Escribir en galego

en-galego-1-copiaX. Ricardo Losada. Atopo nunha libraría de Santiago un escritor galego que coñecín hai pouco na presentación dun libro. Comezamos a falar sobre os libros que estamos lendo e, finalmente, derivamos a conversa ao tópico de se paga a pena ser escritor en Galicia. El considera que non (de feito, leva tempo sen escribir) co argumento de que lle dás moito máis á literatura do que a literatura che dá a ti. Gañou un premio (3000 euros) cunha novela que lle levou sete anos escribir e que non chegou a vender 1000 exemplares, unha cantidade máis que respectable, e ben difícil de superar, en Galicia, pero que non compensa o esforzo realizado. E que che traduzan e lean fóra é, para un escritor galego, unha utopía. Xa que logo, concluíu, é mellor dedicarse a ler, viaxar ou pasear polo parque.

Comprendo perfectamente as razóns dese escritor e sei que todos os que escribimos en galego facemos nalgún momento esa reflexión. Pero, por sorte, eu non cheguei a ese extremo, pois considero que o feito de vender moitos ou poucos libros non indica nada sobre o mal ou bo escritor que es. Para min, o valor da literatura mídese polo dominio do oficio e polo compromiso contigo mesmo, léase honradez intelectual. Necesita, por suposto, algún lector (cantos máis, mellor, desde logo), pero algún lector que cumpra tamén esas dúas condicións: dominio do oficio de lector e compromiso consigo mesmo. O bo escritor, considero eu, non debe ser creado polos lectores, debe crear os seus propios lectores.

O ano pasado escribín unha biografía do poeta Manuel Antonio. Motivábame, sobre todo, porque era un reto dunha enorme dificultade. A súa poesía é moi complexa e sempre que o lía tiña ganas de escribir sobre el. Para máis, estaba convencido de que ía descubrir moitas cousas sobre min mesmo. Pero había algunhas circunstancias que me facían dubidar se pagaría a pena. Ía dar unha visión desmitificadora dun poeta sacralizado e unha interpretación novidosa da súa poesía, non sendo profesor universitario, nin filólogo, nin herdeiro oficial da súa finca, polo que me arriscaba ao desprezo inmotivado, a indiferenza ou o ninguneo.978849151162 Por suposto, escribín o libro e, a pesar de que non tivo, nin moito menos, a acollida que creo que merece, e que creo que algún día merecerá, sinto un enorme orgullo polo resultado final e pola honradez e valentía intelectual que amoso nel. Orgullo que reafirmei o outro día lendo un fermoso libro homenaxe a Manuel Antonio (ao que, por certo, non fun invitado) que publicou o CIFP Manuel Antonio de Vigo. Un dos colaboradores, o poeta Antonio García Teijeiro, que non coñezo persoalmente, di sobre o meu libro: “Unha biografía que foxe da haxiografía e que che fai pensar –e moito- sobre as luces e as sombras que todos os seres humanos temos de decorrer nas nosas vidas. Si. Sacudiume este libro pero fixo que admirase máis o poeta. Fuxo de mitificacións e demostroume que os creadores tan prestixiosos coma el son mortais afortunadamente. E, ademais, as súas contradicións fortalecen unha obra poética tinguida de vida”. Era xusto o que eu pretendía e, debo recoñecelo, que un só lector o exprese con esa claridade publicamente compensa con creces o esforzo realizado.

5 comentarios en “Escribir en galego

  1. Prezada Magdalena:

    1. É certo. Probablemente a ese escritor lle guste máis ler que escribir. Hoxe mesmo, falando con Lobato sobre o tema (por certo, Lobato presenta o xoves 25 un fermoso libro de poemas para nenos na Feira do Libro de Rianxo), díxenlle que para min escribir é como xogar ao tenis, algo que me gusta. E xogo (máis ben, xogaba) con gusto, independentemente de que haxa ou non público mirando. Iso si. Como moi ben dis ti, que sexa por gusto, non quere dicir que non che guste ganar, e superarte.
    2. Pois claro que a música mariachi é patrimonio da Humanidade, e ben fermosa que é, e cantos bos momentos me fixo pasar. Unha vez unha amiga díxome que lle gustaba moito Cucurrucucú paloma, pero na versión de Caetano Veloso, como se a orixinal fose de pouca calidade, ou como se Veloso fixese esa versión porque non lle gustaba a versión popular. Moi triste.
    3. Sobre o libro de Manuel Antonio non me refería ao número de vendas (nese sentido, quedei moderadamente satisfeito), senón a outras cuestións máis relacionadas co debate intelectual sobre unha figura clave da nosa literatura.
    4. Quen eloxiou a miña biografía foron varios colaboradores do libro. O CIFP non se puxo en contacto comigo.
    Apertas rianxeiras

  2. Creo, que a ese escritor con el que te has topado en Santiago, no le gusta escribir. Es cierto que el reconocimiento de un trabajo cuando es premiado, sirve para agradecer los esfuerzos realizados y salvar carencias literarias que ese mismo autor cree que tiene, pero, escribir un libro, es mucho más que eso, sea vendido o no. Cuando un novelista, poeta, o lo que sea, escribe, debe hacerlo con afán de superación y creerse él mismo, que va a gustar porque su verba es amena. Rilke le decía al joven Kappus cuando le mandaba sus escritos para saber que opinaba de ellos, “Sea paciente como un enfermo y confiado como un convaleciente”. Cuando vuelvas a verlo, recomiéndale que lea “Cartas a un joven poeta” de Rainer María. Volverá a escribir.

    Me alegro que comprendas a ese autor pero que no pienses lo mismo. Sería una pena.
    La música Mariachi, no le gusta a mucha gente y ahora no es vendible, sin embargo, es Patrimonio de la Humanidad y muchos reconocemos su valía y nos satisface escucharla y paladear esas composiciones mexicanas. Lo mismo pasa con los libros buenos pero de poca difusión. Una pena para los que no los leen.

    Sobre el libro de Manuel Antonio, me alegro de que te sientas orgulloso de ser el autor, yo, me siento muy satisfecha de haberlo leído. Desconocía su transacción comercial pero, vuelvo a repetir que eso no lo es todo. Esopo era esclavo de un filósofo, nadie sabe quién era ese filósofo, pero todos conocemos las fábulas de ese esclavo.

    Hay libros que se han vendido a millares y en cambio te hacen bostezar lo indecible. Menos mal que el bostezo oxigena el cerebro y los veinte euros los recobramos en salud encefálica.

    Un placer como siempre leerte, querido profesor.
    Besiños palmeiráns.

    P.D. Muy mal lo del CIFP por no haber invitado al autor del libro al que posteriormente elogió. Eso en mi tierra se llama: “adorar el santo por la peana”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>