Soidade viral

iphone-500291_960_720Antón Riveiro Coello. Hai uns cantos anos, cando as redes aínda non botaban lume, vin dous mozos enviándose mensaxes mentres compartían mesa e bebían un refresco nunha terraza. Naquela altura un podía entender que estaban en plena descuberta das posibilidades que lles ofrecía o móbil para se conectaren e o caso non pasaba de algo propio da idade e da absorción das novas tecnoloxías.

Con todo, ese día sospeitei que, dalgún xeito, eu ficaba fóra dese mundo porque non entendía que utilidade podía ter un teléfono entre dúas persoas que están tomando algo xuntas fisicamente. Se cadra, as emoticonos e as palabras amputadas poidan expresar mellor a mensaxe ca unha voz en directo. Pero moito me temo que aquela parella era o agoiro da estupidez en que agora estamos instalados. Sinto bochorno, mesmo vergonza allea, cando vexo persoas adultas exhibir dun xeito case pornográfico a súa vida, incluída a intimidade. Estas parvadas publicadas por veces desembocan na morte, coma o caso dese pai italiano que, por facer un directo en Facebook mentres conducía, vén de matar un seu fillo, deixando outro moi grave. Unha traxedia máis para engadir ao inventario das imprudencias dos que cren compartir algo máis cá súas propias frustracións. Onte mesmo, na praia, un neno pequeno andaba perdido e choraba mentres os pais, sentados na toalla con cadanseu móbil e alleos ao pranto do seu meniño de apenas dous anos, debían de estar a publicar os seus chíos na rede. O maior abraio veu cando o pai, sen asumir a súa irresponsabilidade, lle deu un azoute no cu ao cativo por se perder. Culpabilizar a vítima. Tampouco axudou a actitude da nai, que secundou a agresión e non soltou o móbil, porque talvez tiña algo máis importante que compartir: a súa soidade.

Un comentario en “Soidade viral

  1. Hace un tiempo, viniendo del hospital de Santiago en el autobús, sonó un móvil, era el de la señora que iba en el asiento delantero al mío. A través del auricular se escuchó una voz femenina de subido diapasón que le contaba a su interlocutora lo que estaba pasando aquella tarde en un programa de Telecinco. Mi vecina del asiento de delante no se ponía de acuerdo con su comunicante, pues defendía a la parte contraria, e intercalando algún exabrupto, las mandaba abonar el campo con detrito humano. Cuando tuvieron la tierra bien fertilizada y agotado el nutrido repertorio, se despidieron. Con diligencia, pasó el parte a su compañera de asiento que como yo, ya lo había escuchado todo. Aquello fue como una especie de tiro de gracia para mi mal herido ( en aquél entonces ) sistema nervioso. Cuando llegó a su destino, no se percató de que había dejado el móvil encima del regazo y al levantarse se le cayó sufriendo una muerte súbita bajo una de las botas del señor que iba hacia la puerta para salir.
    No intentaré describir los sentimientos que me embargaron en aquel momento, solo diré que mi sonrisa se acentuó de manera notable y fingí mirar el libro tan interesante que no me había dejado leer – si mal no recuerdo – de, Scott Fitzgerald “El gran Gatsby.

    El móvil, a veces, es de cordura dejarlo inmovilizado.

    Un abrazo palmeirán, admirado Antón.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>