O patrón dos electricistas

BJ15C6F1_1Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai santos que fan máis ben na terra ca no ceo, e sen cobrar esmolas, cera ou poxas de romaría, santos a quen é moito mellor que Deus non os chame á súa gloria e os deixe aquí, neste val de bágoas, exercendo as súas boas obras, onde o común dos mortais, crentes e non crentes, preferimos seguir por moitas marabillas que nos prometan para gozar tras as portas do Alén. Un deses santos que mellor está entre nós que sobre as inestables nubes é o cardeal Konrad Krajewski, quen se fixo famoso o mes pasado por poñer os seus coñecementos eléctricos ó servizo dos máis necesitados desa enerxía que se aplicou para mellorar a condición humana, pero que as grandes empresas do sector, exercendo un monopolio disfrazado de libre comercio, controlan e impoñen con facturas desproporcionadas e moitas veces intimidatorias, precisamente cando máis falta nos fai a estufa, o aire acondicionado ou a luz das lámpadas. Pensar que lle cortan a luz (a corrente eléctrica) a unha familia que garda na neveira os iogures da merenda dos nenos ou da cea dos anciáns, é ver como se condena ós máis desfavorecidos da sociedade en favor das oligarquías. É arrepiante.

Quen se cruce con este cardeal pola rúa non verá a un purpurado estirado, senón a unha persoa que viste coma calquera e vive sen os luxos a que o seu cargo lle dá dereito. Claro que este home non fixo nada do outro mundo, non restituíu a corrente cunha simple beizón de auga bendita nin implorando ás forzas do Todo Poderoso, simplemente empalmou dous cables para que preto de medio millar de paisanos acurrunchados nun edificio insalubre puidesen facer algo tan imprescindible como poñer a lavadora ou enchufar o forno. A este, a quen algúns periódicos alcuman como o Robin Hood de Roma, non lle chegaba con saír cada noite nunha furgoneta a levarlle un caldo quente ós indixentes que se acubillan nos portais para pasar a noite, imitando a aquel Antonio de Lisboa, predicador en Padua, que repartía o pan do seu saqueto e nunca se lle esgotaba.
Konrad non fai milagres nin trucos de maxia, só aplica as súas destrezas técnicas para que o mundo sexa un pouco máis humano e igualitario, por moito que lle pese ó mesmísimo ministro Salvini, quen lle ten unha especie de aterrador noxo a todos os desfavorecidos do mundo. Un enfrontamento máis entre a caridade e a solidariedade coas finanzas e o mercantilismo, porque mentres a compañía eléctrica reclama os cartos da factura que os inquilinos non poden pagar e o Estado non move un dedo para procurar unha solución, o cardeal dá o primeiro paso para que esas familias pobres teñan unha vida digna, así como un traballo co que non chegarían a tal extremo de pobreza, pero que lle negan por ser, moitos deles, uns sen papeis.
Por iso pensamos que algún día, agardemos que moi lonxe no tempo, cando este cardeal sexa chamado a sentar á dereita do Deus Pai, a santa Lucía, quen nunca coñeceu a diferenza entre un fusible e un interruptor, non lle quedará máis remedio que cederlle o padroado dos electricistas que ata agora exerce ela; e xa me imaxino a iconografía de san Konrad, co capelo cardinalicio a un lado e erguendo nunha man unha lámpada de incandescencia, como outros portan unha candea.

Un comentario en “O patrón dos electricistas

  1. Aquí en nuestro pueblo, querido vecino, hemos tenido otro santo varón como el cardenal Konrad; don José o segorello. Era simplemente un sacerdote, prescindía de capelo, ni falta le hacía pero, se marchó para un país tercermundista y todo lo que llevaba de su casa y del pueblo, era para sus pobres feligreses. Cuando llegaba a pasar aquí unos días una vez al año, su madre y hermana le compraban ropa nueva porque la suya la traía raída, ropa que al llegar allá volvía a regalar.
    Su hermana, pasando los años, consiguió traerlo enfermo para Palmeira y aquí murió.
    Cuando voy a la iglesia, al pasar por delante de la casa rectoral, siempre hablo mentalmente con don José mirando el busto que alguien – no sé quien – tuvo el acierto de conmemorar con él, a una persona como fue este hombre de gran bondad.

    Espero que ninguna de las imágenes que en nuestro hermoso templo reposan en sus peanas y hornacinas, se celen de don José por ser el santo de mi devoción. Seguro que le reservará un lugar a su lado al cardenal Konrad,cuando deje su dignidad aquí en el valle.

    Besiños palmeiráns, Francisco.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *