Custo adicional

huevo-composicion-metabolicas-sant-joan-deuFidel Vidal. Hai ocasións nas que semella estarmos perseguidos por unha palabra, como se a cada tranco a víramos aparecer sen máis e sen que por iso nos preguntemos a que demos vén esa persoal fixación un chisco paranoica. Somos nós a detérmonos nela ou é ela, a verba, a que se adianta no camiño e aí a temos outra vez de volta? O caso é que foi Sol, o Sol, quen andou dando voltas ao noso redor estes días.

Primeiro topei co sol “abrazador” e envolvente de Olafur Eliasson da Tate Modern de Londres, de quen esta tempada na mesma Tate exhíbese unha ampla e completa retrospectiva. Pouco máis adiante, folleando un dos libros excepcionalmente editados e dos que máis contento estou de posuír, aí vemos as Dúas manchas de sol que John Christie lle enviou a Berger, en láminas da cor preferida de Van Gogh, a cor amarela dos xirasoles, a das xemas dos ovos: “Unha xema de ovo, aínda é circular”, dicía Paul Klee (“Te mando este rojo cadmio…”, cartas entre John Christie e John Berger, ACTAR, 2000). E non exactamente circulares ou esféricos senón ovais son os testículos, e a estes me vou referir porque o suceso que se fixo viral aconteceu nun bar de Bermeo (Bizkaia), de nome El Sol en tempos de Franco, e coa chegada da democracia pasou a ser Eguzki, quer dicir, Sol en euskera.

Realmente, unha consumición ordinaria resulta cara ou barata? Botemos contas. Todos sabemos que cando entras nun bar ou nunha cafetería, e sentas a unha mesa nunha cadeira ou nun tallo a carón da barra, polo que custa unha cervexa ou un café, podes ler de balde dous ou tres xornais, pedir unhas fichas de dominó ou unha baralla e botar unhas partidas de tute con papel e lapis para anotar as puntuacións. No caso de necesidade usas o váter. Nel, amais de descargar ventre e/ou vexiga, e limparte salva sexa a parte con papel hixiénico, lavas as mans con xabón de olor sen medir a cantidade de auga, e sécalas cunha toalla ou cun aparello eléctrico de ar quente. Non engadimos o consumo de luz da mesma peza.

cobran-suplemento-por-tocar-los-cojones-1560243088206Se lle sumas un cacho de tortilla ou unha tapa de callos, ou a que cadre do día, incluíndo un anaquiño de pan, culler, palillos e panos de mesa de papel, vas servido. En inverno resulta un lugar moi agradable no que te abrigar e entreterte falando cos colegas ou vendo a televisión, por non falar do alegre balbordo durante a retransmisión dun partido de fútbol do noso equipo, e que por riba gañe. Hoxe en día incluso hai locais nos que contas cunha conexión a Internet por Wi-Fi. E todo iso polo mesmo prezo.

Mais, a pregunta vén polo curioso custo adicional na factura do Eguzki -que non debe de ser o único da lista-, cando tropezas con determinados clientes que dan a vara. En canto se valora o gasto psicolóxico destes insoportables, tanto para o persoal como para os outros clientes, o que dean a lata e estean enfastiando os demais, canto supón o feito de que non paren de molestar? A camareira do Eguzki, nun acto de humor –hai cousas que se din en broma porque non somos quen de as dicir en serio-, tíñao ben claro: “POR TOCAR LOS COJONES: 10,00 €”.

3 comentarios en “Custo adicional

  1. Bos días, querido Fidel:

    Como mis suegros y cuñados tuvieron un bar, sé de lo que va la cosa.

    Algunos clientes en lugar de remover el azúcar del café en la taza, van a tomarse el café para remover el pasado y calentar la silla por tiempo indefinido, esos son los llamados : clientes-polizas, porque se sientan en la silla y no se despegan, e incluso se dan una que otra cabezadita . Otras veces organizan discusiones inenarrables de un contenido de estupidez concentrada que el que las soporta ya se siente con el síndrome de Babel.
    No es de extrañar que la camarera del Eguzki resuelta y expedita, les disipara los vapores del alcohol poniéndole ovarios en la cuenta.

    SOL, BACO… VOCABLOS. Con Baco hemos topado, para la dEgUstAcIÓn.

    Biquiños palmeiráns.

  2. Pero todos salen ganando querido Fidel. Aunque sea ofreciéndonos todo un abanico de servicios, que tu mencionas, y que muchas veces ni siquiera disfrutamos de ellos. De no ser rentable, no abrirían sus negocios. Aunque también es verdad, que más de uno, se van al traste.
    Y sobre la camarera del Eguzki…Tampoco se pase.
    Pienso que por palpar esa zona con 5 € ya iría bien. Con 10 € comes o prato do día, en calquera lado. Gracias por reírte. Y un abrazo cariñoso.

    1. Nin para ti nin para a camareira do Eguzki, querida Naty, deixémolo en 7,50 Euros. Todos gañan, é verdade, pero estou ben seguro que os que menos ganancias deixan son precisamente eses, os que dan a vara. Mesmo estou por afirmar que son negativos en canto se corre o risco de escorrentaren outros e mellores clientes.
      Sería bo, miña atenta Magdalena, que os teus parentes -coma todos os bares en semellante situación- aproveitasen os cus quentes dun “tempo indefinido” para chocar os ovos dunha galiña en apuros. Todo sexa pola “eficiencia”.
      Un brAgUEIrO, o DE BURRO CEDO, BACO, para O CABO DE CORRUBEDO.
      Saúde e viva a fermosa Palmeira!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>