Coreografía

cat-3018178_960_720X. Ricardo Losada. Acaban de cear. El tírase no sofá. Acende o televisor. Ela recolle a mesa e programa o lavalouzas. Fas ti a cama, pensa que lle di a El, tócache. Pero vai ao cuarto e faina como todos os días, a esa mesma hora. É a primeira en levantarse, traballa mañá e tarde, come fóra, ao chegar prepara a cea.

El cambia de canal. Acabaron os deportes en Cinco. Comezan en Catro.

Ela volve, e senta no sofá.

El cambia de canal. Comezan os deportes en Sete.

Ela pensa: Preferiría que non cambiases.

El levántase.

—Non cambies de canal —di—. Agora volvo. —Vai ao cuarto, mexa no baño interior e, ao acabar, mentres escoita o son da cisterna, desfai a cama. Queda como se dous xigantes acabasen de facer o amor apaixonadamente. Volve ao salón:— Sabes que che digo? Ou fas a cama agora mesmo ou non a desfacemos máis como a ti tanto che gusta.

Cabrón –pensa Ela. Levántase, vai ao cuarto e fai a cama.

—A cama está feita! –berra. Íspese, métese na cama e apaga a luz. Pensa en masturbarse (chega a tocar o clítoris), pero dálle pereza, está cansada.

El conecta o vídeo, agarda as primeiras imaxes da película porno e comeza a masturbarse. Media hora despois entra no cuarto, prende a luz e saca a roupa. Pon o pixama e déitase no oco da cama que Ela lle cede.

Ela apaga a luz.

El durme.

Ela ordena:

—Ronca!

El ronca.

2 comentarios en “Coreografía

  1. Atopei o outro día este relato, que escribín hai moitos anos. Un relato do que me acordo con frecuencia cando leo ou escoito que o machismo está aumentando moito entre os mozos, e que as mozas aguantas cousas que me parece incrible que unha moza de hoxe poida aguantar. Evidentemente, o relato é unha parodia, pero, aínda así, como me dixo unha amiga que o leu, reflicte moi ben certos (incomprensibles) comportamentos, sobre todo en matrimonios de longa duración que, polo que sexa,
    non rompen.
    Palmeira merece esa visita, sen dúbida.
    Apertas rianxeiras

  2. “El ronca” Y, “se durmió hasta muy tarde: como un sereno.” Sería el momento apropiado para acertar a propinarle un puntapié en muy crítico vértice y así borrarle todas las expectativas de carácter sexual peliculero; total…
    En el desayuno le mezclaría Micralax ( dicen que es muy potente y eficaz ) y le desearía unos momentos muy placenteros en el WC y me marcharía con la misma sonrisa del que comprueba que el total de una suma es exacto a lo que calculaba.
    ¿ No fue Galeno el que dijo que el médico debe huir de la plaga para seguir curando ?
    Pues… carretera. En algún rinconcito estará esperando aquel que no confunde el corazón con la vagina.

    Biquiños palmeiráns, querido profesor. Palmeira tamén e digna de ser visitada.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *