Venerando Porteiro, política e xornalismo

O Escritor. La LuchaPastor Rodríguez. Unha das figuras máis esquecidas e descoñecidas da vida política da Pobra do Caramiñal na Segunda República foi Manuel Venerando Porteiro Viñas, pertencente a unha familia de industriais e funcionarios, parente do líder das Irmandades da Fala, Luís Porteiro Garea. Membro do Concello Provisional Republicano en 1931, ocupou en 1936 o posto de Secretario Accidental da corporación pobrense coa Fronte Popular. O seu xornalismo foi de combate, en defensa do socialismo e a República, e exerceuno no xornal La Lucha (1932). O 27 de xullo de 1936 foxe dende Insuela (Palmeira) con outros destacados republicanos da Pobra. Refuxiado en Toulouse, exíliase máis tarde en México. En 1946 asinou, con outros membros do PSOE e de Esquerda Republicana, o manifesto “A la Emigración Republicana Española” polemizando con Castelao. O manifesto foi publicado no folleto Conducta seguida a causa de la representación gallega en el gobierno, editado na cidade de México. Pero esta conduta polémica a respecto do Sempre en Galiza de Castelao non lle impediu colaborar en dúas das máis importantes revistas do exilio galego en México: Saudade (1942-1953) e Vieiros. Na primeira, ás veces co anagrama Madove, publicou en galegos os artigos “Os ciclos económicos”, “Esbozos. Outeando no porvir”, “Encol da morriña”, “In memoriam: Valleinclanescas”, entre outros. En Vieiros publicará outros tres artigos. Foi Presidente do Padroado da Cultura Galega en México, e faleceu o 12 de maio de 1974 na capital federal mexicana.

Un comentario en “Venerando Porteiro, política e xornalismo

  1. Bos días, Pastor:

    Pouco ou nada podo dicir de persoaxes que non coñecín nin de oídas, pero é unha satisfacción saber que contamos con xente tan valiosa e o mesmo tempo tan cercana a nos.
    Unha aperta, Pastor.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *