Everestsofía

Foto: RTVE

Foto: RTVE

X. Ricardo Losada. Sempre me gustou esa anécdota de Sócrates que conta que ía aos mercadiños e, como non compraba nada, os atenienses preguntábanlle a que ía. A ver todo o que non necesito, contestaba. Recordeina de novo o outro día ante esa foto de prensa que mostra un atasco de douscentos turistas no cumio do Everest, atraco que provocou dez mortos e que, segundo Nirmai Puja, o experimentado montañeiro que tirou a foto, non foron moitos. Se en vez de a 35, o vento soprase a 40 quilómetros por hora, morrerían moitos máis. Así que sentín unha inmensa alegría por non ter ningunha necesidade de facer unha excursión dese tipo. Eu desfruto máis a 400 metros que a oito mil (nunca estiven, é certo, a esa altitude, pero tampouco estiven no cárcere e…), sobre todo porque, sen ter que disfrazarme cun incómodo traxe de astronauta nin levar bombona de osíxeno, podo subir, baixar e quedar no cumio o tempo que me pete sen temor a morrer dun edema pulmonar. E como tampouco son dos que chega ao orgasmo mostrándolle un selfie no cumio máis alto do mundo aos colegas, pois iso. Prefiro subir ao monte Pena, onde (marabilla de marabillas) non sinto necesidade ningunha, síntoma claro de que estou vén comigo e co entorno, de facer unha foto.

Por suposto, nada teño en contra de que outros vaian á fin do mundo. Como di o autor da foto, “creo que a montaña é para todos. Se a xente quere subir ao Everest, ten dereito. Hai moitas rutas diferentes polas que se pode subir. Simplemente hai que saber xestionar ben esa cantidade de xente”. O que non me creo son as razóns que eses turistas montañeiros dan para semellante… ía dicir aventura, pero direi mellor presunta aventura, pois o único que se precisa (podes ir estando fondón e sen dominar a técnica de ascenso) son moitos cartos. descargaPásame o mesmo con esas persoas que compran grandes coches e din que o fan pola seguridade e as vantaxes técnicas. Tampouco o creo. Cásame mellor que o fagan porque necesitan cariño, algo moi típico, por certo, en case todos os burgueses snob, ou porque cren que así pasean polo mundo como triunfadores ou porque gozan tendo algo que a maioría dos veciños queren e non poden ter.

Por iso tampouco me creo as razóns que dá Nirmai Puja, a quen persoalmente admiro, conste, para explicar por que está embarcado nun reto de escalar os 14 oito miles en sete meses, cando o anterior rexistro é de sete anos e dez meses. “Estou intentando o imposible”, di, “quero probar o que pode conseguir o ser humano, o seu potencial”. Hai varias cousas nesa afirmación que non me gustan. A primeira, que se tome a si mesmo como medida do humano. Eu creo que, facendo tal cousa, é máis medida das cabras ou das aguias que dos humanos. A segunda tómoa das vellas que me vían correr polas aldeas de Rianxo: se lle mandasen, non o faría. A terceira, que hai que ter moita cara para converter as túas calidades persoais en criterio de humanidade. Como a el se lle dá ben o alpinismo, o criterio de humanidade é subir oito miles como quen sube e baixa banquetas. É como se eu considerase que explorar os límites do humano é pórme a ler os 14 oito miles máis altos da historia da filosofía (o Parménides de Platón, a Fenomenoloxía de Hegel, Ser e Tempo de Heidegger, etcétera) en sete días. Cunha particularidade ao meu favor. Nesa busca dos límites do potencial humano nunca me atoparía cunha cabra ou cunha aguia nin, moito menos, cun atasco de turistas.

5 comentarios en “Everestsofía

  1. Ayer tuve a los hijos a comer y Antía me dijo que habías recibido el premio “Viadutos de Novela” con la obra “A casa xunto ao volcán”. Muchísimas felicidades, no sabes cuanto me alegro. Ya me contarás si ya está a la venta o si piensas presentarla en breve. Te agradecería me avisases.
    Enhorabuena, querido profesor.
    Mil besiños palmeiráns.

  2. Así é. Canto nos enganaron esas persoas que antes dicían que viaxaban para desconectar ou para coñecer culturas novas e que agora non fan máis que mandar
    fotos ao seu lugar de orixe de cada casa, comida ou paisaxe que vén ao longo das súas exóticas e distantes viaxes. Como dixo Camba nunha crónica que enviou desde Estambul: acabo de descubrir que aquí o exótico son eu.

    Apertas rianxeiras

  3. Soy de la opinión de que efectivamente hay que saber disfrutar más de la vida por el hecho mismo de saber que es efímera, pero, si solo por llevar a cabo su costosa hazaña y esas ansias de “no sé qué ” y al llegar al lugar que pisó Gilary muchos años atrás se confortan con un “hola” glacial y a continuación sentirse asateados por baterías de Kodaks ( que arcaico me ha quedado lo de “baterías de …”) y esas nubes de vaho delante del aliento, habiendo en el mundo tantas cosas inéditas, diré que nadie está tan propicio a atragantarse como aquellos que hacen gárgaras con huesos de aceitunas.

    Muy bueno, querido profesor. He disfrutado leyéndote.
    Hoy aquí celebramos el día del Sacramento, pediré por todos vosotros.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>