Negro perpetuo

depositphotos_15639083-stock-photo-panty-lineMarina Losada Vicente. A todas nos pasaría algunha vez, non é difícil de imaxinar, cando a saia e a combinación formaban un binomio indisoluble. O caso de Rosa foi ben máis chamativo. Loito perpetuo, agás na intimidade do seu fogar. Poucas persoas tiñas acceso a el, que xamais foi amiga de visitas, pero as que si entrabamos, non podiamos menos que sorprendernos, cada vez, de vela en roupa clara. Nas horas cómodas da intimidade non vestía negro. Camisóns ou pixamas estampados de cores, cubrían aquel corpo cego da realidade.

            O daquela mañá fora algo especial. Rosa era unha muller de facer moitos recados, e todos de un en un. A idea que hoxe me vén á cabeza é a da necesidade que tiña de airearse. Ía ao peixe e volvía. Ía por carne. Máis tarde mercaba o pan. De forma consciente ou non, aquela muller collía o bolso da compra como escusa para saír á rúa. O seu loito prohibía paseos. Prohibía festas. Prohibía procesións. Prohibía vivir a rúa. Os límites da casa estaban na necesidade de abastecela. A cada hora pasaba aquel negro perpetuo por diante dos nosos ollos.

            A imaxe de toda a vida impedía que puideses imaxinar que baixo a roupa vestise ningún tipo de alegría. Aínda que o tendal estaba á vista da veciñanza, sendo tantas mulleres naquela casa, non chamaban a atención bragas ou suxeitadores festivos, compartindo espazo con prendas negras.

            Ninguén lle dixo que a combinación, bordada con centos de flores de todas as cores, ía por riba da saia. Tal foi a sorpresa.

3 comentarios en “Negro perpetuo

  1. Bos días. Onte tamén eu tive a casa chea e por conseguinte o móbil apagado. Na casa non teño internet polo que ata hoxe non vos dei lectura. Rosa saliu da casa coa combinacion por riba saia, si. E ninguén llo dixo. A vida que ela decidiu fíxoa prisioneira dela mesma. As compras eran a única vía de escape que se permitia. Era fácil darse conta de que a bolsa da compra volvía moitas veces como cando saliu da casa.

  2. Querida Marina:
    Yo, sin embargo, cargo como una mula -a pesar del carrito, que siempre se queda en casa-, “mesturando fabas con castañas na mesma viaxe”. Pero Rosa tenía una poderosa razón para repetir las idas y venidas.
    Tu historia me trae a la memoria otra, cuando jovencita: se celebraba el Nazareno en Puebla. En el justo momento en que nos disponíamos a salir de casa de una amiga para ir a la fiesta, sonó el teléfono con la noticia de que se había muerto la abuela que vivía en otra ciudad. Mi amiga suplicó a su madre que dejase en suspenso la noticia hasta que ella estuviese lejos, o no podría lucir en mucho tiempo el vestido que acababa de estrenar. Si mal no recuerdo, la madre claudicó ante los ruegos de su hija. Y como no existía el móvil…
    No comprendo la última frase de tu relato. ¿Salió a la calle con la combinación por encima del vestido? Te aseguro que en mí, no sería nada extraño.
    Bonitiños sonos.

  3. Querida Marina: hoy robándole tiempo al tiempo – me viene la prole con sus respectivos cónyuges a comer – no quiero dejar de dar contestación a tu siempre sorprendente entrada.
    Me hizo gracia lo de combinación en binomio con la saya. Pensar en que todavía no hace tantos años que efectivamente hacíamos uso de las dos prendas en conjunto y ahora esa “combinación” ya parece contemporánea de san José de Calasanz.
    Sobre lo que dices de que Rosa hacía los recados de uno en uno, seguro que no era con la intención de acaparar víveres en previsión de lo por venir, yo la comprendo perfectamente; era una manera de salir más veces a la calle, de esa manera seguía respetando su luto ( no iba a pasear ) iba a por la necesidad cotidiana.
    Siento no poder explayarme un poquito más contigo, querida marina, pero hoy el cuco del reloj me da la impresión de que sale a cantar más presto y ligero que a diario.
    Besiños palmeiráns acelerados.

Deixa una resposta a palmeiralibre Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>