Lavando calzóns

3884-1280621-3398-1065496-ARTICLE_DETAIL_HERO_9_DESKTOP_MobileMarina Losada Vicente. Non daba creto ao que vía. Alucinaba. Os homes de agora son de pedra, repetíase. De pedra! Se o meu finado vivise! A parella, allea a todo o que a rodeaba, dábase o “lote” no parque. A moza vestía minisaia e unha camiseta de profundo escote, moi ben abastecido. El, algo relambido para o gusto da vella, perdido entre tanto que tiña por explorar: Agora un bico sen respiro. Un abrazo. Apalpadas debaixo da camiseta. Unha man no xeonllo, subindo cara ao interior dun corpo que a esperaba feliz.

            Sara mira “alí” onde os homes amosan a súa excitación. A súa urxencia. Nada. Nada de nada. Como se non fose con el. Como se aquel corpo de vinte anos estivese aínda sen levedar. A esa idade preñara Sara nun descoido. Un único descoido. O mozo atopouna no río lavando as pernas, arremangada a saia ata o xeonllo. Foi verlle a brancura da carne e tolear.

            A pesar de que o aire correra entre os corpos, nos primeiros bailes de agarrado, Sara sabía que aquilo que rebentaba o pantalón de Marcial non era un plátano. Oito fillos despois a muller seguía lavándose ás agachadas do home. Por parroquias. Só con pensala encoira, dentro da bañeira ou baixo a ducha, Marcial xa se excitaba. Nin tola.

            Non era aquela parella en concreto, eran moitas outras que ela atopaba a cada paso, sen interese algún en axexar, as que a devolvían a un desacougo sen superar.

            O lavadoiro de fóra tráelle a súa imaxe apertando as pernas, de tanto que temía quedar preñada, cada vez que lavaba os calzóns do home. Mira o tendal no que as únicas notas de cor son as da súa roupa interior. Un suspiro atravesa de abaixo arriba o seu corpo, envexando a sorte da rapaza que quedaba co mozo no parque. Chegou o día de sacar o loito -pensa Sara- e de estrear a bañeira.

7 comentarios en “Lavando calzóns

  1. Raposo: Sin lugar a dudas, hermosos relatos los de Marina.- La mayoría de sus artículos nos hacen rememorar, evocar nuestra niñez y a nuestros seres tan queridos como son las madres, y nuestras ejemplares abuelas de las cuales, tanto hemos aprendido. Un cordial saludo desde mi querida Palmeira.

  2. Sempre se dixo que un embarazo non desexado é un disgusto que non dura máis de nove meses. Certo. Os fillos e as fillas son o mellor da vida
    Certo. Pero tamén é certo que co ritmo que levaba en dez anos tería dez bocas que alimentar. Eu non sería eu. Sería outra que se acabaria parecendo en todo a Sara. Recoñece que acadou a paz e se reconciliou co mundo, máis non o fixo ata que quedou vuiva. Por sorte para ela o home leváballe vinte anos.

  3. Querida Marina, a los veintidós años me casé yo. No puedo imaginarte a esa edad con tres niños ya, pero seguro que han sido una bendición, y ahora en lugar de estar arrepentida debes estar encantada con hijos que parecerán tus hermanos.
    Besiños dede Palmeira.

  4. Non te preocupes por saírte pola tanxenta Magdalena. De certo que aportas unha ollada diferente a canto escribo. Aí está a graza de publicar. Eu tamén me alegrei moito de pórte cara. Bicos. No relaro de hoxe sae Sara que de vivir teria 90 anos. Pero tamén salgo eu que tiña dous fillos e unha filla aos 22 anos. Nin preliminares nin postre. Ata que dei cos anticonceptivos a idea do sexo foi un problema grave na miña vida. Bicos

  5. Grazas Raposo. A vida dou moitas voltas con Sara dentro. Unha moi importante para as mulleres foi o acadar certo control sobre a maternidade. O sexo, fai non tantos anos, era temido polas consecuencias a longo prazo aínda nas condicións máis propicias.

  6. Querida Marina, ante todo decirte que me he alegrado un montón de haberte conocido físicamente tanto a ti como a Mauri, así cada vez que os lea podré imaginarme vuestra sonrisa, o contrariedad, dependiendo de cada uno de los artículos que magistralmente bordáis.
    En el de hoy,he captado tu picarona sonrisa y a ver como salgo yo sin salirme ( valga la redundancia ) por la tangente.
    Bueno, en primer lugar te diré que, ahora en el amor se prescinde del prólogo, y a veces el prefacio es muy interesante para llevarte al meollo de la obra. Antes, aquella primera intimidad de aquel beso torpe y melancólico aunque acompañado de una caldera de testosterona que había que programar para que no estallase, era el preludio de un amor que te alagaba las papilas con la esperanza puesta en otros órganos, pero para la celebración de la inauguración del organismo había que ser como el jilguero prudente, que no hace su nido en el junco de la ribera.

    Querida Marina, como siempre, un gustazo leer tus auténticos artículos.
    Besiños palmeiráns compartidos con Mauri.

Deixa una resposta a Marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>