Boas persoas

soberbiaX. Ricardo Losada. Cando o escritor inglés Martin Amis foi entrevistar a John Travolta, sorprendeuse de que amosara unha actitude moi afastada do comportamento frívolo e divino das estrelas de Hollywood: cortés, humilde, delicado. Aínda así, fíxolle a seguinte pregunta: “Por que pareces ser a estrela do pobo? Non é que leves o seu estilo de vida nin nada parecido”. A resposta deixouno desorientado: “Funciona ao revés, sabes? O norteamericano por antonomasia é vivir os teus soños. Non queren que sexas humilde”. Amis interpretouno como que non se pode ser ao mesmo tempo unha estrela de cine e un tipo normal. De feito, na película que naquel momento estaba rodando Travolta, unha desas estrelas dicía que “quería ser un tipo normal, pero estaba demasiado acostumado a ser quen era para logralo”. E Amis decatouse dalgo que xa debería saber polos seus propios personaxes. Facilitándolle tanto as cousas, Travolta estáballe pondo máis difícil a entrevista. As boas persoas non son unha boa historia que contar.

     Como comparto a conclusión de Martin Amis, suscitarei unha pregunta previa. É necesario ser soberbio, descortés e inmoral para chegar a converterte nunha estrela de Hollywood, ou eses carácteres son o prezo que tes que pagar unha vez que acades a fama? Supoño que o lector contestará esa pregunta como me contestan a min os alumnos cando lles fago unha desas preguntas trampa que adoitamos facer os profesores de Ética: Depende. Pois direivos o mesmo que lles digo a eles: Xa sei que depende, pero, credes que hai algunha tendencia? Quero dicir: se vos pregunto quen son máis altos, os homes ou as mulleres, a resposta tamén é depende, pero, a tendencia, é que os homes son máis altos. Como se pregunto cales son máis elásticos, tamén depende, pero nese caso a resposta, como tendencia, sería as mulleres.

 soberbia (1)     Non teño estatísticas nin probas nin experiencia persoal pero, como tendencia, creo que para ser estrela de Hollywood, como para ser estrela de calquera cousa, hai que ser soberbio, descortés e algo inmoral por natureza. Nunha sociedade capitalista un non pode chegar ao cumio da pirámide sen esas calidades. Iso parece evidente, e supoño que o lector coincidirá comigo. No que non vai coincidir é co que vou dicir a continuación. Que á inmensa maioría da xente gustaríalle ser soberbia, descortés e inmoral por natureza. E que se algún día se fan realidade os bebés á carta (poderemos escoller as características físicas e psicolóxicas dos nosos fillos por manipulación xenética), mentres sigamos nunha sociedade coma esta, escolleremos antes a soberbia que a humildade, a descortesía que a cortesía, a inmoralidade que a moralidade. Como sucede nas entrevistas, na vida real as boas persoas (sobre todo se son fillos nosos), tamén nos fan máis difíciles as cousas.

7 comentarios en “Boas persoas

  1. Pois tes razón, o do Guadiana, (aparecer, desaparecer ) pode ser proveitoso para mín. Teño un pequeno contiño empezado xa fai tempo, e co eso de “quid pro quo” non consigo rematalo, haberá que facer o que se denomina na xerga artística “mutis por el foro” empregando a técnica do citado río.

    “Ese galego mellora”. ¡ Qué mala nota me espera, Deus santo !

    Biquiños, querido profesor.

  2. Os que escribimos sabemos o difícil que é comprometerse a escribir un pequeno texto diario. E os teus non son simples comentarios, xa tes un certo estilo consolidado. Por iso che dixen un día que non te sentiras obrigada a responder. Podes ser unha seguidora múltiple tipo Guadiana. Pero, por suposto, non o tomes nin como un consello. Eu escribo por que me gusta e cando me apetece. Supoño que ti farás o mesmo.
    Ese galego mellora. Pero xa sabes que unha cafetería non é o lugar para correccións ortográficas.
    Apertas

  3. Non sabes canto me alegro de saber que eu son unha das razóns polas que podas considerarte un influencer. Eu xa fai moito que che considero así de valioso en cantidade e en calidade, eres un influencer con gran presenza e credibilidade para min. Tamén xogas ca ventaxa de ser o primeiro barbantiano que tiven o gusto de coñecer e co que máis falei persoalmente; de todas ás maneiras as tuas opinións sempre serán moi valoradas positivamente, o apoio moral tamén pesa. A eso de “seguidora múltiple”, vou a responderche con unha frase de Jardiel Poncela: “Disparó y cayó como un premio de lotería “. Así me sentóu o disparo verbal.

    Xa me contarás os erros ortográficos que ahí van en esas liñas. Como diría San Isidro labrador:
    “Aré lo que pude”.

    Biquiños palmeiráns, e moitas grazas por todo.

  4. 1- Non insisto cos políticos, Magdalena. Recoñezo que últimamente, tal e como está o panorama no mundo, alporízame a pobreza de miras que están mostrando.
    2- A min tamén me pasa o mesmo cos amigos, pero só porque lle chamo amigos aos que permanecen no tempo, moitos deles tamén desde a nenez.
    3- Dar a “tabarra”? Para nada. Es a única razón que teño para considerarme un influencer. E supoño que lle pasará o mesmo aos outros “cafebarbantios”. Non temos múltiples seguidores, pero temos unha seguidora múltiple, que vén séndoche o mesmo.

    Apertas

  5. Bos días, querido profesor:

    Pues mira, esta vez, sí, estoy de acuerdo sobre lo que dices de los políticos, pero este gremio es para darles de comer aparte. La mayoría padecen raquitismo intelectual, lo que ocurre es que llegan ahí por su fácil verborrea y ese repertorio tan estudiado y tan extenso como el Océano Pacífico, y luego, cuando alcanzan lo apetecido, son tan variables y mudables como las nubes.

    De momento los amigos que tengo, – casi todos ellos desde la niñez – nunca me han fallado, pero para ello es necesaria una mutua armonía, acompañada también de una recíproca lealtad.

    Muchas gracias por tu amable despedida, J.R. A veces, pienso que tengo que dejar de daros la tabarra con mis comentarios y me digo que voy a dejar de escribir durante un tiempo para hacerlo luego esporádicamente, pero al día siguiente leo el formidable y correspondiente artículo, y en cuanto lo leo… ¡ Sucumbo !
    Aunque deje de escribir, ( estoy segura de que estoy incurriendo a diario en pecado de redundancia ) os seguiré leyendo con todo el amor y el cariño que os merecéis.

    Besiños palmeiráns, queridísimo profesor.

    P.D Ayer me olvidé de felicitar a Antón Ribeiro, Antonio Piñeiro y a Antón Rodriguez. Felicidades extensibles a todos los Antonios y Antonias, aunque sea con un poco de retraso. Bicos.

  6. Prezada Magdalena:

    Alédame saber que non estás de acordo. Así a conversa é máis amena.
    Só direi que penses nos políticos. Están todo o día a falar da importancia da educación e dos valores éticos e mira a importancia que lle dan á educación e aos valores éticos no día a día, que é o que importa. Esa hipocrisía é a que domina a sociedade porque, ao fin e ao cabo, os políticos reflicten a sociedade da que proceden, e fan o que fan para que os voten. Como adoito escoitar na miña vila cando se acerca a elección de candidatos á alcaldía, “Fulanito non vale para político, é moi boa persoa”. Canto antes enfrontemos esa realidade, antes a cambiaremos. En caso contrario, irá a peor, como comprobamos día a día.
    Non podo opinar sobre a bonhomía de Reeve e Travolta. Só opino das persoas que coñezo como actúan fóra dos focos.
    Estou de acordo coa túa última afirmación, pero, como tendencia, conste, non me fío dos amigos de todo o mundo. É imposible ser sincero, ser ti mesmo, e non ter inimigos. Pero pode que nisto tampouco coincidamos.
    Segue sendo un pracer saber que estás aí para ler o que escribo.
    Apertas rianxeiras

  7. Efectivamente, no coincido contigo en que a la mayoría de la gente le guste ser soberbia, descortés e inmoral. De ser así demostrarían ser gente de flaca moralidad y personas no pródigas en humanidad. Todos tenemos nuestros defectos y propensión al hedonismo, ¿ a quién no le gusta el placer y vivir bien ? por lo menos desahogadamente. Yo creo que a la mayoría, pero lo que debemos procurar es no dejar atrás la ternura que algunos van desaprendiendo a medida que van creciendo en estatura y opulencia.

    Me ha gustado saber que Travolta además de buen actor es rico también en bonhomía sin alardear de ello. Cuentan también que el malogrado Robin Williams, ayudó mucho económicamente a Cristopher Reeve, “Supermán”, cuando se quedó parapléjico. Eso es ser buena gente.

    Ante la necesidad todos deberíamos extender la mano de la amistad aunque recibamos luego el palmetazo de la impertinencia. Eso es lo de menos.

    Un placer, querido profesor. Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>