O demo familiar

descargaDomingo Regueira. Contábame unha veciña —que xa morreu—, que un destes espíritos capaces de transfigurarse en persoa aparecera no salón do baile e chamaba a atención polo seu porte. Con traxe branco, zapato de charón e sombreiro de palla, era o fito de todas cantas pousaban nos bancos.

Veume sacar a bailar e eu, compracida, púxenlle a man no ombro e alá fomos ondeando o valse pola sala adiante. As emocións de antes non eran como as de agora e, por moito que o disimulase, brotábanme na cara. Ao acabar o toque quedouse comigo, e seguimos bailando; pero cando iamos collendo calor e confianza, ocorréuseme levantarlle a punta do sombreiro, pero axiña o tapei porque por debaixo vinlle uns cornos negros e pequechos. Como eu adoptara unha postura con certo donaire diante das miñas amigas, agora dábame non sei que deixalo, e seguín con el ata rematar a orquestra. Logo, veume acompañar á casa.

O que pasou despois, non debería contalo; pero como a protagonista xa morreu, coido que non lle parecerá mal:

—Mucha, es ti? —preguntou miña nai dende a cama.

—Si, mi madre, son eu.

O meu acompañante andaba coma unha avelaíña, era un demo encantador que non facía ruído ningún, un demo ceibe de vulgaridade. Resolutivo, elegante, engaiolante, tenro, sedutor, escorregadizo, absorbente, guloso, revolcón e lamerón. E cando fun bautizar o rapaz, o cura ilustroume de que aquel aposto mozo non fora outro que o íncubo.

—E ti, por que te deixaches!?

—Ai señor cura, se a vostede se lle aparecese un súcubo semellante, habíame de contar…

Seguindo a conversa, pregunteille se o da Virxe tamén fora doutro íncubo, e coas mans nas sens e cara de espanto, exclamou: “Ti que dis…!?”. Logo máis pausado, aclaroume que o da Virxe fora obra do Espírito Santo.

–Vamos —respondín eu—, unha pomba, técnica en reprodución asistida. O caso é que ao fillo da Virxe, pasoulle o que lle pasou por andar en malas compañías, e o meu ten despacho en “Génova 13”.

E así foi como mo contaron.

Antes, o demo era moi familiar na parroquia. Metíase nas casas e facía mil e unha trasnadas. Batía as portas dos confesionarios porque os delincuentes ían expiar as falcatruadas que el lles recomendaba e, desta maneira, limpaban as almas.

Eu quixera ver as credenciais que os autorizan a desinfectar tantos corruptos: “Yo te absuelvo de tus pecados en el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo”. E inda lle engade o confesor ao corrupto: “Ala fillo, xa podes ir comulgar, e dille da miña parte ao cura que, en vez dunha, che dea un par de hostias, que ben as mereces!”.

11 comentarios en “O demo familiar

  1. Distinguida e apreciada Naty:
    Lin canto me dis no teu apreciado comentario mostrando un prolongado sorriso.
    A túa singular maneira de interpretar os meus anacrónicos devaneos, teñen algo a nobre graza dos travesos cupidos.
    Co toquen a trompeta cando chegue asegúroche que dou volta, E o San Pedro voulle a recomendar que vena bailar coa “discoteca móbil” de San Xoán, hasta as oito da mañá. Vai a saber que é o ruído.
    Din que nas cacholas valeiras non senten as bombas, campas nin os decibelios carnívoros lles fan efecto. Esta mansedume so atende o fútbol, a Jorge Javier de “Salvame”, e a canto lle crava o sistema mediático na tarteira.
    E a “Nova Era”. A era dos “miramóbiles”, dos afectados pola pandemia das ondas electromagnéticas que aireando os sobacos emprenden a danza da muiñeira e acaban perdidos polos montes abrazados os eucalipto.
    Xeración perdida. Antes a Santa Compaña saia polas noites a dar unha volta.
    Agora nin se atreve. Moitos pensan que eran visións dos ignorantes como califican os que ven ovnis i extraterrestres.
    Hai certas tradicións que como nonos desprendamos delas aínda vai a vir un Cristo cun ramallo e corrernos a todos do templo por neandertais. Somos o pobo onde máis petan as bombas, atronan as campás e máis auga bendita se consume.
    Grazas Naty por esta agradable provocación que me fai esbardallar para condena da miña coutada e antagónica alma que non cree no inferno porque leva unhas décadas servindo nel.
    Un pracer querida Naty. Un bico dende a Rúa do Porto, Eitón, e antigamente Rúa do Muelle.
    P.D.:
    As tertulias que agora non existen por culpa dos móbiles, son a causa do individualismo que lamentablemente sofre a humanidade. Apertas.

  2. Apreciado Mingucho: Non ía bailar moito, para non dicir nada, pero aínda así, recordo aos bancos. E esas mozas, coñecidas no lugar, que verían se atopaban ao seu cabaleiro. Algúns o coñecían na noite do baile, pero como outros lles custaron máis…, esperaban a próxima danza ou o ano seguinte.-También es cierto que, por aquel entonces, el kilo de varón andaba muy caro.-Afortunadamente, todo está a evolucionar, e hoxe as mullere somos as que eliximos tamén.- E que me aplico a min mesmo, a pesar da miña idade.-

    Elegante, tierno, seductor, revolcón entre otros atributos…- ¿Quién podría resistirse a sus encantos, por muchos cuernos que tuviera…? No me extraña que las bancadas se alborotasen con su presencia. A cousa non era por menos; por iso o sacerdote non tivo moito éxito cando lle preguntou á moza: ¿E ti, por qué te deixaches…?

    ¡Oh!, ¡quen podería atopar un demo así!

    Desde luego que las emociones de antaño, no eran como las de ahora. Una mirada, una palabra que nos dirigiese el chico que te hacía “tilín” (ahora se llaman mariposillas), te subían los colores quedándote la cara como un tomate. Hoy la gente ya no se ruboriza por nada.

    Respecto a esos ruidos estridentes, originados por las campanas, bombas y decibelios verbeneros que tu enumeras…, puedo decirte que, para mi, el tañer de las campanas me encanta, siempre que este no sea a “finado” o “arrebato”. Su sonido, era el reloj de mano de nuestros abuelos, ya que por su toque, sabían en que hora vivían. Eran como una especie de gaceta del día. Y que de alguna manera, nos estaban anunciando algo aunque, en ocasiones, no fuera todo lo agradable, pero de molestar nada. Lo siento.

    Lo que si debes cuidar es que, cuando nos toque entrar en el cielo por la letra del abecedario, como bien dice nuestra gran amiga Magdalena- magnífica comentarista-, y te reciban los Serafines a golpe de Trompetas Celestiales…”Teña coidado de levar un par de tapóns para os oídos, porque é capaz de virar e non entrar no ceo”.

    Me encantó tu narrativa Mingucho, además de echarte de menos por vuestra Cafetería donde os reunís todos esos GRANDES contertulios. Vuelve pronto.

    Un abrazo cariñoso desde o Miñoteiro, ahora Vilar.

  3. En la presentación de “Os coros da novena” tuve el gusto de conocer a Fidel, y aquella misma noche, el requetegusto de leer una buena parte de ese libro que me satisfizo casi en exceso al tiempo que me mantuvo en una permanente adrenalina durante las 202 páginas en las que nuestro común y admirado amigo Fidel, describió todo lo acaecido en Mareira con tanto sentimiento. La he releído ya, querido Mingucho, de todas maneras te agradezca la recomendación porque es buenísima.

    Ya sabes que yo no me peleo con nadie, simplemente pretendo que tú no quieras ser como Zola con su “Yo, acuso”. El sonido de las campanas sigue siendo bonito, los tiempos cambian. Antes en la pitrina llevabais botones y ahora os ponen cremalleras para más comodidad.

    Besiños desde o Camiño do brañal.

  4. Bueno, ya veo que contestarte, querido Mingucho, es como hallarse ante un Waterloo inevitable : siempre seré la perdedora. Menos mal que nuestro querido Fidel, nos regala muy cariñosamente al amigo Dios ( aunque no sea en forma corpórea ) como premio a nuestros comentarios.
    Espero que “L´Osservatore Romano” no recoja en sus páginas nuestros comentarios, porque entonces, desde el primer cardenal al actual “sampetrino” ya no seríamos para ellos ovejas de su aprisco.

    No he leído “Mareira” me liaré aunque sea a SOPAPOS para conseguirla.

    Besiños para los dos.

  5. Querida e admirada veciña:
    E un honor recibir de ti este anatema polo ben que relatas, ao mesmo tempo alégrome que participes desta maneira tan activa no “Cafe” o cal contribúes a manter vivo, pois vexo que sempre tes un comentario ou eloxio que aportar a escritores e conta contos, que a modo de terapia usamos esta bondadosa fiestra expiatoria para airear os nosos irreverentes desatinos cismáticos, insurrectos e nihilistas, aforrándonos desta maneira, non ter que acabar na consulta do noso amigo artista, escritor e psiquiatra de “Mareira”.
    As campás de Valle, eran campás alquimicas. Soaban a bronce de Arcos da Condesa que fundían entre lume de carballo, salmos e conxuros en linguas arcanas como o barallete, arxina e o verbo maldito dos argonautas e bruxas que contaba Fulcanelli. Eso era música . As de agora son un insulto.
    Campás electónicas, bombas e decibelios verbeneiros, son elementos de contaminación acústica de alta perniciosidade propia deste reino emponzoñante, antagónico e caduco empeñado en transformarnos os sesos nunha masa amorfa que ni para chulas, filloas nin bolos do pote sirve.
    E de confesarme nada. Porque se cadra me caen catro…!
    Un bico dende o porto.
    E non deixes de facerlles comentarios os escribidores, que chos miro sempre.
    Apertas.

    1. É un gozo, prezado e admirado Mingucho, ler o texto e o comentario-resposta á sempre atenta Magdalena, e darche as grazas pola referencia a “Mareira”. Ambos os dous, veciños de Palmeira, sodes merecedores non de catro senón de media ducia de hostias como premio por tan acertadas e divertidas achegas: unha xusta bendición como vacina que evita calquera outra terapia intensiva.

      1. Unha aperta estimado e amigo Fidel:
        É un pracer lerche nesta páxina que o xeneroso amigo Antón nos brinda para que poidamos expoñer as fobias que o demiúrgo nos encomenda a fin de intentar suavizar a desfeita que os coitados apoloxistas, catastrofistas e videntes nos vemos abocados.
        Saúdos.
        E para Magda, que non se perde unha, e non se pelee moito. Que non pregunte por “Mareira” senón polos “Os Coros da Novena”

  6. Queridísimo Mingucho:

    Acabo de llegar del tanatorio, y a pesar de que hoy no es día para risas, ahora al leerte has conseguido hacerme aflorar una sonrisa. ¡ Eres o demo !.

    Acuérdate de que el Día del Juicio Final llamarán a la gente con el sonido de las trompetas del Apocalipsis, y como nos llamen por orden alfabético, tú vas a ser de los primeros, ya que tu inicial empieza por D. Confiésate, pecador.

    Ah , y sobre el sonido de las campanas que a ti no te gustan nada, te diré que a mí me encanta escuchar ese precioso tañer. Recuerda que nuestro Valle-Inclán decía de su sonido : ” Esas campanas de aldea, familiares como la voz de las abuelas”.

    Y ya me despido bisbiseando una jaculatoria para que tu arrepentimiento sea con prontitud.

    Besiños desde el Brañal al Puerto .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>