A cama de Tracey Emin

6a00d8341bfb1653ef01a73dce9fa5970dFidel Vidal. Etimoloxicamente cama significa “leito no chan”, de legh, “estar deitado”. Mais non estamos a falar desa focha onde repousar ou gardar e criar unha camada senón da cama como moble, e este como obxecto de inspiración artística ou mesmo como obra de arte. Lembremos, por citaremos algunhas, a do cuarto de Van Gogh en Arlés, a cama dun hotel de estrada de Hopper, ou a da enferma mentres lle toma o pulso o médico dun Picasso adolescente. Un camiño que, dunha ou doutra forma, só reproduce leitos, e nós desexámolos en acción, camas auténticas, aquelas que van máis alá do deseño utilitario para se converteren nun obxecto completamente inútil, real, quer dicir, nunha obra de arte.

Segundo entras no Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona, no Macba, suspendida e fixada á parede, aí está a enorme cama de hospital, con mantas e almofadas que parecen a piques de caeren riba nosa. Ademais doutros elementos, na mesma parede debúxanse os números 1, 2 e 3 que semellan dialogar coas cruces na fronte de cristal da fachada á par do título da obra: Rinzen, que en xaponés significa “súbito espertar”. Trátase da instalación que Tàpies presentara con éxito na Bienal de Venecia de 1993. Sexa como for, aínda podendo tocar o metal e os tecidos, non deixa de ser unha cama falsa, unha cama construída ad hoc para un concurso e non para durmir nela.

Mais a cama que pasou aos anais coa sona de “máis importante” do últimos tempos, foi a Mybed, de 1998, de Tracey Emin, finalista do premio Turner. Que é My bed? Pois iso: “A miña cama”. A cama máis famosa da arte contemporánea, unha ready-made ao estilo da Fonte de Duchamp, pero sen mudar de nome. Para algúns críticos supuxo a obra que inaugurou a arte do século XXI. Estamos da falar literalmente dunha cama, a de Tracey Emin, a súa auténtica cama sen facer, coas almofadas afundidas, as sabas sucias e revoltas e a alfombra dos pés con restos das xornadas pasadas. Nela durmiu e deitouse con máis dun home a autora, comeu e bebeu até caer de borracha, e mesmo puido vomitar.

bigUn seu amigo, Colin Gleadell, xornalista do The Telegraph onde conta a historia, escribe que, vindo da cociña, ao toparse coa escena do cuarto sentiu noxo: “É noxento. Pero de súpeto, un segundo despois de que me parecera horrible, transformouse en algo que nacía do meu interior, algo fermoso”. Nunha poxa do 2014 My bed alcanzou o prezo de 2,2 millóns de libras. Mercouna un coleccionista alemán que a cedeu á Tate onde se exhibiu.

Tracey Emin, nacida no 1963, pertence ao provocador grupo Young British Artists. Non se pode entender a creación artística de Emin á marxe da súa vida. Vítima de violación aos trece anos, incesto, abortos, anorexia, alcoholismo, pobreza, “a artista desvela na súa obra un conxunto recorrente de sufrimentos, humillacións e traumas cunha franqueza crúa e desenfreada. Utiliza a creación artística para recrear a súa propia memoria, como unha terapia que lle axuda a superar certas etapas da súa vida, marcadas todas elas por unha profunda dor e resentimento”, escribe Kilian Lavernia (2016). Ela mesma confesa: “Son unha alcohólica, neurótica, psicótica, queixiñas, unha perdedora obsesionada comigo mesma, pero son unha artista”.

5 comentarios en “A cama de Tracey Emin

  1. Querido Fidel:
    En cuanto a camas, guardo infinidad de recuerdos casi todos de carácter jocoso. Hasta dormí en una cama con dosel -en una casa rural con ínfulas de castillo medieval, en la que creo que era el único huésped- y la taza del water enmarcada por una copia exacta del trono de Felipe II (menos mal que se trataba de un rey sobrio).
    Pero el lecho que más me impactó fue el de la zorrita astuta (protagonista de la ópera de Leos Janácek que lleva ese nombre): recuerdo una cama cubierta con una colcha de raso rojo que ocupaba gran parte del escenario. Bajo la colcha, la zorrita y su compañero se lo pasaban en grande (a juzgar por el oleaje de la colcha); y, alrededor de la cama, una serie de parejas de animalitos del bosque -integradas por los componentes del cuerpo de ballet de la ópera, observaban complacidos los vaivenes de la colcha.
    Podría continuar con una retahila de camas con historia. Pero, por ser hoy el día que me reengancho a Barbantia, no quiero excederme.
    Que disfrutes de bonitos sueños.

    1. Benvida ao “reenganche” do nosos Café, prezada Carmen. Eu tamén son de cama, non tanto coma o escritor uruguayo Onetti que chegou vivir nela os derradeiros anos, “por pereza”, segundo a súa viúva. Pero si, gusto da cama, aínda que, “polos vistos”, tampouco tanto como a nosa querida Magdalena -xa ves, amiga de Palmeira, que a arte “non ten prezo”-, se ven participo dela de me deitar cedo e acordar tamén cedo.
      Saúde e un descanso axeitado.

  2. A Tracey Emin, después del momento paroxístico de la unión amorosa no creo que le importe mucho que alguien le diga que sus sábanas ya carecen del blanco nuclear. Al contrario, por eso ha querido dejar constancia. Y encima, esos 2,2 millones que le cayeron, como cayó el Imperio de Occidente.

    Besiños palmeiráns, querido Fidel.

  3. La cama como mueble, Fidel, es el mueble por excelencia. Cuando mis amigas me dicen: “¿ Pero, ya te vas acostar ? ¡ vaya costumbre, acostarse tan temprano !” Yo pienso: ¡ Qué sanidad de costumbre ! En ella los fémures cansados de tenerme en pie me agradecen el gesto, y no digamos mis maltrechas cervicales.
    No conocía ese cuadro, My bed, “A miña cama”. Ver in situ una cama así, no es muy agradable, en cambio como cuadro resulta todo lo contrario.
    Felicito al coleccionista alemán por su altruismo, seguro que aún le sobraría dinero para poder comprarse el diamante “Pink star”, se pagó por él en una subasta 71’2 millones de dólares, ¡ caray con el diamantito rosa !.

    Pero… YO SOY… qUIjOtEscA y el dinero no es mi prioridad.

    Besiños palmeiráns.

    1. Metíchesme nunha lea fenomenal, querida Magdalena, ao afirmares que “ver en situ una cama así no es muy agradable, en cambio como cuadro resulta todo lo contrario”, cando a realidade é que a cama resulta ser a auténtica cama da autora, non unha pintura. Imos reflexionar…
      Saúde e almofadas de plumón.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *