Calquera

pocket-watch-560937_960_720Aida Barros Ces. Hoxe é un día calquera. Un entre tantos outros que tachamos no calendario, un xesto tan afianzado entre nós que xa o pasamos por alto. Non  paramos a pensar que esa cruz significa vinte e catro horas menos que nos quedan. Co tempo, volveuse un xesto tan metódico e ordinario, que xa roza o absurdo o feito de que eu lle dea algunha importancia.

Pode que esa sexa a verdade, que non merece importancia, que só estou a perder o tempo… Pero non é a miña verdade. Non digo que para min o tempo discorra de xeito distinto que para o resto de persoas. As agullas do reloxo seguen o mesmo compás entre intervalos silenciosos. O correcto sería dicir que, para min, os segundos duran o mesmo que para calquera outro, pero o seu significado é distinto. É algo completamente subxectivo, íntimo… Meu.

Sei que, pase o que pase, o tempo mantén o seu curso, e a cada momento parece que vai máis rápido, que voa. As horas pasan dunha forma veloz e desconcertante. Por iso, o importante é o significado que lle dás a eses instantes e o que aprendes neles.

Mais, cada vez parece que nos queda menos tempo, que canto máis buscamos aproveitalo, máis rápido pasa. O que antes parecían séculos, agora parecen décadas; estas transfórmanse en anos; os anos en meses… E así continuamente. Desgraciadamente, o que o tempo voe non nos fai adultos máis rápido, non nos axuda a afrontalo. Ao contrario, danos menos tempo para madurar. O fluxo temporal convértenos en nenos eternos, engaiolados dentro de corpos adultos.

pocket-watch-3156771_960_720Por iso son explicables certos comportamentos humanos, tan esixentes, irracionais e caprichosos. Actos que recordan as rabechas infantís pero que carecen de sentido e se atopan fóra de contexto. Isto é o que me gusta pensar a min. Que, en certo modo, parte da culpa tena o tempo. El é o que nos converte en infantes prisioneiros dunha madurez e responsabilidades temperás. Ironicamente, o ladrón do noso tan prezado tempo, é a falta do mesmo.

Para comprender todo isto pode que vos leve días, anos, eóns,… Quen pode sabelo? Aproveitade cada instante. Quizais estas liñas caian en mans de alguén que consiga descifralas nunha milésima de segundo. Incluso pode que me comprenda mellor que eu a min mesma. Pase o que pase, confío en que este caos de ideas lle sirvan a alguén, algún día, nalgún lugar. Tamén cabe a posibilidade de que nunca ninguén lles faga caso e que a tinta destas letras impresas se vaia esvaecendo, levándose con elas os meus pensamentos.

Quen sabe! No fin de contas, soamente son ideas dunha moza calquera.

3 comentarios en “Calquera

  1. Hoxe pola mañá leveime unha gran sorpresa cando recibín un correo que me informaba desta publicación e dos comentarios.

    Nunca pensei que un texto que escribira nunha esquina do meu caderno de notas, simplemente por deixar saír eses pe samentos que bulían na miña mente, chegaría a publicarse.

    Moitas grazas por esta oportunidade e pola benvida a Café Barbantia, así como polo apoio para os meus próximos proxectos.

    Apertas

  2. Venía para darte la bienvenida a este Café pero veo que ya se me ha adelantado el querido profesor y eso me satisface, porque, la unión hace la fuerza.

    El tiempo, el tiempo es el que nos va poniendo a prueba los sueños y las realidades y nos regala la técnica y los secretos heredados de nuestros abuelos, por eso deberíamos saber administrarlo con cordura, aunque a veces una pizca de locura también le da un pellizco de alegría a la vida, y tú que eres joven, disfruta de esa cordura mezclada con un poquito de desmesura.

    Te regalo un poco de locura de Jardiel Poncela relacionada con el tiempo:
    “Se le podían calcular cuarenta años, aunque representaba cincuenta y no tenía más que treinta y siete, pero en sus documentos personales se decía que treinta y cinco, él declaraba treinta y tres y de allí a un mes iba a cumplir treinta y ocho.”

    Un abrazo palmeirán, y bienvenida, Aida.

  3. Prezada Aida:

    Non. Non es unha moza calquera, e o fermoso e reflexivo texto que escribiches así o
    demostra. Non me sorprendeu. Ben sei que es unha moza intelixente, responsable, esperta, e cunha característica que me gusta especialmente, e que é consecuencia desas características que acabo de relatar: tes interese por todo tipo de temas, xa sexan diso que algúns chaman Ciencias, ou diso que eses mesmos chaman Letras, e, aínda que tes fortes paixóns, es capaz de valorar (rara cualidade) o que non te apaixona. Parabéns.
    Respecto ao tempo: se ti tes esa sensación, imaxínate a que podo ter eu. O sábado que vén estou de aniversario, e sempre que chega ese día recordo o vello Heráclito: “O tempo é un neno que xoga”. Un neno bastante cabrón.
    Moitos ánimos para todos os teus proxectos, literarios incluídos.
    Apertas

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>