas monxas de clausura que ela nunca buscou. Saír da liña do marcado ten castigo, así o sofre esta rapaza visionaria, o homosexual que nunca mal fixera, a muller menciñeira, a moza que fora de esquerdas e remata nun psiquiátrico, os pobres que non teñen para mercar penicilina…

Quítancho todo, nin Deus che queda, nin a liberdade de desexar ou soñar, nin a posibilidade de ver a imaxe de túa nai no espello. A nena do abrigo de astracán, así o sente. A pedofilia, que andaba por estas igrexas e seminarios e tamén fóra: nunca faltaron homes dispostos a tocar as nenas. Os nenos ao servizo duns adultos que deciden o seu futuro, tan dispar: un ha de traballar no almacén coma un empregado sen cobrar e o outro ha ser cura, sen poder verse e falarse entre eles nin coa irmá.

2018062610351573520-e1544511798238O Estorniño, un toliño, vai traendo as voces que andan polos faiados do tempo, as voces ocultas desde aqueles días de sega e as que continúan aparecendo a día de hoxe. Os habitantes dos faiados que se escoitan cando se van os que andaban por fóra. Dous suicidios, un asasinato, dúas mortes que se puideron evitar, mais “Cando o mal nos enchoupa, cando o fío do mal se nos mete na cana dos ósos non quecemos se non é vivindo alleo á dor dos outros. Estou seguro que estes son os retratos da indiferenza fronte á dor allea”. Os habitantes desta vila son seres habitados pola indiferenza que teñen os faiados cheos de defuntos que se laian e non queda máis remedio que escoitalos a pesar de que xa os convenceron de que desde un tempo para acó, todos os mortos que non morreron na cama en Ribadaínsua, foi por culpa deles mesmos.

Si, estamos no realismo máxico, dándolle a man aos latinoamericanos, pero sobre todo aos nosos, desde Valle a Torrente. E si, é unha gran novela, o proxecto de toda unha vida, a historia na que recoller a maxia do cine e o horror dunha guerra que nunca debeu ter lugar.

El dixera que o maior acto de amor era contar e demóstrao nesta novela na que conta el e conta a nena que a protagoniza, conta para sobrevivir, como Sherezade.

Pena de país e pena de críticos, … pena non concederlle a recepción e os premios que merecía. Quen quixo castigalo e por que? Ou, foi só bobada? Ese é o enigma a resolver cando xa non hai remedio, cando xa non podemos darlle as grazas.

Un comentario en “Docampo en xuño

  1. Me queda más por leer que por vivir, Pilar. Tendría que ser como la musaraña que nunca duerme, ella lo hace para comer las 24 horas del día, yo las emplearía en leer, y como el tiempo del que dispongo para hacerlo, siempre es por la noche, – como la mayoría de los que leemos – de esta popular costumbre se basa la prosperidad de los oculistas. Mi retina y cristalino deben estar tan agotados ya, como mi cuenta corriente. De todos modos, anoto el título del libro que aconsejas. No sé si has sido tú quien ha sugerido hace unas semanas leer el libro “As Ramonas”, lo conseguí en la biblioteca de Ribeira, fueron tan amables que me preguntaron si lo recomendaban leer en el colegio; le comenté que no, que había sido en “Café Barbantia”, y lo pidieron. A la semana siguiente me llamaron para que fuese a buscarlo. Me ha parecido muy interesante.
    Preguntaré el lunes por “A nena do abrigo de astracán”, – suelo ir ese día de la semana a la biblioteca – J M. Se alegra cuando ve que llevo para casa un libro de ida y vuelta pues, como él me dice: “como no pongas estanterías en el techo…”
    Gracias, Pilar, un placer.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>